viernes, mayo 25, 2001

NON TE QUEDES NAS NUBES, FAITE A PROBA DO VIH

Población para a que está indicada a realización das probas rápidas:
  • Persoas maiores de 16 anos con prácticas de risco elevado e non diagnosticadas previamente.

Preferentemente a proba rápida será indicada a:
  • Persoas con prácticas de risco nas súas relacións sexuais (Homes que teñen sexo con outros homes (HSH), heterosexuais,  aquelas que tivesen algunha relación sexual sin protección cunha persoa VIH +)

  • Persoas que compartiron  materiais para a inxección de drogas.


CARACTERÍSTICAS DAS PROBAS RÁPIDAS DO VIH
  • Alta sensibilidade (>99%) e especificidad e(>99%) e elevada reproducibilidade.

  • Tipo de mostra máis sencilla de recoller (fluido oral, sangue, suero ou plasma)

  • Tratamento de residuos asimilable a Residuos Sólidos Urbáns (caso do fluido oral)

  • Necesidade de pouco equipamento técnico.

  • Sinxela  de levar a cabo: pouco entrenamiento.

  • Fácil de interpretar: interpretación visual.

  • Rápida <30 minutos.

  • Fácil de almacenar. A temperatura ambiente (20º-30ºC).

  • Vida útil: 12 meses ou máis.

  • Adecuada para facer un volumen de probas pequeno.

  • Mínima eliminación de residuos

  • Baixo custo.



TIPO DE SERVIZO

ANÓNIMO, CONFIDENCIAL E GRATUITO

CHÁMANOS POR TELÉFONO: 981350777-698147975  (09.30 a 13.30 horas de luns a venres,  e de  16.00 a 20.00 horas os martes e xoves).

Ou contacta a través do correo electrónico: comiteantisidaferrol@gmail.com

0 comentarios:

Publicar un comentario