sábado, octubre 09, 2010

PREVENCIÓN DO VIH

PREVENCIÓN DO VIH E PERCEPCIÓN DE RISCO

Algúns apuntamentos históricos


. 1980. unha "enfermidade rara" afecta a varóns homosexuais.
. 1981 (Xuño) Los Ángeles. 5 individuos homosexuais diagnosticados de PPC (tipo de pneumonía producida por parasito). En agosto dese mesmo ano 111 casos (peste rosa).
. 1982. Dáselle nome á enfermidade (SIDA). Primeiro caso de infección tras unha transfusión
. 1983. (Francia) Se confirma a existencia de rastros da actividade bioquímica dun retrovirus, tras análise dun ganglio extirpado. Négase doar sangue a homosexuais e UDVP.
. 1984. Morre Gaetan Dugas, considerado durante moito tempo como o "paciente cero". En abril Margaret Heckler, secretaria de saúde de Estados Unidos, comunica o descubrimento do HTLV-3, é dicir que dá a coñecer a proba de que se trata do virus causante da SIDA.
. 1984 (II).Se desata unha polémica entre Francia e Estados Unidos a raíz da "paternidade" do descubrimento.
. 1985: primeira proba de anticorpos de VIH en EUA. 1ª Conferencia Internacional (Atlanta).
. 1986: en Paris identifícase unha variante do virus da SIDA nun paciente orixinario de Cabo Verde, chámaselle HIV-2. Para maio dese ano, decídese que o axente da SIDA terá por nome Virus de Inmunodeficiencia Humana (VIH).
. 1987: Ronald Reagan, presidente dos EUA e o primeiro ministro francés Jacques Chirac, emiten un comunicado acerca da paternidade do descubrimento: ambos os dous científicos Gallo e Montagnier son descritos como os " co-descubridores" do VIH". Primeiro fármaco contra a SIDA: AZT.
. 1991: estímase que hai uns 10 millóns de infectados no mundo. Aparecen 5 novos fármacos.
. 1992: en xullo publícanse os resultados do primeiro tratamento de fármacos combinados
. 1994: o 1 de decembro reúnense os xefes de estado de 42 países en Francia, os cales asinan a Declaración do Cumio sobre SIDA en París onde se declara á humanidade ameazada polo virus considerado como unha pandemia.
. 1995: Nace a Asociación LAZOS-Comité antisida de Ferrol
. 1996: créase ONUSIDA Se fai extensivo o tratamento das tri-terapias. En decembro segundo ONUSIDA no mundo cóntanse 6,4 millóns e hai 22,6 millóns de persoas que viven co virus
. 1996: Aparición do TARGA, esperanza para os/ás afectados/ás.
. 2001: o 1 de xuño morre aos 12 anos en Cidade do cabo, Nkosi Johnson, neno sudafricano símbolo na loita contra a SIDA, nacera serositivo en 1989 en Johannesburgo, Sudáfrica.
. 2007: a Axencia Europea do Medicamento (EMEA) autoriza o fármaco Atripla (3 en 1).Un medicamento indicado para o tratamento do virus-1 en adultos.
. Preto de 40.000.000 de persoas viven co VIH
Prevención
Prevención segundo A RAE:
(Do lat. praevento, -nis).
1. f. Acción e efecto de previr.
2. f. Preparación e disposición que se fai anticipadamente para evitar un risco ou executar algo.
3. f. Provisión de mantemento ou doutra cousa que serve para un fin.
4. f. Concepto, polo común desfavorable, que se ten de alguén ou algo.
5. f. Posto de policía ou vixilancia dun distrito, onde se leva preventivamente as persoas que cometeron algún delito ou falta.
6. f. Mil. Garda do cuartel, que cela a orde e policía da tropa.
7. f. Mil. Lugar onde está.
Para os efectos da prevención do VIH utilizaremos a 2ª acepción

Polo tanto...
. Previr é anticiparse, adiantarse, actuar para evitar que aconteza algo que non queremos que pase, neste caso, que se produzan novas infeccións por VIH (prevención primaria).

TIPOS DE PREVENCIÓN

1.     1. PREVENCIÓN PRIMARIA
Obxectivo: Evitar a enfermidade
2. PREVENCIÓN SECUNDARIA
Obxectivo: Intervir na evolución natural da enfermidade
3. PREVENCIÓN TERCIARIA
Obxectivo: Mellorar a calidade e esperanza de vida
 

NINIVEIS DE PREVENCIÓN:
. PREVENCIÓN UNIVERSAL: O grupo destinatario destas actuacións será a poboación xeral, por iso denomínalla universal.
. PREVENCIÓN SELECTIVA: Os programas de prevención selectiva diríxense a grupos da poboación con maior risco en comparación coa poboación xeral.
. PREVENCIÓN INDICADA: Vai dirixida a subgrupos concretos da poboación con condutas problemáticas e onde é frecuente que xa establecesen condutas de alto risco en relación ao VIH.


Algúns apuntamentos epidemiolóxicos

 
. No estado español estímase que hai entre 125.000 e 150.000 persoas que viven con VIH. Destas persoas, aproximadamente 1/3 non o saben.
. O 50% das novos diagnósticos encóntranse en situación de tratamento, e con alto risco de sufrir complicacións (diagnóstico tardío).
. Entre 2004 e 2008 diagnosticáronse en Galicia 1.025 novos casos de VIH cunha media anual de 205 casos ano.
Datos Galicia 2004-2008
. Os homes representan o 75,7% dos casos rexistrados en Galicia, cunha idade media no momento do diagnóstico de 38 anos (o 71% do total tiñan entre 25 e 44 anos).
. A práctica de risco máis asociada coa infección polo VIH foi nas relacións heterosexuais non protexidas no 42% das veces (73% no caso das mulleres e 31% no dos homes -nestes últimos é máis frecuente a transmisión por relacións homosexuais non protexidas, cun 35% dos casos-)
. as infeccións por compartir material de inxección para drogas supón o 25% dos casos rexistrados de nova infección polo VIH (20,8% en mulleres e o 28,5% en homes).

VIH
V- VIRUS
. I- INMUNODEFICIENCIA
. H- HUMANA. Só afecta aos humanos a diferenza do VIS.
. O VIH é un tipo de virus (familia dos retrovirus) que deteriora o noso sistema inmunolóxico ou de defensas, limitando a nosa capacidade de defensa ante algunhas enfermidades.
. O VIH é o axente causante da SIDA

SISTEMA INMUNOLÓXICO (También llamado de defensa)
O Sistema inmunitario é unha complexa rede de células e órganos especializados que evolucionaron para defender o corpo ante os ataques de invasores ou axentes externos, xerando anticorpos para defenderse destes.
Cando se produce a infección por VIH o SE se deteriora e deixa de funcionar normalmente. De tal maneira que ante calquera infección ou enfermidade (mesmo allea ao VIH) o noso organismo verá limitada a súa capacidade de defensa






SIDA
. S- Síndrome: conxunto de signos e síntomas
. I- Inmuno: relacionado co sistema inmunolóxico (de defensas)
. D- deficiencia: que existe un problema no funcionamento.
. A- adquirida: non é hereditario, é contraído durante a vida.

. Polo tanto a SIDA é un conxunto de síntomas (clínicos), producidos polo VIH,que fan que as persoas sexan máis vulnerables a contraer enfermidades ou certos tipos de carcinomas.

Importante diferenciar os termos
Non é o mesmo vivir co VIH (ser portador da enfermidade ou seropositivo/a) que ter a SIDA.

A xeito de conclusión:
. Denomínase SIDA á situación máis avanzada da infección por VIH. Ou o que é o mesmo, cando a persoa ten VIH e ademais ten síntomas concretos da enfermidade (enfermidades oportunistas), clasifícase como enferma de SIDA.
. Unha persoa que ten VIH (portadora ou seropositiva) non ten porque ter SIDA, pero unha persoa que ten SIDA, sempre ten VIH.

Vías de transmisión do VIH

Existen tres vías fundamentais de transmisión do VIH:
. Transmisión sexual.
. Transmisión sanguínea.
. Transmisión vertical (nai- fillo).
O VIH pode ser transmitido sempre que se produza unha práctica de risco en relación ao VIH cunha persoa seropositiva.
Práctica de risco (en relación ao VIH): É toda aquela práctica ou actividade, que propicia a transmisión do VIH.

VÍA SEXUAL
Transmisión sexual do VIH

A vía de transmisión sexual é a que produce maior número de novos casos na actualidade. Ata ¾ partes dos novos diagnósticos en España prodúcense por vía sexual. Noutras partes do mundo, esta vía, supera o 90% das novas infeccións.
No caso das relacións heterosexuais, segundo algúns estudos, hai un maior risco de transmisión do VIH de varón a muller, posiblemente porque o seme depositado na vaxina permanece máis tempo en contacto que a secreción vaxinal na uretra do varón, pola maior superficie da mucosa vaxinal e pola maior concentración de partículas virais (cantidade de células de vih) no seme comparado co fluído vaxinal (Factores biolóxicos)
Na penetración anal sucede algo similar, porque se poden producir lesións no tracto anal e no pene e á súa vez micro-feridas. ;Por o tanto ás probabilidades de contraer o virus por vía sexual, habería que sumar as probabilidades de transmisión por vía sanguínea.
Os Homes que teñen sexo con outros homes (HSH), gay e bisexuais: maior probabilidade de infección, pola prevalencia entre os membros desta comunidade (10% de prevalencia-PNS 2009). A prevalencia fai referencia ao número de casos por grupo poboacional.
Algúns estudos afirman que 1 de cada 3 novos diagnósticos en homes se produciu por realizar prácticas de risco con outros homes.
O home receptivo ou pasivo ten maior probabilidade de adquirir o VIH que o activo ou insertivo. Probablemente porque o seme permanece máis tempo en contacto coas secrecións anais, que estas na uretra. Ademais, tamén se poden producir, ao igual que nas relacións heterosexuais con prácticas sexuais anais, micro feridas que poderían facilitar, non só a transmisión sexual, senón tamén a sanguínea. (risco = ao que teñen as mulleres nas relacións heterosexuais).

       Transmisión Sanguínea  del VIH
 


As transfusións dende 1985 non supoñen risco para adquirir o VIH porque o sangue doado pasa por estritos controis analíticos.

As prácticas de risco realizadas por usuarios de drogas inxectadas, ao usar estas, é a forma máis estendida de transmisión sanguínea

Existe un 5% de novas infeccións sen clasificar a súa vía de infección. Unha hipótese (Aínda que non hai estudos ao respecto) describe que poden ser debidas a compartir o tubo (turuto,rulo,billete,etc) que se utiliza para inhalar substancias. Esta transmisión poderíase producir por contacto sangue-sangue ao producirse microferidas con sangrados imperceptibles a simple vista
O VIH pódese transmitir por vía sanguínea por:
. Compartir útiles que se utilizan para a inxección de drogas (xiringa, culler ou tapón, algodón para filtrar a mestura, auga, e calquera outro útil que entre en contacto co sangue da persoa infectada).
. Utilizar cepillo de dentes dunha persoa infectada
. Utilizar a máquina de afeitar dunha persoa infectada.
. Realizarse unha tatuaxe nun centro onde non esterilicen a maquinaria para tal fin e non utilicen agullas novas en cada persoa
. Accidentes ocupacionais (principalmente por persoal sanitario). Estas prácticas son pouco frecuentes.

Transmisión Vertical


 . A transmisión vertical ou materno-filial nos países industrializados está relativamente controlada
. Se a nai segue as pautas e indicacións médicas, o/a fillo/a reduce substancialmente as probabilidades de adquirir a infección





. A todas as mulleres embarazadas se lles oferta a proba do VIH aos 3 meses de xestación.
. Se a proba sae positiva, indícaselle medicación antirretroviral dende ese mesmo momento. Nesta situación as probabilidades de que o/a fillo/a sexa seropositivo/a non supera o 0,3%.
. Se a nai é seropositiva e non toma medicación, as probabilidades de que o/a fillo/a sexa seropositivo/a aumentan considerablemente (= >15%)

A transmisión vertical pódese producir:
. Durante o embarazo a través da placenta.
. No momento do parto (elevado sangrado).
. Mediante a lactación.

Recomendacións nas mulleres embarazadas VIH+:
. Medicación para tratar o VIH.
. Parto por cesárea?
. Non administrar lactación
. Ter relacións sexuais seguras
. Realización doutras probas diagnósticas.
Como non se transmite o VIH
. A través de doazóns ou transfusións de sangue
. A través da saliva, suor ou bágoas.
. Pola picadura de insectos (teoría conspirativa)
. A través de compartir vasos ou pratos
. Por bicarse cunha persoa seropositiva
. Pola convivencia cunha persoa VIH+
. Mediante prácticas de sexo seguro
Algunhas prácticas de risco e cuantificación do seu risco
(Fonte: Infección por VIH: Consellos. Santiago Moreno. Mayers 2008)
* Risco estimado cando non se utiliza condón
Existen factores que poden aumentar ou diminuír o risco (carga viral, presenza doutras infeccións, etc.)
Práctica de riesgo
Cuantificación del riesgo
Coito anal receptivo
Riesgo alto
Intercambio de Jeringuillasu  otros útiles de Inyección
Riesgo alto
Punción accidental a través de la piel con una aguja
Riesgo bajo
Coito vaginal receptivo *
Riesgo medio
Coito anal o vaginal insertivo *
Riesgo medio y bajo
Sexo oral receptivo con un varón *
Riesgo bajo
Sexo insertivo oral *
Riesgo bajo

Como sabemos se unha persoa está infectada de VIH

. Polo aspecto externo (físico) non se identifica unha persoa seropositiva, nin tampouco pola pertenza a un subgrupo poboacional.
. A única forma de coñecer se unha persoa é VIH + é mediante a realización dunha proba específica.
Quen debe realizarse a proba
. Todas aquelas que tivesen unha práctica de risco en relación ao VIH.

Tipos de proba
. A proba convencional. Consiste nunha simple extracción de sangue que determinará se hai presenza de anticorpos fronte ao VIH no noso organismo. Realízase na sanidade pública e en laboratorios privados
. O resultado coñecerase nunha consulta posterior (10-15 días). Dáse a coñecer por profesionais sanitarios/ás
. A proba é voluntaria e o seu resultado é confidencial
. En caso de resultado positivo necesítase proba confirmatoria.
. Proba rápida. Este tipo de proba ten certas diferenzas respecto á convencional:
. O resultado coñécese en 20 minutos
. Non invasora
. Pódese realizar en fluído oral (saliva), ademais de en sangue (mediante unha lanceta e picada en dedo)
. É anónima (sen rexistro de datos persoais), confidencial e gratuíta.


Foto: PROBA RÁPIDA


Período ventá
. É o tempo que transcorre dende a exposición ao VIH ata que se detectan os anticorpos fronte ao VIH. Aproximadamente 3 meses, aínda que as recomendacións oficiais (GESIDA, SEISIDA, SOGAISIDA, etc) indican realizala canto antes (tipos de probas de 4ª xeración máis sensibles).
. Polo tanto a proba ha de realizarse canto antes, dende a práctica de risco, e repetila aos 3 meses.

. Profilaxe post exposición (PEP). É o tratamento que se indica tras unha exposición cunha fonte infectada (ao longo das primeiras 72 horas).
. En que consiste?. -consiste na toma de tratamento que se indica, antes das 72 primeiras horas, tras unha práctica de risco cunha persoa VIH +. Recomendable nas 6 primeiras horas.
. Que obxectivo ten?. - reducir a posibilidade dunha posible infección.
. Onde se prescribe?. - Nas Urxencias Hospitalarias e nas Unidades de VIH ou infecciosos dos hospitais
. Duración?- catro semanas (28 días).


Percepción
. A percepción é un proceso polo cal captamos información do ámbito a través dos sentidos (sensacións) e interpretámola formando unha representación propia e persoal da realidade.

Por que non todas as persoas percibimos o mesmo?
. a percepción require do uso dos nosos coñecementos relevantes do pasado, as nosas experiencias, etc., para así interpretar os símbolos, os obxectos e as persoas que nos rodean
. O coñecemento relevante para cada individuo en xeral é distinto, polo que en consecuencia, a percepción fronte a un evento pode ser distinta.


Algunhas persoas ao visualizar esta foto ven unha muller madura, mentres outras ven unha muller nova ou ambas as dúas.

COMPORTAMENTOS PREVENTIVOS.Prácticas que se realiza de forma que o risco se elimina ou é minimizado.

FACTOR DE RISCO. Toda variable cuxa presenza aumenta a probabilidade de que o dano se produza.
. ANÁLISE FUNCIONAL DO COMPORTAMENTO DE RISCO
"As consecuencias positivas inmediatas, breves pero seguras, teñen mais peso sobre o noso comportamento que a posibilidade de ter consecuencias negativas, graves no futuro,".
CONDUTAS/SITUACIÓNS DE RISCO

ACTITUDINALES
. Infravaloración do risco persoal
"Iso aos/ás demais, a min nada"
. Habituación ao risco
"Nunca me pasou nada ata agora así que non me vai pasar"
. Tipo de relación
. Infidelidade non confesada
Non lle digo nada que senón me deixa"
. Monogamia serial
"Eu só teño parellas estables"
. Falta de recoñecemento positivo do ámbito
"Vai pensar que non me fío dela/el"

INSTRUMENTAIS
. Desinformación ou información errónea
"Non" sabía "que o VIH se podía transmitir así"
. Déficit de habilidades
. Manipulativas Non sei colocar o preservativo"
. Sociais Non me atrevo a pedirlle que usemos condón"
. Obstáculos para acceder aos instrumentos de prevención
"Non" teño "diñeiro para comprar condóns"

XUSTIFICACIÓNS
. Aspecto externo
"Tenía moi boa pinta"
. Coñecemento ou confianza persoal
Coñézolle de hai moito tempo"
. Consumos de alcohol ou outras substancias psicoactivas
"Estaba moi posto/a"

0 comentarios:

Publicar un comentario