jueves, diciembre 23, 2010

MEMORIA DE ACTIVIDADES DO PROGRAMA SEXO MÁIS SEGURO PARA PERSOAS TRABALLADORAS SEXUAIS E POBOACIÓN XERAL QUE ACUDEN A GRANDES EVENTOS

1.5-LUGAR DE REALIZACIÓN E CRONOGRAMA
Desenvolveremos este proxecto  dende cinco contextos de abordaxe distintos,  coma son:
-          Os pisos
-          Rúa
-          Internet
-          Festas e acontecementos  que teñen una afluencia masiva de persoas.
-          O local (formación e dispensación de material)
Este ano, ó igual que no 2009, desenvolvimos unha campaña de vacinación da gripe estacional para os usuarios do programa e que pretenezan a colectivos prioritarios.


Xaneiro
Febreiro
marzo
Abril
Maio
xuño
xullo
Agosto

Sept.
Oct
Nov.
Fase1: Deseño elaboración de materiais, localización de novos puntos e difusión del proxecto.

1,3









Fase 2: Desenrolo Sesiós e Talleres








30
1
10
Fase 3: Intervención locais  e rúa
27
8,9,10, 12,19,22
5,6 , 7 e 10
15
17
16
8,9 , 10 e 15
25
16
14

Fase 4: Deseño páxina web, contactos e intervenciós on line

X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
Campaña de vacunación de gripe estacional









14 e 15

Fase 5:Evaluación do proxecto









X
X

















1.6-METODOLOXIA E DESCRIPCION DAS ACTIVIDADES
Dende o Comité antisida trabállase en programas de prevención do VIH e outras ITS con Traballadoras e traballadores sexuais. O Comité antisida LAZOS, de Ferrol desenvolveu e evolucionou este proxecto, de Prevención do VIH e outras ITS,  dende o ano 2005 ata o actual 2010. Se decidiu continuar cas actividades educativas-formativas i engadir outras novas adatadas á realidade que viven as persoas traballadoras sexuais.
É a prevención sexual do VIH e doutras ITS ademáis do fomento  do uso dos preservativos, hacia onde van encamiñadas tódalas accións deste proxecto
A metodoloxía utilizada para o desenvolvemento das accións é distinta diferenciando  as actividades que son de rúa (pisos e zonas onde se exerce a prostitución) das que son no local ou en internet. A metoloxía empregada no caso da intervención en rúa,  é de achegamento, de participación nos que  un colaborador de LAZOS  que foi traballador sexual, participa de forma activa no desenvolvemento do proxecto.
No caso dos talleres utilizouse metodoloxía cercana e participativa promovendo a interacción do grupo co formador e o debate entorno os contidos das sesións.

DESENVOLVEMENTO DAS ACCIÓNS
            Dende o Comité antiSIDA LAZOS trabállase en programas de prevención de E.T.S. con traballadoras e traballadores do sexo. Despois de varios anos de traballo (2005-2009) conseguimos que un número significativo de persoas que exercen a prostitución veñan ata a nosa sede solicitando información e/ou preservativos. Adoitamos aproveitar estas ocasións para charlar con eles/elas, trasladarlles as nosas mensaxes de prevención e intentar solventar as súas demandas.
Con estas acción que teñen coma centro operativo o local, decatámonos que una parte importante de persoas traballadoras sexuais, quedaban á maxe dos nosos programas de prevención. Por elo deseñamos este proxecto de achegamento as persoas traballadoras sexuais, dende diferentes áreas de actuación.

Localización dos pisos  e outras zonas e contextos onde se ofrecen servicios sexuales:
Pisos: A Asociación coñece un número importante de pisos, de anos anteriores, que todavía seguen en funcionamento, está en contacto con traballadores e traballadoras sexuais que acuden regularmente á Asociación e saiu en 3 ocasións a localizar novos pisos e zonas. Outra fonte utilizada para identificar os pisos foron as páxinas de contactos na prensa escrita.
Rúa: Na nosa entidade contamos cun educador de pares, que foi traballador sexual o que nos facilitou a localización das zonas de rúa, onde se ofrecen os servizos sexuais. Nestas saídas, nos encontramos con HSH que non solicitaban contraprestación económica. É una modalidade de intercambio sexual gratuito que descoñecíamos ate este ano. O achegamento a este colectivo, de HSH, permitíunos ampliar a poboación diana.
Internet: Creáse un blog propio (http://comitelazos.blogspot.com/) como ferramenta de consulta e subida de arquivos de documentación , por un lado e A través de barridos on line,por outro lado, identificamos un número alto de persoas que ofertaban os seus servizos sexuales, en diferentes páxinas webs. Estes barrridos consistían na búsqueda de persoas que ofertaban os seus servizos sexuales. Como estas búsquedas eran puco selectivas e identificaban a miles de persoas,  decidimos traballar coas que ofertaban os seus servizos, na nosa comunidade autónoma
Para intervir nos pisos acudiamos a estes a falar cos/as encargados/ás informando do proxecto. Nos pisos non houbo problema xa que dispoñían de 30-45 minutos, para atendernos,  si se lles avisaba con 2-3 días de antelación. As mesmas saídas serviron para identificar as zonas de rúa onde se ofrecían os servizos sexuais e as zonas onde se ofrecían os servizos sexuais de forma gratuita.

Os pisos e zonas identificadas onde se realizou a intervención de rúa atópanse na cidade de Ferrol e Narón, e se distribuen da seguinte forma:
l  6 Pisos onde realizan a súa actividade MTS (mulleres trataballadoras sexuais). Zona do Portanova. Atópanse preto da entrada de Ferrol
l  2 Pisos onde realizan a súa actividade HSH e Transxéneros.. Zona de Portanova, preto da entrada de Ferrol
l   2 zonas onde HSH ofrecen os seus servizos sexuais. Ubicadas dentro da estación de autobuses e a outra no polígono da Gándara (Narón).
l  Páginas web donde se envían los mensajes de prevención a hombres que ofrecen sus servicios sexuales: foros gais nas webs www.brunoymaria.com , www.contactosexual.com ,  www.ayulu.com y www.mundoanuncio.com
l  Actos e Festivales ós que se cudiron: Festival erótico “EROSGALICIA”. (5,6 e 7 de marzo do 2010)e Festival do mundo celta (Ortigueira 2010 8-9-10 de Xullo) .


Medios utilizados, ferramentas de intervención, e materiais necesarios
Para as intervencións nos locais, na rúa e nos Festivales e actos, utilizouse un vehículo para os desprazamentos e para o transporte do material preventivo.

Utilizábanse fichas de rexistro para datos, preservativos masculinos, preserv. femininos, lubricante hidrosoluble, Kits de sexo máis seguro ( condón, barreira de látex e lubricante hidrosoluble), condóns masculinos extrafortes e trípticos da Asociación.

Para as intervencións
grupales necesitouse do proxector de diapositivas da Asociación e dun ordenador portátil.

O counselling é  ferramenta  de traballo, ademais dos folletos de " faite a proba" facilitada pola DXSP, " A muller e a prevención dá infección polo VIH/SIDA" tamén facilitada pola DXSP e " Montarllo en positivo" facilitada por GTTs-grupo de traballo sobre tratamentos do VIH.
Composición do equipo de traballo:
Consensuouse que para as saídas se acudiría un grupo de 2-3 persoas por día de intervención.
Equipo de traballo:
O coordinador do programa. Coordinación, impartición de talleres de sexo máis seguro, derivación a  a outros recursos ou servizos e búsqueda por internet de persoas que ofertan os seus servizos sexuales i envío de mensaxes preventivos. Diseño do blog e subida dos arquivos e docuemntación.
1 psicólogo. Asesoramento na coordinación, orientación e apoioa formación
1 Médico . campaña de gripe e asesoramento na formación.

1 Enfermeira intervención en rúa e campaña de vacináción

1 educador de pares en HSH (ex traballador sexual)

2 Monitoras-Axentes de saúde para Intervención e condutoras e rexistro de datos
E 15 voluntarios/as máis que acudiron ó festival de ortigueira e ó Festival erótico EROSGALICIA 2010 para participar ca Asociación.

Temporalización das actividades
O proxecto desenvolveuse entre os meses de xaneiro e novembro de 2010.
No mes de Febreiro marzo e xullo instensificáronse as saídas para acudir a festivales e tamén cubrir as necesidades dos pisos e das zonas de intervención.
O barrido con mensaxes de prevención a través da wen realizouse dende Febreiro ate Novembro, e aínda contnúa ó igual que a actualización do blog de LAZOS.

Realizáronse un total de 21 saídas. Estas saídas se distribuiron da seguinte forma:
Para localización de pisos e zonas de rúa: 3 saídas (días)
Para intervención nos pisos e zonas de rúa: 15 saídas (días)
Para Festivales: 5 saídas (días)
Para a campaña de vacinación destináronse 2 días e se fixo no local da Asociación.

ACTIVIDADES, CUANTIFICACIÓN  DOS DATOS E ANÁLISE :


Material repartido en locais e zonas de intervención.
HSH Traballadores sexuais, contactados no programa: 33 (neste apartado tamén están os que buscan contactos sexuais na rúa, e non reciben contraprestación económica)
Mulleres: 51
Transxénero Fem: 6
Condóns fem. repartidos: 146
Condóns masculinos repartidos: 7.058
Condóns extrafortes: 1420
Kits sexo seguro: 1055
Non se reparten Kits de inxección.
Consultas/derivacións sobre ITS: 40
Consultas/derivacións sobre o VIH: 10
Derivacións a proba rápida: 14
Derivacións a outros servizos: 21. Tódalas derivacións a outros servizos tiñan que ver con temas legales (residencia, reagrupamento familiar, separación ou divorcio, violencia de xénero,etc). Non contamos con asistencia legal co que non lle podemos dar resposta.
Datos dos festivales
Festival Celta de Ortigueira:  
Voluntarios/as participantes: 15 (5 homes e 10 mulleres)
Afluencia de persoas : Máis de 100.000 asistentes (fonte: A Voz de Galicia 10.08.2010 http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2010/08/10/00031281439655982845860.htm )
Condones masculinos repartidos no festival: 12.200 unidades Para o reparto se dividiron os/as vountarios/as en dous grupos. Un grupo de voluntarios/as repartiu na zona dos concertos e outro na zona de acampada libre.
Esta actividade posibilitou a presenza da Asociación nun acto masivo, no que colaborou o Concello de Ortigueira, cedéndonos unhos pases para intervir nas zonas do Festival. Asemade a actividade foi unha acción moi importante de fomento do uso do preservativo para os/as  asistentes ó festival.
Festival erótico EROSGALICIA 2010:  
Voluntarios/as participantes: 15 (5 homes e 10 mulleres)
Afluencia de persoas aproximada: Máis de 11.000 persoas (fuente Telecinco.es http://www.telecinco.es/informativos/curiosidades/noticia/100016963/Eros+Galicia+calienta+al+publico+de+A+Coruna )
Condones masculinos repartidos: 8.000
Condones femininos repartidos: 300
Kits de sexo seguro: 450
Condones extrafortes: 500
Datos das intervencións en internet:
Se interviene con  68 HSH que ofrecen os seus servizos sexuales en internet  e localizándose, segundo o que publican en Galicia. As webs onde se ofertan estos serivizos a través de foros, chats ou nos seus perfís, da rede son :  www.contactosexual.comwww.ayulu.com y www.mundoanuncio.com (utilizan o seu correo electrónico para que os contacten. As intervencións consisten en: Através do correo eletrónico de LAZOS se lles envía información sobre a prevención do VIH e doutras ITS, xunto con  as dirección dos comités anti-sida Galegos, onde poden acudir a recoller preservativos. Ningún dos contactados respostou os correos.
Se crea o blog da Asociación como ferramenta de divulgación. Na dirección web
o blog de LAZOS tivo un total de 829 visitas , a data 12 de Novembro de 2010,   dende Febreiro  do presente ano.
Campaña de vacinación: Acudiron 9 persoas ( 5 homes e 4 mulleres) todos/as inmigrantes a recibir a vacina da gripe estacional



OBRADOIROS DE FORMACIÓN:
Se fixeron dous talleres para persoas traballadoras sexuais
O Taller do día 30/9/2010 dirixido a Mulleres T Sexuais. Convocáronse a 10 mulleres, pero só asistiron 4 (de nacionalidade Colombiana)  que acuden á Asociación de forma regular a recoller preservativos.
O temas tratados no obradoiro foi a prevención da VIH e das ITS e a súa detección precoz. Se pasou o cuestionario de coñecementos e os erros cometidos tiñan que ver con as falsas creenzas sobre formas de transmisión (picadura dun insecto, a través da saliva e por bicar a unha persoa seropositiva). A pesar de resolver estas dúbidas concretas, neste grupo,  as vías de transmisión coñécenas perfectamente. Compre ampliar a formación para este grupo, en futuras acción.
Sacaron a colación o preservativo femenino sobre o complicado que é poñelo nos contextos onde traballan, onde o tempo é importante e reduce os tempos para aumentar os clientes e o infrautilizado que está no sector onde traballan. O educador abre un debate sobre os pros e os contras do uso do preservativo femenino.
Se discutiu a cuantificación do risco segundo a práctica sexual, tendo coma referencia bibliográfica a publicación VIH: Consejos (S. Moreno-Mayers 2008).
A participación e intereacción das usuarias foi alta. Se corrixen os test, nos que teñen globalmente un total dun 14 % de erros.
Prácticas de risco detectadas: As Prácticas de risco   manifestadas e feitas en  más dunha ocasión, no último ano: Sexo oral sen protección (75% das mulleres), rotura de preservativo accidental (100%  das mulleres)
A valoración global das receptoras da formación
O 2º Taller realizado o 1/10/2010  dirixido a HSH. Asistiron 5 homes, dos 12 convocados. A nacionalidade se repartíu en 4 españois e 1 Brasileño. Procedentes das zonas de rúa.
A sesión tratou a prevención da VIH e outras ITS e a súa detección precoz. Se lles pasou o test VIH de coñecementos.
Se discute sobre a cuantificación do risco segundo a práctica sexual, sobre a práctica do sexo oral e o risco de infección nela e os factores que favorecen a transmisión da infección polo VIH. Resolvéronse as dúbidas que tiñan pre sesión. Sinalan que o uso do lubricante non está extendido e refiren ser indispensable para a súa actividade.
Se corrixen os test en presencia dos asistentes  e o resultado global en erros cometidos é do 14 %. Os erros tiñan que ver coa falsa seguridade de protección cando se ten unha parella estable,  sobre falsas creenzas en formas da transmisión (bicar a un seropositivo e a través da picadura dun insecto) se resolven e discuten estes aspectos emplazándoos a facela proba rápida na Asociación- Acceden a facela dous.
Prácticas de risco detectadas: Se lles plantexou  expresamente as prácticas de risco feitas no último ano e contestaron o 100 % o sexo oral e o sexo anal desprotegido o 20 %. Se aclarou a cuantificación do risco segundo a práctica e os factores que favorecen a transmisión.
A valoración global dos asistentes foi no 80 % moi boa e o no 20 % boa, respecto das temáticas, do formador e do contido
 3º Taller dirixido a Colectivo LGTB  dentro das xornadas “Dereitos do siglo XXI .REALIDADES DO SIGLO XIX”
Se fai un taller dirixido a colectivo LGTB  (10/11/2010) na facultade de Dereito ó que asisten 26 persoas. Das cales 11 son mulleres homosexuales , 14 HSH e 1 Transexual feminina
Se aborda a percepción de risco, as prácticas de risco epidemioloxía xeral i específica do coletivo, a prevención do VIH e a importancia da detección precoz e se ofertou a proba rápida que realiza a nosa Asociación e a proba convencional que se realiza na sanidade pública.
Prácticas de risco nos últimos 12 meses
Cando se lles consultou o número de prácticas de risco realizadas nos últimos 12 meses, os homes manifestaron coma práctica de risco feita o sexo oral no 50  % dos casos e o sexo anal desprotexido o 14 % dos homes.
No Caso das mulleres, refiriron o sexo oral coma práctica de risco tida nos últimos 12 meses, manifestaron nun 16 % haber tido coma única práctica de risco o sexo oral desprotexido.
Discútense a cuantificación do risco segundo a práctica, os factores que a favorecen e coma se elimina ou reduce o risco segundo a práctica sexual.
A valoración global dos/as asistentes ó obradoiro foi de moi boa  ( no 76 % dos/as participantes e boa no 24 % restante). O valorado foi os temas, o contido, o formador, a metodología empregada e as instalacións.

Material entregado nos obradoiros
Material repartido nos obradoiros
Condón masculino
Condón feminino
Kits sexo seguro
Homes
288
0
42
mulleres
288
13
56
Total
576
13
98

Material total repartido:
MATERIAL TOTAL
Pres. masculinos
Pres.masc. ext.
Pres, Femeninos
Kits sexo seguro
Saídas a Pisos e rúa
7058
1420
146
1055
Obradoiros
576
0
13
98
Festival Ortigueira
12200
0
0
0
Festival EROSGALICIA
8000
500
300
450
Totales
27834
1920
459
1603











CONCLUSIÓNS
  • Os/as traballadores sexuais cas que intervimos son maioritariamente inmigrantes (77% fronte o 23% nacionais).
  • A  oferta de maior cantidade económica por parte dos/as usuarios/as da prostitución, de pisos, condiciona o nivel de protección dos e das traballadores/as sexuais. Establécese unha relación de a mayor cantidade económica ofertada polo usuario de prostitución, menor protección do/da traballador sexual nos seus servizos..
  • O sexo oral é a practica de risco  maioritariamente manifestada, respecto dos últimos 12 meses,  sin embargo a cantidade de derivacións feitas a servizos de ITS e de VIH, lévanos a  crer, que as prácticas de risco, nas relacións sexuais, poden ser máis numerosas das que manifestan .
  • O sexo anal desprotexido, práctica considerada de alto risco, é realizada polo 14 % dos HSH participantes no obradoiro dirxido a población LGTB
  • Este programa e a Asociación sirven de enlace ponte entre as persoas traballadoras sexuais e outros recursos e servizos.
  • Este programa é determinante e favorecedor do  acceso dos/as traballadores/as sexuais á proba rápida de detección do VIH.
  • Ningunha persoa das contactadas é usuaria de drogas por vía inxectada nin dependente ás drogas.
  • A demanda de lubricante para as relacións sexuais, foi maior da atendida.
  • As cuestiones legais son temas importantes ós que non se lles puido dar desposta, emplazando ós/ás usuarios a acudir a outro recurso,  que sí dispoñía,de servizo de orientación legal.
  • A información más demandada foi a referida á cuantificación do risco segundo a práctica sexual e a que tiña que ver con as falsas crenzas sobre a transmisión sobre o VIH e as ITS
  • O desenvolvemento de accións en fetivales permitíunos  dar a coñecer a Asociación a un número moi alto de persoas, e fomentar o uso do preservativo na población.
  • A cantidade de preservativos, facilitados neste proxecto,  foi moi elevada o que posiblitou que, un gran número de persoas, traballadoras sexuais ou non,  poideran beneficiarse da prvenión sexual do VIH e outras ITS.
  • As salidas a rúa permítenos acceder a un número de Traballadores/as sexuais que doutra forma non poderíamos acceder a eles. Estas saídas son importantes para coñecer as condicións dos lugares onde os/as Traballadores/as sexuais, desenvolven a súa actividade, e respostar ás necesidades  de nformación, material e demanda de servizos nesas saídas.
  • O blog da Asociación é unha ferramenta moi útil, que serve para informar a un número moi importante de persoas que utilizan o blog como fonte de información.
  • A metodoloxía empregada para favorecer a prevención, en Internet, consideramos que debe de ser mellorada. Plantéxase interactuar con estas persoas a través dos chats onde ofrecen os seus servizos , en lugar do correo electrónico tal e coma estábamos facendo..
  • A valoración dos/as participantes foi moi boa, e coma  propostas de mellora, anímase á entidade, a continuar co desenvolvemento do proxecto e a ampliación da formación impartida
  • Os obxectivos deste proxecto considéranse totalmente cumpridos.
  • O equipo técnico da Asociación valorou moi positivamente este proxecto e considera que débese facer un maior esforzo  no aproveitamento dos recursos da zona, así como mellorar a calidade e xestión, dos datos do programa. Considérase tamén a necesidade de non interrumpir o proxecto nos meses de novembro e decembro, aínda que non seña subvencionado pola Consellería.
 17 de noviembre de 2010

0 comentarios:

Publicar un comentario