viernes, octubre 14, 2011

Concentración contra os recortes sociais, convocada polo Colectivo Moucho de A Coruña

Concentración contra os recortes sociais, convocada polo Colectivo Moucho de A Coruña (Asociación de usuarios e exusuarios de drogas) e apoiada pola Asociación Lazos Pro Solidariedade (Ferrol).


O Colectivo Moucho ven de sufrir, por parte da Consellería de Sanidade, un recorte do 100 % das axudas que viña percibindo nos últimos anos.
Estas axudas públicas eran a única fonte de financiación da organización Coruña e servían para pagar os gastos correntes e os derivados dos desplazamentos do/as voluntarios/as e técnicos. Estas axudas estaban adicadas a programas de reducción do dano e prevención do VIH, na poboación drogodependente e no poboado chabolista de penamoa.



Con esta eliminación das axudas non só se está dificultando a loita contra o VIH e a sida, se non que se nega a participación social e política das persoas usuarias e ex-usuarias de drogas na sociedade .

En términos de prevención, si hai algunha estratexia que esté empíricamente demostrada, son os programas de reducción do dano en poboación usuaria de drogas por vía inxectada. En términos epidemiolóxicos se pode afirmar tamén que a desatención destas persoas, pode implicar un aumento de casos de VIH e por extensión de sida, o que implica que o aforro que se pretende con estes recortes, teñan un efecto bumerán, a medio prazo, e se multiplique exponenciialmente o gasto sanitario, que coma sabemos pagamos tódolos/as galegos/as. 

Por todo elo, se manifestou o Colectivo Moucho na Coruña, apoiado pola Asociación LAZOS, de Ferrol.

0 comentarios:

Publicar un comentario