Documento analizado “INFORMACIÓN AL DONANTE DE SANGRE”
editado polo Centro de Transfusión de Galicia, dependente da Xunta
de Galicia (se achega o documento).
Dentro das accións do proxecto integral que a Asociación realizou
perante o exercicio 2012, se valorou a posibilidade de analizar
protocolos de actuación utilizados polas Administracións Públicas
coa finalidade determinar se istes, respetan ou vulneraban os
dereitos das persoas con VIH.
Na selección para o posterior análise, identificamos o documento
co nome “Información al donante de sangre” , asinado polo Centro
de Transfusión de Galicia. O mencionado documento divídese en
diferentes seccións, que desenrolamos e analizamos a continuación,
extraendo o que, ao noso xuizo, pode ter compoñentes
discriminatorios e estigmatizantes, tanto para as persoas que viven
co VIH, coma para colectivos socialmente excruidos .
*Identificación de posibles criterios discriminatorios e/ou
estigmatizantes no documento de referencia:
- No segundo apartado do documento de referencia, onde pon:……… “Causas que impiden donar sangre y situaciones de autoexclusión”, Se identifica e extrae o punto 5º onde di: “Si residió durante un período acumulado de un año en el Reino Unido entre 1980 e 1996 inclusive”, e o punto 6º que dice: “ Si recibió algunha transfusión en el Reino Unido o en paises endémicos de Chagas, Paludismo, HTLV o Sida”.
- No terceiro apartado do documento, onde pon: “Es importante que nos informe o que anónimamente desista de donar sangre si pertenece a alguno de los siguientes grupos de riesgo”: Se identifican e extraen o punto 1º “Si consumió alguna vez vez drogas por vía intravenosa”, 2º Si tiene, de forma habital distintas parejas sexuales”, 3º “Si mantuvo relaciones heterosexuales u homosexuales a cambio de dinero o drogas o con personas de las que se desconocen sus hábitos sexuales” e 4º “ Si su pareja sexual se encuentra en alguno de los supuestos anteriores o si padece Hepatitis B,C o Sida”.
- No cuarto apartado do documento, onde pon: “Otras causas que impiden donar sangre de forma temporal”. Se identifica e extraen os puntos 3º “Si tuvo contacto doméstico con enfermos o portadores de hepatitis o Sida en los últimos 6 meses” e o punto 5º” Si realizó piercing, tatuaje, acupuntura, endoscopia, cateterismo, perforación de piel y mucosas en los últimos 4 meses”.
Valoración do documento:
Somos conscientes de que os obxectivos dos bancos de sangue e
tecidos, pretenden reducir ao máximo a posibilidade de que as
mostras doadas, tanto de sangue coma de tecidos, cheguen aos
seus/súas recetores/as sen contaminar. Tamén somos conscientes de
que os dispositivos utilizados para a doazón de sangue, non deben
ser utilizados polos seus usuarios e usuarias como medio sistemático
para a detección de enfermedades transmisibles, como o son o VIH e
as hepatites. Nembargantes, consideramos que estes criterios de
seguridade e garantía sanitaria, non debería entrar en conflito coa
evidencia científica actual e ca loita contra a discriminación cara
as persoas con VIH que, como sabemos, actúa como barreira en termos
de prevención.
Respecto ao documento referido non consta na bibliografíca
científica actual, que o feito residir no Reino Unido, poidera
implicar ou facer sospeitar que unha persoa poda estar infectada por
unha enfermidade transmisible, como as Hepatites ou o VIH.
Afirmamos que a evidencia científica actual , no ámbito da
epidemioloxía e a clínica, desmonta a existencia dos chamados
grupos de risco. Queda sobradamente acreditado, que a
infección polo VIH, débese ás condutas das persoas
(enfermidade condutual), e non á pertenza a un subgrupo poblacional
ou a outro.
Convivir cunha persoa seropositiva ao VIH, non implica risco algún,
como se desprende na bibliografía actual. Na mesma páxina web do
Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, contempla esta
situación (posibilidade de infección polo VIH, por convivir cunha
persoa con VIH), indicando que Non se transmite o VIH na convivencia
diaria.
En canto ao uso de drogas inxectables, e a posibilidade de infección
polo VIH, e hepatite, tamén a evidencia nos indica que a
posibilidade de transmisión, ven determinada por compartir útiles
de inxección e non polo uso das sustancias por esta vía. Tamén
contradice a evidencia actual, o feito de afirmar que ter sexo a
cambio de cartos, ou de droga ou ter relacións con diferentes
parellas sexuais. Esta afirmación estereotipa ás persoas con
conductas socialmente reprobables, e as identifica como axentes
potencialmente infecciosos. Si o sexo se realiza, utilizando os
métodos preventivos apropiados e correctamente, non existe risco de
infección polo VIH.
Consideramos que, entre outros motivos, os criterios de exclusión e
autoexclusión que se reflicten no documento de “Información ao
donante de sangue”, invalidan as mensaxes vixentes de prevención,
non responden a razóns epidemiolóxicas, vulneran os dereitos das
persoas socialmente excruídas e plantexan dudas sobre todo o
proceso de cribado.
Conclusións e propostas de mellora:
Convendría reconsiderar os criterios de exclusión actualmente
vixentes para a doazón de sangue de forma que estos, non se
centrasen no QUÉN (persoas) ou no QUÉ (circunstancias e/ou
hábitos), se non en CÓMO (prácticas de risco).
Por exemplo, no apartado de inxección de drogas debería
especificarse que a exclusión ven de si se compartiu material de
venopunción; ou no apartado sexual, si se mantiveron
relacións sexuais sen protección (preservativo).
O 'Cuestionario persoal' debería ser revisado en profundidade. Da
mesma forma, debería ser revisadas as normativas superiores, que a
continuación se refiren, polas mesmas razóns antes expostas.
Normativa superior
“Real Decreto 1088/2005, de 16 de septiembre,
por el que se establecen los requisitos técnicos y condiciones
mínimas de la hemodonación y de los centros y servicios de
transfusión.
http://www.boe.es/aeboe/consultas/bases_datos/doc.php?id=BOE-A-2005-15514”
“Orden Ministerial de 2 de julio de 1999,
por la que se actualizan las condiciones de exclusión de los
donantes de sangre y se establecen los criterios de interpretación
de las pruebas para la detección de agentes infecciosos en las
donaciones de sangre. (se que se actualizó en el 2005 pero no la
encuentro)
http://www.boe.es/boe/dias/1999/07/15/pdfs/A26792-26793.pdf”
0 comentarios:
Publicar un comentario