viernes, julio 16, 2010

HAZTE LA PRUEBA( DEL VIH) - FAITE A PROBA ( DO VIH). En 20 minutos sairás de dudas. En 20 minutos saldrás de dudas

Co lema faite a proba a Asociación LAZOS-Comité anti-sida de Ferrolterra pon en marcha un novedoso e pioneiro servizo na nosa comunidade autónoma. Este servizo pretende aflorar novos diagnósticos de VIH mediante a realización de probas rápidas de detección do VIH en  fluído oral.
IMPORTANCIA DA DETECCIÓN PRECOZ
Un dos piares básicos da loita contra a sida é a detección precoz das persoas infectadas polo virus da Inmunodeficiencia humá (VIH). O diagnóstico precoz ofrece a posibilidade de beneficiarse da terapia antirretroviral nas etapas precoces da infección, así como intentar modificar as condutas que favorecen a transmisión do virus a outras persoas.
O estadio clínico no momento do diagnóstico das novas infección por VIH presenta nun 32% un diagnóstico tardío.
EPIDEMIOLOXÍA DO VIH
En España estímase que entre 120.000 e 150.000 persoas están infectadas polo VIH, e unha cuarta parte (unhas 35.000 persoas) non o sabe. Algúns estudos sinalan, que a metade das novas infeccións débense a que as persoas descoñecen padecela, porque non adoptan medidas de prevención e pola maior transmisibilidade que se produce en ausencia de tratamento.
En Galicia, a predominancia da transmisión da infección polo VIH dáse a través da vía sexual, o 73% nas mulleres e o 66% nos homes (predomina a transmisión en homes que teñen sexo con outros homes (HSH) cun 35,2% dos casos polos 31,5% asociados á vía heterosexual).

Por que un método de detección do VIH nun centro alternativo á Sanidade Pública?
Non poucas persoas deixan de acudir a realizarse as probas convencionáis de detección do VIH  nos seus médicos de referencia por diversas razóns. Algunhas das razóns esgrimidas por estas persoas son:
  • Os médicos de familia coñecen a estas persoas e as súas familias e temen que se vulnere a súa confidencialidade.

  • Non queren falar de parcelas íntimas da vida propia co médico que os/as atende regularmente (relacións fora da parella, uso de drogas).

  • Manifestan temor a ser identificadas por outras persoas como seropositivos/as.

  • Existe un número importante de persoas que non acuden ós servizos normalizados de saúde, co que iso implica.


Por que un método de detección en saliva?
A particularidade que ten facer as probas rápidas do VIH en saliva, é que non é necesario contar con profesionais sanitarios para facelas. Aïnda que a entidade conta con profesionais que proveñen do ámbito da saúde, contamos con persoal técnico capacitado en counselling   (consello informado) para a realización deste tipo de probas.

TEST DE DETECCIÓN RÁPIDA DO VIH TIPO 1 e  2
A Asociación LAZOS é pioneira na nosa comunidade autónoma en ofertar este tipo de probas.

O test rápido para a detección de VIH do tipo 1 e 2, farase con mostras obtidas por fluído oral, que permite saber o resultado nun tempo máximo de 20 minutos. A sensibilidade deste Test é do 99% en fluído Oral. Trátase dunha proba gratuita, anónima e confidencial.

O test de VIH non é invasor, consiste nun raspado de fluido oral que se extrae entre os beizos, inferior e superior, e as enxivas, mediante unha paletiña para a recollida e posterior análise do fluído oral.

A proba rápida non se se considera unha proba diagnóstica, senon de cribado. Deberá confirmarse no caso de sair reactivo + mediante unha análise convencional no Servizo Galego de Saúde ou en calquera centro do Sistema Nacional de Saúde.

Do mesmo modo, un resultado negativo non exclúe a posibilidade de infección por VIH, xa que debemos ter en conta fundamentalmente o período ventá no que pode encontrarse o paciente.

A quén vai dirixido este servizo?
  • A tódalas persoas que tiveran algunha práctica de risco en relación ó VIH, facendo especial fincapé nos Homes que teñen sexo con outros Homes pola prevalencia obtida a partir de datos sobre novos diagnósticos de infección por VIH.

  • Persoas con dificultades para acceder ao tradicional asesoramento, realización de probas e servizos médicos de referencia e que teñen alto risco de infección por VIH.


Acceso á proba rápida
A vía de acceso ó servizo da proba rápida farase previa cita, poñéndose en contacto ca Asociación LAZOS.
O horario de petición de cita previa será de luns a venres, de 9.30 a 13.30 horas, nos teléfonos 981350777 – 698147975, ou no correo electrónico: comiteantisidaferrol@gmail.com

0 comentarios:

Publicar un comentario