FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
COMUNICADO DE PRENSA
O
Foro Galego de Inmigración formado por asociacións e entidades de
migrantes ou que prestan servizos a estes colectivo de Galiza, quere
facer público o seguinte Comunicado en relación co
endurecemento da Lei de Estranxeiría que supora a imposibilidade de
acceso ao sistema sanitario común para as persoas inmigrantes en
situación de irregularidade administrativa:
“1.- A
decisión do Consello de Ministros do pasado venres día 20 de Abril de
endurecer a Lei de estranxeiría, para esixir requisitos, a maiores do
empadroamento en territorio español, para ter dereito de acceso á
tarxeta sanitaria é unha flagrante violación dos dereitos humanos por
unha banda, por outra da Carta Europea de Dereitos Sanitarios e ademáis é
unha decisión terriblemente inxusta.
2.- Esta decisión
supón pechar na práctica a atención sanitaria a un dos colectivos en
maior situación de vulnerabilidade, que deben superar as 600.000 persoas
no Conxunto do Estado e entre 8.000 e 10.000 en Galicia. A Atención
Sanitaria de Urxencias para este colectivo produciríase coa obriga de
abonar os custos da mesma, o que de feito a imposibilita, ou cando
sexan cuestións graves xenerará debedas inasumibles, que ademáis
impedirán tamén as posibilidades de regularización destas persoas.
3.- Esta decisión é unha terrible inxustiza, porque as persoas
migrantes en situación de irregularidade administrativa non teñen nada
que ver co chamado “turismo sanitario”, cuestión que atinxe de forma
prácticamente en exclusiva a persoas procedentes da Unión Europea. É
ademáis unha decisión claramente racista, que pretende responsabilizar a
un colectivo, en situación de alta vulnerabilidade social, das
dificultades de sostemento do sistema sanitario por un suposto abuso do
mesmo. Non ten sentido algún que se negué a tarxeta sanitaria para
persoas sen recursos, a un dos colectivos que de menos recursos pode
dispoñer.
4.- La no atención sanitaria dunha parte da
poboación residente no Estado Español é moito máis que un recurte ou un
“aforro”, é unha exclusión intolerable e perigosa para a vida destas
persoas, dun dos colectivos en maior situación de vulnerabilidade. Por
iso, o Foro Galego de Inmigración quere facer un chamamento ao
partidos políticos, sindicatos, asociacións, entidades, e a poboación
en xeral para que non permitamos que esta decisión chegue a concretarse
no anunciado cambio lexislativo que estableza cidadáns de primeira e de
segunda; persoas de primeira e de segunda; no referente a atención
sanitaria no Estado Español. NON O PODEMOS PERMITIR.
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142
www.forogi.wordpress.com
lunes, abril 23, 2012
Comunicado en relación co endurecemento da Lei de Estranxeiría que supora a imposibilidade de acceso ao sistema sanitario común para as persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa:
Etiquetas:
EXCLUSIÓN SOCIAL,
INMIGRACIÓN,
sanidade
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario