viernes, mayo 11, 2012

Artigo sobre a reforma Sanitaria. Carlos Varela


Estimados gobernantes,
O 24 de abril do 2012, publicades no Boletín Oficial do Estado (BOE) o Real Decreto-Lei  16/2012, de 20 de abril, de medidas urxentes para garantizar a sostenibilidade do Sistema Nacional de Saúde  e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións. Estas medidas véñense a sumar ás tomadas anteriormente,  no eido laboral, no sanitario e no educacional. Déixenme dicir,  que todas elas  me parecen inxustas, ineficaces e carentes de todo principio de equidade.

É cedo   para que poda facer unha valoración do Real Decreto publicado (primeiro non son xurista e segundo é tan pouco clarificador que non sei exactamente o que vai a acontecer na práctica diaria). Nembargantes,  gostaríame salientar que xa non escomenza ben o asunto,  cando se redacta  esta norma xurídica co cobxectivo de “garantizar a sostenibilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións”. Este obxectivo é cuestionable, porque coma afirmación é tamén cuestionable. O Sistema Nacional de Saúde é sustentable si se aplican os cambios oportunos nas direccións apropiadas,  e tendo como premisa o interese xeral, non o da minoría que máis cartos ten. Este colectivo de amasadores de cartos non pagan proporcialmente polas súas rendas. Nin en Sanidade nin noutras fiscalizacións que teñen coma obxectivo pagar impostos para sustentar o Estado de Benestar. Insisto, comenza mal unha lei co título que leva, cando a nosa sanidade, importante pola súa calidade, deixará de ser pública (xa non o era), universal e gratuita.

Como dicía antes non vou a facer unha valoración , pero sí querría que vos (os gobernantes) me contestárades a algunhas cuestións sobre este último Real Decreto-Lei, publicado o pasado 24 de Abril:

Dos. Se añade un nuevo artículo 3 bis, que tendrá la siguiente redacción:
«Artículo 3 bis. Reconocimiento y control de la condición de asegurado.
1.    El reconocimiento y control de la condición de asegurado o de beneficiario del mismo corresponderá al Instituto Nacional de la Seguridad Social, a través de sus direcciones provinciales, que establecerá los requisitos documentales a presentar en cada caso.

-       Señores gobernantes, sei que tedes lapsus e ás veces se vos escapan os termos sen querelo. Establecedes como requisito sine qua nom a condición de “asegurado” ou beneficiario para recibir asistencia básica ou continuada. O termo asegurado é moi ambiguo e suxeito a  malinterpretracións. Na 3ª acepción do diccionario da RAG di “Persoa que concertou un seguro cunha compañía”. Seguro que vostedes (os gobernantes) non estabades pensando nesta acepción mais todo me todo asemella que queredes convertirnos en “Asegurados” por esas compañías que vos ou persoas cercanas a vós, rexentades.
-       Nos dicides que as dirección provinciais establecerán “os requisitos documentais en cada caso”. Iso que quere dicer, que si me rompo unha perna, me pedides a declaración da renda para aboar a escaiola,  e si me vou operar me pediredes as escrituras, das leiras dos meus país; ou como é? Ai, ai, ai…  moito me da que estas medidas non son para mellorar a calidade e seguridade das prestacións, sres e sras gobernantes.




2.    Una vez reconocida la condición de asegurado o de beneficiario del mismo, el derecho a la asistencia sanitaria se hará efectivo por las administraciones sanitarias competentes, que facilitarán el acceso de los ciudadanos a las prestaciones de asistencia sanitaria mediante la expedición de la tarjeta sanitaria individual.

Entre que as entidades provinciais me solicitan toda a documentación, a paso por rexistro e me dan a tarxeta sanitaria me podo poñer enfermo. Neste caso, cubriredes a miña asistencia sanitaria básica? Ou sen a tarxeta física non me atenderán? Son cuestión que se han presentar.

3.    Los órganos competentes en materia de extranjería podrán comunicar al Instituto Nacional de la Seguridad Social, sin contar con el consentimiento del interesado, los datos que resulten imprescindibles para comprobar la concurrencia de los requisitos a los que se refiere el apartado 4 del artículo 3 de esta ley.

Vexo que palmáchedes a sesión parlamentaria cando se explicou a lei de protección de dados de carácter persoal.




Tres. Se añade un nuevo artículo 3 ter, que tendrá la siguiente redacción:
«Artículo 3 ter. Asistencia sanitaria en situaciones especiales.

Los extranjeros no registrados ni autorizados como residentes en España, recibirán asistencia sanitaria en las siguientes modalidades:
a)    De urgencia por enfermedad grave o accidente, cualquiera que sea su causa, hasta la situación de alta médica.
b) De asistencia al embarazo, parto y postparto.
En todo caso, los extranjeros menores de dieciocho años recibirán asistencia sanitaria en las mismas condiciones que los españoles.»

Sres. Gobernantes, as persoas non rexistradas, nin autorizadas como residentes en España, deben ser atendidas nas mesmas condicións que as persoas rexistradas, autorizadas como residentes e nativas. Do contrario, se estaría:
1.    Desencadenando un grave problema de saúde pública
2.    Vulnerando un dereito fundamental como  é,  o dereito á saúde
O Goberno español, ademais de compromisos económicos, asinou compromisos internacionais na resposta mundial ao VIH ante organismos como o Programa Conxunto das Nacións Unidas sobre o VIH/sida (ONUSIDA), a Asemblea Xeral de Nacións Unidas (UNGASS), a Organización Internacional do Traballo (OIT), o Parlamento Europeo (PE), para acadar o "Obxectivo Cero: un mundo con cero novas infeccións polo VIH, cero discriminación e cero mortes relacionadas coa sida".
(….)

«Artículo 85 bis. Sistemas de información para apoyo a la prescripción.
(……)

2.    Los sistemas de apoyo a la prescripción recogerán la información correspondiente a los precios seleccionados vía aportación reducida, de modo que el médico pueda tomar en consideración el impacto económico durante la prescripción de medicamentos y productos sanitarios.

Señores gobernantes, iste artigo que quere dicir? ¿Que os médicos que nos recetan os fármacos, terán que ser tamén xestores económicos da Administración? Si é así, ¿qué priorizarán os médicos, a miña saúde ou  o aforro económico para a Administración? ¿Cánto custarán eses sistemas de apoio á prescripción que recollerán a información dos precios seleccionados?, ¿Cal é a diferencia económica entre este sistema e o anterior?, ¿Cántos cartos se pretenden aforrar?

(…..)

«Artículo 85 ter. Exclusión de la prestación farmacéutica de medicamentos y productos sanitarios.

(….)
2. La motivación de la exclusión responderá a alguno de los siguientes criterios:
e) Por estar indicados en el tratamiento de síntomas menores.
Sres gobernantes, gostaríame saber a qué se refiren con “síntomas menores”. Si me pregunta porqué o quero saber, é moi sinxelo. Por exemplo, unha dor de cabeza  para algunha persoa,  sexa médico ou non, pode ser considerado coma un síntoma menor. Nembargantes para outra,  pode convertirse,  si este permanece de forma continuada, nun síntoma discapacitante. Algunhas persoas e profesionais entendemos que tanto o concepto saúde coma o concepto de enfermidade, hai que miralo dende un  sentido holístico.
Tres. Se añade un nuevo artículo 8 ter, que tendrá la siguiente redacción:
«Artículo 8 ter. Cartera común suplementaria del Sistema Nacional de Salud.
1.           La cartera común suplementaria del Sistema Nacional de Salud incluye todas aquellas prestaciones cuya provisión se realiza mediante dispensación ambulatoria y están sujetas a aportación del usuario.

2. Esta cartera común suplementaria del Sistema Nacional de Salud incluirá las siguientes prestaciones:
a) Prestación farmacéutica.
b) Prestación ortoprotésica.
Os pensionistas, os mozos e mozas de mais de 26 anos e que non dispoñan de ingresos, as persoas inmigrantes en situación administrativa irregular, as persoas sen recursos terán que endebedarse se: rompen unha cadeira e lles teñen que poñer prótese, se necesitan unha cadeira de rodas, etc, etc. Creo que hai que contalo todo Sres gobernantes. Todo, todo.
c) Prestación con productos dietéticos.
O meu amigo Juan (digo Juan porque se digo o seu nome eu si vulneraría a lei de protección de datos de carácter persoal coa correspondente sanción) cobra unha PNC (pensión non contributiva), cobra pouco mais de 300 euros, vive só, ten VIH e non pesa máis de 45 kg. Necesita uns suplementos vitamínicos para poder restablecer a súa saúde, como parte do seu tratamento. A condición destes complementos coma productos dietéticos polos que ten que pagar da súa mísera pensión de pouco mais de 300 euros, o condena a decidir entre tomar estes suplementos e mellorar a súa saúde e  non pagar a súa habitación onde durme. Entendo que pensáchedes nestes casos, non si?
3. También gozará de esta consideración el transporte sanitario no urgente, sujeto a prescripción facultativa, por razones clínicas y con un nivel de aportación del usuario acorde al determinado para la prestación farmacéutica.
As viaxes en ambulancia a rehabilitacións, ás diálises, ás quimioterapias, etc.  son considerados como transportes non urxentes.  Tendo en conta que as persoa que acuden a recibir estes tratamentos teñen que aboar unha parte dos desplazamentos non urxentes (sen límite de viaxes e de pagos),  non poden traballar,  e polo tanto os seus ingresos poden ser precarios, cómo pretendedes que melloren a súa saúde? Silvando?

4. Para las prestaciones previstas en el apartado 2 de este artículo, a excepción de la prestación farmacéutica que se regirá por su normativa, se aprobarán por Orden de la persona titular del Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, previo acuerdo del Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud, a propuesta de la Comisión de prestaciones, aseguramiento y financiación, la actualización del catálogo de prestaciones, los importes máximos de financiación y los coeficientes de corrección a aplicar para determinar la facturación definitiva a los servicios autonómicos de salud por parte de los proveedores, que tendrá la consideración de precio final.


5. El porcentaje de aportación del usuario se regirá por las mismas normas que regulan la prestación farmacéutica, tomando como base de cálculo para ello el precio final del producto y sin que se aplique ningún límite de cuantía a esta aportación.»

«Artículo 94 bis. Aportación de los beneficiarios en la prestación farmacéutica ambulatoria.
(….)
3.    La aportación del usuario se efectuará en el momento de la dispensación del medicamento o producto sanitario.

Si unha persoa traballadora ou non, atópase a fin de mes sen cartos (é moi habitual nestes tempos), e ten a desgracia de poñerse enferma,  non tendo cartos para aboar as súas mediciñas, ¿cómo se solventarían estas situacións,  que de momento son hipotéticas?
4.    La aportación del usuario será proporcional al nivel de renta que se actualizará, como máximo, anualmente.
Nestas aportacións dos usuarios tamén entrarían as persoas que se acollan á aministía fiscal? De ser así, só aboarían o 60 % das mediciñas?

6.    Con el fin de garantizar la continuidad de los tratamientos de carácter crónico y asegurar un alto nivel de equidad a los pacientes pensionistas con tratamientos de larga duración, los porcentajes generales estarán sujetos a topes máximos de aportación en los siguientes supuestos:
7.    (….)
Sres gobernantes, si os pensionistas que cobren menos de 18.000 euros anos pagarán como máximo 8 euros, os que perciban entre 18.000 e 100.000 euros, hasta un máximo de 18 euros, e os que perciban máis de 100.000 ate 60 euros, parécelles este sistema xusto? Quénes son os que maior probabilidades teñen de padecer enfermidades? A maior carga fiscal  sobre quén recae? 

9. El nivel de aportación de los mutualistas y clases pasivas de la Mutualidad General de Funcionarios Civiles del Estado, del Instituto Social de las Fuerzas Armadas y la Mutualidad General Judicial será del 30 %.»

Porqué este agravio comparativo dos funcionarios con respecto aos demáis traballadores e traballadoras? Porqué pagaría o mesmo un funcionario que percibe 1.000 euros/mes que outro que percibe 150.000/mes e máis? E xusto e equitatitativo este sistema?

«Artículo 94 ter. Protección de datos personales.

1.    El Instituto Nacional de la Seguridad Social podrá tratar los datos obrantes en los ficheros de las entidades gestoras y servicios comunes de la Seguridad Social y de las entidades que colaboran con las mismas que resulten imprescindibles para determinar la cuantía de la aportación de los beneficiarios en la prestación farmacéutica. Dicho tratamiento, que no requerirá el consentimiento del interesado, se someterá plenamente a lo dispuesto en la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de Protección de Datos de Carácter Personal, y sus disposiciones de desarrollo.

Son coñecedores de que se saltan a lei que garantizaba a protección dos datos de carácter persoal dos e das cidadás, non? Se abren vías que poden ter consecuencias impredecibles para a Democracia ao compartir os meus datos sen o meu consentemento. Se intercambiarán datos entre Administracións para “determinar la cuantía de la aportación de los beneficiarios en la prestación farmacéutica”. Como os datos relacionados coa saúde considéranse “especialmente sensibles”,  e tendo en conta que a Seguridade Social e Facenda, vertirán os meus datos con Sanidade, poderán estas administración (Seguridade Social, Facenda) e as entidades colaboradoras (ETTs) acceder aos meus datos de carácter persoal? O digo porque teño VIH, pronto me quedarei sen emprego, e teño recelo de que os datos da miña saúde circulen entre computadoras,  sen nengún tipo de control, se utilicen para outros fins, coma  por exemplo,  para contratar, ou mais ben para non facelo.
Prima, non nocere
Primum non nocere
( Lo primero es no hacer daño)
Carlos Varela

0 comentarios:

Publicar un comentario