Carlos Varela, Presidente da Asociación Lazos Pro
Solidariedade, en contestación ás declaracións realizadas a diferentes medios
de comunicación polo Sr. Alcalde de Ferrol, D. José Manuel Rey Varela, aludindo ao comunicado de apoio realizado
por máis de 30 entidades sociais da
cidade, que se solidarizaban coa
situación da nosa Asociación, quere manifestar o seguinte:
1.
A
Asociación Lazos Pro Solidariedade non desexa entrar en confrontación directa co goberno local, dado
que os obxectivos nas políticas sociais deberían ser comúns e a situación actual requiriría dunha
resposta coordinada e conxunta entre as Administracións Públicas e os axentes
sociais, entre os que se encontran as ONGs.
2.
Non
é certo que os criterios técnicos
motivaran a redución da partida presupostaria da Xunta de Galicia, no
ámbito do VIH. No Diario Oficial de Galicia (DOG) Nº 104, de venres 1 de Xuño de 2012, e na súa
páxina 21235 (esta información é pública),
pódese comprobar tanto a resolución dos subsidios, como que o proxecto
presentado pola nosa entidade, ten a
segunda mellor puntuación técnica
(719), de entre 31 proxectos presentados, e de outras tantas entidades
galegas. A redución da Xunta de Galicia
neste ámbito, obedece á redución da
partida económica destinada a proxectos
de investigación/acción no ámbito do VIH e aos criterios de reparto dos
subsidios, contemplados nas bases. É dicir, a redución de axudas públicas desta
Administración autonómica, débese a que se reduciu a partida con respecto a
anos anteriores , e non a criterios técnicos.
3.
A
entidade non reclama 7.000 € ao Concello de Ferrol. A entidade insta e
solicita ao Concello de Ferrol, a que se
faga cargo na súa totalidade o en parte,
da partida que necesita a organización
para continuar ofrecendo os servizos que viña prestando, e nas mesmas
condicións nas que se viñan realizando ata agora.
4.
Nos
catro últimos exercicios, a entidade recibiu por parte do Concello de
Ferrol, importes superiores a 3.000 euros anuais por diferentes conceptos. Foran estes, como
premio, como subsidio, como convenio o como prestación de servizos. Si algunha
destas axudas recibidas ten
consideración de “excepcionais”, do
mesmo xeito pódese considerar a situación que está a vivir un sector da
poboación, que é atendida na nosa
entidade. A poboación máis vulnerable
e, polo tanto, a que máis
recursos e protección social necesita.
5.
Respecto
ao abono do aluguer do local da
organización, por parte do Concello de Ferrol, obedece a un acordo da anterior
corporación municipal, formalizado no 2010, e ratificado polo actual goberno
local. A primeira demanda dun local municipal,
por parte da nosa entidade, data do ano 2003, motivada polas condicións
nas que se encontraba a anterior sede, e porque as instalacións no contaban co
espazo suficiente para o desenvolvemento normal das nosas actividades. A nosa entidade mostrou en todo momento a súa
preferencia polo uso de locais públicos, o que non puido ser posible, por non
existir entón, nin agora, un censo de locais de titularidade municipal.
6.
A
entidade no afirmou en ningún momento que o Sr Rey Varela, negara
sistematicamente as reunións coa nosa asociación. A entidade declara que as
solicitudes de reunión co actual rexedor,
presentadas segundo a lexislación vixente, non foron atendidas, ata este
momento.
7.
A estes medios de comunicación, tamén Dña. Rosa Martínez Beceiro, afirma que
a nosa entidade debe “adaptarse e priorizar”.
Ao respecto non podemos estar máis en desacordo con esta afirmación. A
nosa entidade leva adaptándose e priorizando desde a súa fundación.
A
Asociación Lazos, como moitas outras, ven desenvolvendo sempre os programas,
proxectos, servizos e actividades con
orzamentos e recursos moi por debaixo do
que sería recomendable, técnica e economicamente falando. Como exemplo, podemos destacar que no ano
2011, a entidade non desenvolveu un proxecto de prevención do VIH, de apoio
social e de achegamento a persoas usuarias de drogas inxectables que permanecen
desvinculadas da rede normalizada de recursos, en contextos de consumo. Este
proxecto, era o único da zona destas
características, e no que se interviña cunha poboación totalmente desprotexida,
tanto desde o nivel da prevención da
saúde, como desde o punto de vista social (poboación oculta). A entidade tamén
deixou de ofertar o servizo de Traballos en Beneficio da Comunidade, como
alternativa á prisión, desde xuño do presente ano. Este servizo-programa, desde
os seus inicios (2006), non contou con financiamento algún, a pesar de que a entidade ten sido pioneira
na nosa cidade en ofrecer este servizo, de ser premiado como proxecto solidario
Concello de Ferrol, no ano 2009 e onde a demanda é moi superior á oferta de
centros e prazas destinados a tal fin. E así tantos outros programas,
proxectos, servizos e actividades que se están deixando de realizar para
priorizar e optimizar os recursos existentes que, como dicía anteriormente,
sempre foron mínimos.
Son ás prioridades, ás que lle
quero dedicar as últimas palabras:
Cando falamos de priorizar,
hai que ter extremo coidado, pois podemos correr o risco de que priorizando
xeremos máis brecha na desigualdade.
As situacións dramáticas que
se están producindo necesitan que a aposta das Administracións Públicas, especialmente na área dos Servizos
Sociais, sea firme e dispoña da máis ampla
cobertura. Ademais, esta aposta debería contar e desenvolver un plan estratéxico con obxectivos e indicadores
avaliábeis, de forma que se poda coñecer o impacto de dito plan a curto, medio
e longo prazo, para modificar, mellorar ou cambiar as políticas, si fose
necesario.
En canto a este exercicio,
descoñecemos si se firmaron ou non, os
convenios entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol, na área de
drogodependencias. O convenio entre estas
administracións, a través da FEGAMP,
podería posibilitar un acordo de colaboración entre a nosa entidade e o
Concello neste ámbito, que implicaría o
mantemento e continuidade de todos os servizos que viña prestando a entidade.
Por último, volver a mencionar
que a entidade necesita uns 12.000 euros, ata final de ano, para poder
continuar cos programas, proxectos e servizos que viñamos desenvolvendo ate
agora.
Enlace ás novas que motivan esta declaración:
Diario de Ferrol: O goberno Local defende as súas políticas sociais
Cope Ferrol:
Enlace ás novas que motivan esta declaración:
Diario de Ferrol: O goberno Local defende as súas políticas sociais
Cope Ferrol:
1 comentarios:
Este PP de Ferrol merece unha mención especial no capítulo de ACABAR CON TODO. Van en cabeza. JM, recibirá unha recompensa de Freijolito, pronto.
Publicar un comentario