lunes, agosto 27, 2012

Carlos Varela contestando ás declaracións do alcalde de Ferrol


Carlos Varela, Presidente da Asociación Lazos Pro Solidariedade, en contestación ás declaracións realizadas a diferentes medios de comunicación polo Sr. Alcalde de Ferrol, D. José Manuel Rey Varela,   aludindo ao comunicado de apoio realizado por máis de 30 entidades  sociais da cidade, que se solidarizaban  coa situación da nosa Asociación, quere manifestar o seguinte:

1.    A Asociación Lazos Pro Solidariedade non desexa entrar en  confrontación directa co goberno local, dado que os obxectivos nas políticas sociais deberían ser comúns  e a situación actual requiriría dunha resposta coordinada e conxunta entre as Administracións Públicas e os axentes sociais, entre os que se encontran as ONGs.

2.    Non é certo que os criterios técnicos  motivaran a redución da partida presupostaria da Xunta de Galicia, no ámbito do VIH. No Diario Oficial de Galicia (DOG)  Nº 104, de venres 1 de Xuño de 2012, e na súa páxina 21235 (esta información é pública),  pódese comprobar tanto a resolución dos subsidios, como que o proxecto presentado pola nosa entidade, ten a  segunda mellor puntuación técnica  (719), de entre 31 proxectos presentados, e de outras tantas entidades galegas. A  redución da Xunta de Galicia neste ámbito,  obedece á redución da partida económica  destinada a proxectos de investigación/acción no ámbito do VIH e aos criterios de reparto dos subsidios, contemplados nas bases. É dicir, a redución de axudas públicas desta Administración autonómica, débese a que se reduciu a partida con respecto a anos anteriores , e non a criterios técnicos.

3.    A entidade non reclama 7.000 € ao Concello de Ferrol. A entidade insta e solicita  ao Concello de Ferrol, a que se faga cargo na súa  totalidade o en parte, da  partida que necesita a organización para continuar ofrecendo os servizos que viña prestando, e nas mesmas condicións nas que se viñan realizando ata agora.

4.    Nos catro últimos exercicios, a entidade recibiu por parte do Concello de Ferrol,  importes superiores a  3.000 euros anuais  por diferentes conceptos. Foran estes, como premio, como subsidio, como convenio o como prestación de servizos. Si algunha destas axudas recibidas  ten consideración de “excepcionais”,  do mesmo xeito pódese considerar a situación que está a vivir un sector da poboación,  que é atendida na nosa entidade.  A poboación máis vulnerable e,  polo tanto,  a que máis  recursos e protección social necesita. 

5.    Respecto ao abono do aluguer  do local da organización, por parte do Concello de Ferrol, obedece a un acordo da anterior corporación municipal, formalizado no 2010, e ratificado polo actual goberno local. A primeira demanda dun local municipal,  por parte da nosa entidade, data do ano 2003, motivada polas condicións nas que se encontraba a anterior sede, e porque as instalacións no contaban co espazo suficiente para o desenvolvemento normal das nosas actividades.  A nosa entidade mostrou en todo momento a súa preferencia polo uso de locais públicos, o que non puido ser posible, por non existir entón, nin agora, un censo de locais de titularidade municipal.

6.    A entidade no afirmou en ningún momento que o Sr Rey Varela, negara sistematicamente as reunións coa nosa asociación. A entidade declara que as solicitudes de reunión co actual rexedor,  presentadas segundo a lexislación vixente, non foron atendidas, ata este momento.

7.    A  estes medios de comunicación,  tamén Dña. Rosa Martínez Beceiro, afirma que a nosa entidade debe “adaptarse e priorizar”.  Ao respecto non podemos estar máis en desacordo con esta afirmación. A nosa entidade leva adaptándose e priorizando desde a súa fundación. 

A Asociación Lazos, como moitas outras, ven desenvolvendo sempre os programas, proxectos, servizos  e actividades con orzamentos  e recursos moi por debaixo do que sería recomendable, técnica e economicamente falando.  Como exemplo, podemos destacar que no ano 2011, a entidade non desenvolveu un proxecto de prevención do VIH, de apoio social e de achegamento a persoas usuarias de drogas inxectables que permanecen desvinculadas da rede normalizada de recursos, en contextos de consumo. Este proxecto,  era o único da zona destas características, e no que se interviña cunha poboación totalmente desprotexida, tanto desde o nivel da prevención  da saúde, como desde o punto de vista social (poboación oculta). A entidade tamén deixou de ofertar o servizo de Traballos en Beneficio da Comunidade, como alternativa á prisión, desde xuño do presente ano. Este servizo-programa, desde os seus inicios (2006), non contou con financiamento algún,  a pesar de que a entidade ten sido pioneira na nosa cidade en ofrecer este servizo, de ser premiado como proxecto solidario Concello de Ferrol, no ano 2009 e onde a demanda é moi superior á oferta de centros e prazas destinados a tal fin. E así tantos outros programas, proxectos, servizos e actividades que se están deixando de realizar para priorizar e optimizar os recursos existentes que, como dicía anteriormente, sempre foron mínimos.

Son ás prioridades, ás que lle quero dedicar as últimas palabras:

Cando falamos de priorizar, hai que ter extremo coidado, pois podemos correr o risco de que priorizando xeremos máis  brecha na desigualdade. 

As situacións dramáticas que se están producindo necesitan que a aposta das Administracións Públicas,  especialmente na área dos Servizos Sociais,  sea firme e dispoña da máis ampla cobertura. Ademais, esta aposta debería contar e desenvolver un  plan estratéxico con obxectivos e indicadores avaliábeis, de forma que se poda coñecer o impacto de dito plan a curto, medio e longo prazo, para modificar, mellorar ou cambiar as políticas, si fose necesario.

En canto a este exercicio, descoñecemos si se firmaron ou non,  os convenios entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol, na área de drogodependencias. O convenio  entre estas administracións, a través da FEGAMP,  podería posibilitar un acordo de colaboración entre a nosa entidade e o Concello neste ámbito, que implicaría  o mantemento e continuidade de todos os servizos que viña prestando a entidade.

Por último, volver a mencionar que a entidade necesita uns 12.000 euros, ata final de ano, para poder continuar cos programas, proxectos e servizos que viñamos desenvolvendo ate agora.

Enlace ás novas que motivan esta declaración: 

Diario de Ferrol: O goberno Local defende as súas políticas sociais

Cope Ferrol:  

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Este PP de Ferrol merece unha mención especial no capítulo de ACABAR CON TODO. Van en cabeza. JM, recibirá unha recompensa de Freijolito, pronto.

Publicar un comentario