O día 1 de decembro do 2012, estaremos cunha mesa informativa na rúa Real de Ferrol entre as 11.00 e as 14.00 horas. Podedes pasarvos e colaborar coa nosa entidade.
COMUNICADO DE LAZOS CO
GALLO DO 1 DE DECEMBRO,
DÍA
MUNDIAL DE RESPOSTA CONTRA A SIDA
Neste
intre cúmprense 31 anos dende
a publicación dos primeiros casos de sida. Máis de tres décadas de
resposta contra unha pandemia que arrebatou a vida de moitas
persoas e que, desafortunadamente, segue levándose a vida de
moitas máis.
Epidemioloxía
Actualmente
en España viven entre 130.000 e 150.000 persoas infectadas polo VIH,
das que aproximadamente un terzo, o descoñecen. O acceso ao
diagnóstico precoz convírtese nunha das prioridades da loita
contra a Sida.
No
contexto galego, cabe salientar o aumento das infeccións en homes
que teñen sexo con outros homes, destacando os que se atopan entre
15 e 24 anos, que supoñen máis do 21 % das novas infecións. Tamén
é preocupante o aumento de casos na nosa provincia, volvendo aos
mesmo número de casos que no pasado 2005. No ano 2011 os novos
diagnósticos na Coruña supuxeron o 54 % (100 casos) das novas
infeccións de todo Galicia . No caso das mulleres nos dous últimos
anos, a tendencia é ascendente, o que pode aumentar a brecha nas
desigualdades que sufre este colectivo.
Relación
coste –eficacia da prevención
A
prevención é a estratexia más barata e eficaz para frenar diminuir
as novas infeccións por VIH. Polo contrario, as entidades que
traballamos neste eido, nos atopamos cunha reducción orzamentaria
que merma a nosa capacidade de actuación. A sociedade debe saber que
as entidades que traballamos na prevención do VIH, non temos
homólogo, nin público, nin privado e, polo tanto, a prevención
podría desaparecer. Neste intre se necesita un maior compromiso
político e económico, coa resposta contra o VIH e a Sida.
O
aceso ao emprego nas persoas con VIH
No
que se refire ao acceso ao mercado laboral das persoas con VIH, o
estigma e discriminación, xunto ás desigualdades no ámbito da
saúde, actúan como facotres determinantes para a inclusión social
do colectivo . Os poucos estudios existentes, sobre o acceso ao
mercado laboral das persoas con VIH, falan dun nivel de desemprego
superior ao 70%, o que triplica as taxas da poboación xeral. Isto
evidencia que o mercado laboral, e as ofertas de emprego, non se
adaptan ás necesidades do colectivo de persoas con VIH. As
administracións públicas con competencias neste eido, non poden
permanecer mirando cara a outro lado.
Estigma
e discriminación
Segundo
un estudo recente realizado na pobación española, acredítase que
1/3 das persoas enquisadas non traballarían nin convivirían cunha
persoa con VIH.
O
acceso aos seguros privados de vida, de saúde e de viaxe, é negado
ás persoas seropositivas. Éstas, non poden acceder a unha hipoteca
porque se lles imposibilita contratar un seguro de vida; requisito
indispensable para acceder aos prestamos hipotecarios. Estes
comportamentos só se poden explicar dende a desinformación, dende
a usura, ou dende a discriminación cara o colectivo das persoas con
VIH. Dito de outra forma, trátase dunha vulneración de dereitos
humanos. Isto non é entendible polas organizacións de afectados
dado que a experanza de vida das persoas con VIH, está practicamente
equiparada á da poboación xeral.
Eficacia
dos tratamentos e reformas sanitarias
Actualmente,
e no noso contexto, contamos con tratamentos antirretrovirais
eficaces, que logran aumentar a esperanza de vida e mellora-la súa
calidade, nas persoas con VIH. Estes tratamentos tamén actúan
como elemento fundamental na prevención de novas infeccións,
reducindo a capacidade infectiva da persoa infectada a tratamento
nun 96%.
A
reforma sanitaria aplicada polo actual goberno, racha coa asistencia
sanitaria universal, pública e gratuita. Nesta reforma, déixase
fora ás persoas inmigrantes en situación administrativa irregular,
contradecindo así tratados internacionales asinados polo Estado
Español. Este escenario que se nos apresenta, propiciará un aumento
nas infeccións por VIH e outras enfermidades, e un altísimo coste
en termos humanos i económicos.
Non
nos queremos olvidar das persoas con VIH que se atopan na cadea.
Éstas, non poden acceder a algúns tratamentos e prestacións
sanitarias.
A
resposta á infección polo VIH e a Sida, non pode ser obxeto de
recortes orzamentarios. Necesitamos do compromiso de todos e todas ,
porque
“todavía hai enfermedades que non se manifestan na pel nin no
rostro. Hai enfermedades que a sociedade manten a modo de frontera ou
muralla. O VIH é máis que unha enfermidade que se cola pola
sangue. É un gueto de soedade enxendrada por unha sociedade
indolente, muda e paralizada.
-
RECORTES + DEREITOS
Ferrol,
a 30 de Novembro do 2012
Xornada do 5 de decembro no centro cívico de Caranza. Avda Castelao s/n A entrada é de balde
0 comentarios:
Publicar un comentario