COMUNICADO DE LAZOS CO GALLO DO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS
A Asociación Lazos Pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrol co gallo do día internacional dos DEREITOS HUMANOS, Manifesta o seu posicionamiento en defensa da Sanidade Pública, Universal e gratuita.
A Sanidade a queremos Universal, por principio de equidade , a queremos pública, porque desta forma é de todas e de todos nós, e a queremos gratuita porque desta forma garantimos a igualdade e a xustiza social sobre as persoas que dispoñen de menos recursos.
Co debandito Real Decreto Lei 16/2012 se fecha a porta desta Sanidade Pública Universal e gratuita, permitindo a denegación de acceso á sanidade a colectivos de persoas que non cumplen as condicións de aseguradas ou beneficiarias. Ademáis, introdúcese o copagamento eo repagamento de prestacións, que ate o de agora non supoñían custo para os e as usuarias da sanidade. Dende este momento moitas persoas se ven na tesitura de ter que elixir entre cubrir as súas necesidades básicas ou coidar da súa saúde. Un darwinismo social que favorecerá aos de sempre, aos que máis teñen.
Tamén mediante este Real Decreto Lei, se exclúe ás persoas inmigrantes en situación administrativa irregular, abocándoas á enfermidade, e nalgúns casos, á morte. Non podemos pretender que a xente foránea se integre se non conta con saúde para facelo. Non é xusto, pedirlles integración, sen saúde.
No día dos dereitos humanos non podemos olvidarnos das persoas presas, onde o imperativo económico lles priva de recibir as mesmas prestacións sanitarias e os mesmos tratamentos, que as persoas que se atopan en liberdade. Os dereitos humanos deben de garantirse tamén dentro dos muros das cadeas.
Non queremos olvidarnos neste día, de David Reboredo, inxustamente encarcelado por ser vítima da drogodependencia. Dende aquí, nos solidarizamos con David, e facemos extensiva a súa petición de indulto. O queremos na rúa, defendendo os seus dereitos, porque son os nosos.
Por último, facemos nosas ás reivindicacións da Marcha Mundial das Mulleres e do Foro Galego de Inmigración e esiximos unha vez máis MENOS RECORTES, MÁIS DEREITOS
lunes, diciembre 10, 2012
Comunicado da Asociación lazos Pro Solidariedade co gallo do Día Internacional dos Dereitos Humanos
Etiquetas:
ACTIVIDADES,
ACTUALIDAD 2012,
DERECHOS HUMANOS,
NOSOTROS/AS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario