lunes, diciembre 17, 2012

Novo itinerario formativo do proxecto “Ferrol punto de emprego II” Operacións básicas de cociña



O proxecto “Ferrol punto de emprego II” do Concello de Ferrol abrirá o día 17 de decembro de 2012, a convocatoria pública para inscribirse no itinerario formativo “Operacións básicas de cociña”. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 11 de xaneiro de 2013

Destinatarios/as:
  • Persoas inscritas como desempregadas no Servizo Público de Emprego de Galicia, empadroadas no Concello de Ferrol.
  • Pertencer a algún dos seguintes colectivos
- Persoas menores de 30 anos
- Persoas maiores de 45 anos
- Parados de longa duración (inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia cunha antigüidade superior a 12 meses)

Obxectivo:
Capacitar ao alumnado para a preparación e presentación de elaboracións culinarias sinxelas, así como para asistir na preparación de elaboracións mais complexas, executando e aplicando operacións, técnicas e normas básicas de manipulación, preparación e conservación de alimentos.

Requisitos de formación
: Posuír calquera das seguintes titulacións:
  • Graduado Escolar ou equivalente
  • Graduado en ESO
Prazo de presentación de solicitudes: do 17 de decembro de 2012 ata o 11 de xaneiro de 2013.
Lugar e horario de presentación das solicitudes: Centro de Emprego do Concello de Ferrol, de 09:00 a 14:00 horas.
Documentación:
  • Copia DNI ou NIE
  • Copia actualizada da Tarxeta de Demandante de Emprego
  • Volante de empadroamento expedido pola Oficina de Estatística do Concello de Ferrol
  • Informe dos períodos de inscrición emitido pola Oficina de Emprego Ferrol-Centro
  • Copia da titulación requirida
  • Curriculum vitae

Información: Centro de Emprego-Concello de Ferrol, Rúa Sagrada Familia número 56. 15405 Ferrol. Teléfono: 981944195. www.ferrol.es/emprego
O itinerario formativo ten unha duración total de 480 horas e contempla un módulo de formación específica, un módulo de práctica profesional titorizada en empresa, módulos de formación transversal-complementaria e titorías individualizadas durante todas as fases do itinerario.
O proxecto do Concello de Ferrol “Ferrol punto de emprego II”, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), ten como obxectivo proporcionar ás persoas beneficiarias unha cualificación profesional que lles permita acceder con mellores condicións de empregabilidade ao mercado laboral

0 comentarios:

Publicar un comentario