viernes, febrero 15, 2013

Comunicado denuncia dos traballadores e traballadoras de ASFEDRO

  • A Asociación Ferrolá de drogodependencias, ASFEDRO, é a única que desenvolve esta actividade en toda a área Sanitaria de Ferrol Terra.
  • A situación económica límite, que está a atravesar  ASFEDRO,   pode paralizar a atención psicosocial de mais de mil persoas con trastornos por condutas aditivas.
Os traballadores e traballadoras de ASFEDRO  convocan aos medios co fin de dar a coñecer  a toda a cidadanía, a difícil situación que está a atravesar.

Queremos denunciar o deterioro dos servizos que estamos a prestar,  dende as diferentes áreas da entidade. Ademáis, a deficitaria situación económica, repercute negativamente na actividade diaria da entidade e, sobre todo, na calidade da atención aos usuarios e ás usuarias.

Actualmente ASFEDRO ten problemas de liquidez, e mesmo os traballadores e traballadoras, levan 3 meses sen cobrar. A esto súmase que a entidade NovaGalicia Banco,  coa que tiñamos aberta unha liña de crédito, non renova a póliza de crédito vencida dende o mes de novembro pasado. Tamén neste senso, non temos asinado o convenio anual coa Xunta de Galicia, que corresponde ao exercizo de decembro do 2012 a novembro do 2013. Ista situación, a pesares da nosa disposición, nos xenera incertidume.

Esta coxuntura, repercute diretamente na calidade da atención cara os usuarios e as usuarias por mor da redución do horario de atención ao público (co peche da unidade asistencial nas tardes), pola dilatación no tempo á hora de dalas citas (mesmo a semanas vista), polas baixas laborais que non se cobren (algunhas de longa duración). Estas circunstancias vense agravadas na Comunidade Terapéutica, ao ter que cubrir as 24 horas do día, con dispositivos minguados de profesionais. En definitiva, menos persoal e menos tempo dedicado, coa mesma carga asistencial.

Un servizo como o que presta ASFEDRO, non se pode medir unicamente dende unha perspectiva económica. Cando se traballa con persoas, o benestar da comunidade e a atención sanitaria e sociosanitaria debería de estar garantida. É dicir, os recortes que estamos a sufrir no eido das drogodependencias, afectan a toda a comunidade e precarizan a xustiza sucial. 

Finalmente, instamos a toda a cidadanía i, en particular, aos Concellos da Comarca e á Consellería de Sanidade a que garanticen a continuidade dos servizos adatados ás necesidades actuais.

NON AOS RECORTES EN DROGODEPENDENCIAS!
NON AOS RECORTES EN SANIDADE!
NON Á PRECARIZACIÓN DO SERVIZO!
SÍ, A XUSTIZA SOCIAL!


                         Persoal de ASFEDRO facendo un paro de 30 minutos o 15/02/2013

 
Juan Santalla López. Traballador de Asfedro e delegado sindical

ASFEDRO é a Asociación Ferrolá de drogodependencias que xestiona toda a atención psicosocial e residencial das persoas con trastornos aditivos da área sanitaria de Ferrol 

 
Apoio e solidariedade con ASFEDRO da Asociación Lazos Pro Solidariedade-comité Antisida de Ferrol.

Ferrol, 15 de Febreiro do 2013.

  • A Asociación Lazos Pro Solidariedade-Comité Antisida de Ferrol denuncia que tanto ASFEDRO coma a nosa entidade non teñen homólogos nin públicos nin privados que presten atención no caso de paralizarse os seus servizos
  • Carlos Varela, Presidente da Asociación Lazos sostiene que non se pode deixar sen cobertura asistencial aos máis de 1000 usuarios e usuarias que acoden regularmente a ASFEDRO
Moitos dos usuarios e usuarias de ASFEDRO son, ademáis, usuarios de Lazos. Estes, manifestan a súa inquedanza sobre que vai suceder se ASFEDRO pecha. Carlos Varela salienta “Un servizo de atención ás condutas aditivas, como o é ASFEDRO, non pode ser vítima de recortes continuos”.

O Comité Antisida de Ferrol, quere manifestar o seu apoio e solidariedade aos usuarios e usuarias de ASFEDRO, aos traballadores e traballadoras da entidade e insta ás Adminsitracións Públicas a que restablezan os orzamentos, de tal xeito que se garantice o normal funcionamiento da entidade Ferrolá. Ademáis, que salientar que, si ASFEDRO deixa de atender aos máis de 1000 usuarios e usuarias que acoden regularmente, estas persoas quedarán sen asistencia sicosocial, xa que nin ASFEDRO nin Lazos contan con Homólogo, nin público nin privado.

Asdo. A Xunta Diretiva de LAZOS

A Asociación Lazos Pro Solidariedade. Ë unha entidade sen ánimo de lucro que aborda, dende unha perspectiva multidisciplinar, as necesidades das persoas con VIH e traballa para a prevención e o diagnóstico precoz desta infección, dende 1995.

Para xestión de entrevistas: ASFEDRO: 981350777

Carlos Varela- Asociación Lazos Pro Solidariedade-Comité Antisida de Ferrol- 698147975

0 comentarios:

Publicar un comentario