CHAMAMOS a toda a cidadanía a participar na concentración convocada polo Concello de Narón para o domingo día 17 de febreiro ás 12 h na Praza de Galicia.
- Pola Defensa dunha Sanidade Pública, Gratuíta e Universal, para todos por igual
- Pola construción dos Centros de Saúde comprometidos: Narón, Ares, A Capela e Cedeira, así como a ampliación do Fontenla Maristany e a reapertura do Consultorio da Graña.
- Derogación do decreto do transporte sanitario.
- Derogación do decreto que deixa sen asistencia sanitaria aos inmigrantes en situación irregular.
- Modificación orzamentaria precisa para dotar ao Hospital Naval das melloras necesarias para o seu funcionamento ao 100%.
- Dotar ao Hospital Novoa Santos de contido asistencial pleno.
- Construción dun Centro de Referencia de Enfermidades Profesionais na Área Sanitaria de Ferrol.
- Recuperación do Plano de Mellora da Atención Primaria.
- Posta en funcionamento do
Plano de Saúde Mental e Drogodependencia.
Facemos
un chamamento a que toda a cidadanía acuda á concentración con
BATAS BRANCAS, especialmente os/as traballadores/as da Sanidade
Pública, ou roupa branca como no conxunto do Estado.
Non
a privatización da Sanidade Pública.
ACUDE
O DOMINGO
DÍA 17 DE FEBREIRO
Á PRAZA DE GALICIA EN NARÓN
Blog da plataforma en defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol: Premar nesta ligazón PDSPF
0 comentarios:
Publicar un comentario