domingo, diciembre 19, 2010

ACTIVIDADES PROXECTO DE ACHEGAMENTO (outreach) Á REDUCCIÓN DO DANO E FORMACIÓN (2010)

MEMORIA DE ACTIVIDADES

Proxecto: “ Achegamento  (outreach) á redución do dano en UDVP e formación ”. Subvencionado pola Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia) no periodo 2010.

A Asociación LAZOS Pro Solidariedade, coñecida popularmente coma o Comité anti-sida de Ferrolterra, é una Asociación sen ánimo de lucro de afectados polo VIH e/ou as drogas e profesionais. Fúndase no ano 1995 e dende entón ate agora desnevolve proxectos, programas e outras actividades que están dirixidas cara a Prevención do VIH e outras ITS, a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas pola VIH, a loitar contra o estigma e a Discriminación cara as persoas afectadas e a Formar a profesionais, voluntarios e outras persoas co fin de  melllorar o coñecemento sobre o VIH e a problemática das persoas que viven coa enfermidade.
Os proxectos  desenvolvidos pola Asociación LAZOS PRO SOLIDARIEDADE, perante o exercicio 2010 foron:
Þ     Traballos en Beneficio da Comunidade. Unha alternativa á cadea. Actualmente sen financiación,sin embargo síguese desenvolvendo. Obxectivo: Ofrecer alternativas socioeducativas ás persoas usuarias de drogas condenadas a penas  sustitutorias de prisión, segundo a lexislación vixente.
Þ     Café calor en rede. Proxecto de baixa esixencia para persoas usuarias i exusuarias de drogas, sen recursos e que non son adherentes ós servicios sociosanitarios da zona. Obxectivo: Cubrir necesidades básicas de alimentación e hixiene, ofrecer un espazo de referencia semirresidencial , e servir de enlace ponte entre a nosa Asociación e os demáis recursos sociosanitarios. Este proxecto conta coa colaboración da Deputación da Coruña. Continúa na actualidade.
Þ     Oficinas virtuais. Proxecto de Incorporación laboral dirixido as persoas seropositivas subvencionado polo Ministerio de Sanidad e política social con cargo ó IRPF, a través de CESIDA (Coordinadora Estatal de VIH/SIDA).  O Obxectivo é Fomentar a integración sociolaboral das persoas con VIH que se encuentren con dificultades para elo.
Þ    Achegamento (outreach) á redución do dano en UDVP e formación: Proxecto dirixido a persoas usuarias de drogas en activo que ten coma obxectivo previr novas infeccións producidas polo VIH a través da metodoloxía da reducción do dano en medio aberto.. Subvencionado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Þ    Faite a proba. Proxecto dirixido a persoas que tiveron prácticas de risco, respecto ó VIH. O onxectivo deste proxecto é detectar novas infeccións producidas polo VIH. Este proxecto está subvencionado pola Conselllería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Þ    Prevención de riscos e redución de danos en UDI.  Lazos 2010. Proxecto de formación dirixido a persoas usuarias de drogas en activo. Obxectivo: Prevenir novas infeccións e reinfeccións por VIH e hepatitis nos usuarios de drogas a través da formación na reducción de danos e reducción de riscos asociados o consumo de sustancias. Subvencionado pola Conselllería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Þ    Previr e promocionar a saúde a través da educación por pares . Dirixido a persoas afectadas pola VIH. Obxectivo: Mellorar a calidade de vida das persoas que viven con VIH/SIDA. Subvencionado pola Conselllería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Þ    Sexo máis seguro . Proxecto dirixido a traballadoras e traballadores sexuais e persoas en xeral. Obxectivo: Previr novas infeccións producidas polo VIH e outras ITS. Subvencionado pola Conselllería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Þ    VIHVE con dereitos. Proxecto dirixido a persoas seropositivas ó VIH. Obxectivo: Minimizar o impacto do estigma e a Discriminación por parte da sociedade hacia ás persoas seropositivas.  Subvencionado pola Conselllería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Ademáis dos proxectos LAZOS e os seus profesionais participan en Xornadas, Congresos e seminarios, como formador/es, poñentes e coma receptores de formación. Asemade colabora con entidades locais, autonómicas e nacionais como entidade que asesora no ámbito do VIH e dos dereitos das persoas que viven coa enfermidade.

Este proxecto tivo que ser replanteado posto que non conseguiu o presuposto necesario para realizalo tal e cómo se solicitou ,  á Consellería de Sanidade
Localización: Os puntos visitados e identificados foron:

Þ     Casa de Sta. Mariña. Casa abandonada xa utilizada en anos anteriores polos usuarios de drogas. Segue nas mesmas condicións de insalubridade e ten alto risco de derrumbe. Esta ubicación encóntrase nas cercanías dos depósitos de auga de Sta. Mariña en Ferrol.
Þ     “Chaquetas”. Poboado chabolista coñecido por este nome polos/as usuarios/as. Non se intervén neste poboado porque a forma de acceso a este, é mediante coche e os/as usuarios/as non consumen nas inmediacións.
Þ     Cementerio. Existe unha caseta pouco frecuentada, na actualidade debido ás condicións nas que se atopa (A maleza cubre a entrada a esta caseta). A súa ubicación se atopa  nas cercanías do cementerio de Catabois-Ferrol.
Þ     Lavadero. Este espazo ubícase na parte baixa da carretera de San Pedro e tamén é pouco frecuentada na actualidade. Ë utilziada por usuarios/as de drogas que acuden en coche, aos poboados chabolistas das zonas de Catabois.-Ferrol.
Þ     Freixeiro. Esta ubicación é  idónea para establecer un punto estable  que sirve coma base operativa por ser a ubicación máis frecuentada polos usuarios/as. Está localizada nas inmediacións do poboado chabolista de Freixeiro.

Saídas  intervención en medio aberto (outreach):
Efectúanse  saídas para intervencións os días: 11 e 25 de xaneiro, 1,11e 19 de Febreiro, 3 e 10 de marzo, 6, 13 e 20 de abril, 10 e 17 de maio, 14, 21 e 28 de xuño e 5, 12 e 19 de xullo

Medios utilizados e ferramentas para a recollida, rexistro e información:
Utilízanse fichas de rexistro para contabilizar as persoas que acuden ó servizoe o material que levan ou intercambian, contenedores para o material contaminado, guantes, kits de inxección, ácido cítrico, preservativos masculinos e femininos, kits de sexo seguro, auga, alimentos (café, leite, cacao e galletas), tarxetas de contacto da Asociación, e 2 vehículos particulares para o desplazamento do persoal adscrito ó programa,  e do material a utilizar e recollido.
As intervencións que realízanse nas saídas a traballo de campo son:
  • -          Recollida de material contaminado
  • -          Intercambio e dispensación de material para a inxección de drogas (material contaminado por material esterilizado).
  • -          Dispensación de preservativos masculinos, femeninos e Kits de sexo seguro
  • -          Dispensación de toalliñas pre-inxección, gomas compresoras, ácido cítrico e papel aluminio
  • -          Información preventiva da  saúde mediante mensaxes saudables sobre VIH, reducción do dano e dos riscos asociados ó consumo das drogas, hepatite, Tuberculosis e sexo máis seguro.
  • -          Derivacións a outros programas de LAZOS ou de outros servizos e recursos e cursos de saúde.

Además das intervencións referidas se limpaban as zonas de material sucio e contaminado para diminuir a posibilidade de accidente ocasional por caída ou pinchazo, e se eliminaban os restos para impedir a reutilización de material contaminado. 







SEXO

EDAD

PIJ/SEX

INTERVENCIONES

Hombre
Mujer
< 18
18-25
25-40
+ 41
Trae
Trae Xeringas 

Lleva
Leva xeringas

Toallita
Cítrico
Compresor
Kits sexo
Condon F
Condón
Lubricante
Escucha
Información
Motivación
Red.Daño
C. Sexual
VIH/Hepatit
I.Psicológ
I. Social
I.Sanitaria
Derivación

HOMES

480

0
71
197
212
2526
2923
2028
307
64
223
0
593
17
74
45
74
126
12
36
3
0
0
14

MULLERES


67
0
8
49
10
350
502
484
78
14
56
36

8
14
16
14
23
9
9
1
0
0
5
TOTAL

547
0
79
246
222
2876
3425
2512
385
78
279
36
863
25
88
51
88
149
21
45
4
0
0
19
  RESUMO DOS DATOS DO PROXECTO
Definicións das intervencións de rúa:
Escoita. Denominanos que una intervención é escoita cando o/a usuario/a demanda atención cos profesionais ou voluntarios dalgún tema que non ten relación cos demáis asinados
Información. Denominamos información ás respostas que dan os profesionais ou vountarios/as da Asociación  ós/ás usuarios sobre recursos sociosanitarios.
Motivación. Denominanos motivación as intervencións que se fan de forma individual e teñen coma obxectivo acercar á rede asistencial ós/ás usuarios (por exemplo a tratamento pola drogodependencia ou á sanidade pública para o control da saúde).
Reducción do dano: Denominamos reducción do dano ós mensaxes lanzados polos profesionais ou voluntarios, ós usuarios, de cara a reducir ou eliminar o risco no consumo.
C.Sexual: denominamos que una intervención ten este calificativo cando se fala ou se lanzan mensaxes sobre sexo seguro co fin de reducir ou eliminar as prácticas de risco nas relación sexuais.
VIH/Hepatite: denominamos que una intervención ten este calificativo cando ase fala ou se lanzan mensaxes específicos sobre o VIH/sida ou as hepatites.
I psicolóxica. Denominamos que una intervención é psicolóxica cando ésta, a fai o psicólogo e ten que ver co estado de ánimo dalgún usuario.
I social. Unha intervención a denominamos coma social cando se nos plantexa  e se da resposta a algunha dúbida,  respecto a prestacións económicas e/ou sociais.
I sanitaria. Denomínase I Sanitaria cando se desinfecta unha ferida ou corte leve aos usuarios.
Derivación. Unha intervención denomínase coma derivación cando aos usuarios se lles deriva a outro servizo ou recurso (exemplo: proba rápida, ASFEDRO, cursos, etc.).


Comparativa dos resultados,  respecto os datos do ano 2009 en medio aberto:

Homes atendidos en medio aberto
Mulleres atendidas en medio aberto
Xeringas recollidas
Xeringas entregadas
Preservativos facilitados
Intervencións realizadas
2009
224
23
1367
1586
414
36
2010
480
67
2876
3425
908
420

Análise dos datos: Os resultados obtidos neste ano 2010 superan con creces calquera expectativa prevista. Unha posible explicación, pode ser que este ano contamos con maior número de persoas voluntarias, respecto a outros anos, o que posibilitaba facer máis intervencións cada día que se acudía a traballo de campo.
O material recollido-entregado e as persoas atendidas superan en máis do 200% os datos do ano anterior. No caso das intervencións superan o 1000 % respecto do ano 2009.
O 95 % do material recollido se fixo nas inmediacións do poboado de freixeiro e o 5 % restante na casa de Sta Mariña.
Non se rexitrou o repato de alimentos, sin embargo podemos afirmar observacionalmente que más do 75 % das persoas atendidas demandou este servizo. En acción futuras terase en conta pola cantidade de material que se dispensa.

Respecto das intervencións máis demandadas foron as que tiñan que ver co consumo inxectado, e máis concretamente sobre o consumo de menor risco por esta vía, seguido do uso de cítrico en contrapartida do uso de limón e a vinagre
As motivacións tamén supoñeron un alto nivel de demanda. Esta intervención se baseaba na motivación dos usuarios dirixida a acercalos a red asistencial, ben sanitaria ou ben a unidade de drogas.

Se fixeron un total de 14 derivacións das cales 3 persoas foron para cursos de saúde, 4 para o servizo de proba rápida da Asociación e outras 7 para ASFEDRO, para seguir un tratamento pola problemática de dependencia a opiáceos.

DA FORMACIÓN:
Esta parte do proxecto tamén tivo que ser replantexada pola escasa financiación que recibiu o proxecto, o que condicionou, tanto o contido, coma a duración dos obradoiros.
Este ano (2010) non se contabiliza o material de inxección recollido-entregado no local da Asociación para este programa.
Se fan 3 obradoiros  de saúde con datas 1, 2 e 3 de febrero (para os/as voluntarios/as), 2 e 3 de setembro do 2010, sobre consumo de menor risco o primeiro e sobre e prevención da VIH  e as Hepatites, o segunmdo obradoiro.


Obradoiro  para a formación dos/as voluntarios:
Selección: Se seleccionan e participan 6 persoas (4 homes e 2 mulleres), que tanto eles/as, coma o equipo do programa,  consideramos que debían  recibir formación previa á intervención.
A formación foi de contido  teórico, con dinámicas participativas de reforzo dos contidos.
Temáticas e valoracións da formación para os voluntarios-axentes de saúde:
sesión 1) Voluntariado social . Qué é o V.S., en qué consiste e qué función pode desenvolver un V S  lexislación que ampara os/as VV.SS., Metodoloxía da reducción do dano, qué é a R/D en qué se basea a R/D, mensaxes de saúde baseados na evidencia, accións que realizará o V S no proyecto, e problemáticas coñecidas nos consumidores por vía parenteral
Sesión2) VIH/sida, Hepatites virais e TB. Conceptos básicos, vías de transmisión, tratamentos e vacinas.
Sesión 3) Diferencia de xénero, desigualdade e vulnerabilidade de xénero, o Porqué da aplicación do xénero nas intervencións de rúa e acceso os recursos e servizos
Participación, contido e tempos do obradoiro: Os/as voluntarios/as que participaron neste obradoiro o fixeron por iniciativa propia o que favoreceu  a atención, a  participación e o desenvolvemento.
Os contidos se desenvolveron con normalidade axustándose ó plantexado de inicio, ó nivel dos/as usuarios/as, que foi alto e a metodoloxía pedagóxica plantexada. Estas sesións foron impartidas polo Médico D. Roberto Artabe nos temas referentes á saúde e polo Educadorda Asociación,  as outras partes.
Algúns dos/as voluntarios/as foron usuarios de drogas e actúan coma referentes positivos e modelos a repetir polos propios usuarios/as de drogas.
Obradoiros de Formación para os Usuarios/as do programa:
Selección e captación dos/as usuarios/as: O perfil dos/as asistentes é o de usuario de drogas por vía inxectada. Os usuarios son captados no  traballo en rúa (4 persoas), a través das Traballadoras sociais de ASFEDRO (3) e de boca en boca, por invitación doutros usuarios (3). Todas estas personas non fixeron obradoiro algún sobre a reducción do risco nen sobre VIH i Hepatites, nin este nin en anos pasados. Se considerou que fosen todos/as novos/as  usuarios/as de programa.
Presentación, compromiso e normas a cumprir: Se presentan os profesionais que impartirán o obradoiro, se informa dos compromisos de asistencia e puntualidade e se elaboran as normas a cumprir entre todos/as.




SESIÓN 1
Data:    2/9/2010     Horario: 11 a 13 h.      Lugar: Local Ferrol
Participan 6 homes e 4 mulleres
REDUCIÓN DO DANO
Cumprimento de OBXECTIVOS
§  Se cumpriron os obxectivos:  Aumentar a percepción de risco/dano para a saúde  nos usuarios de drogas inxectables
§  Favorecer  o aumento de auto-eficacia persoal fronte a situaciones de risco.
§  Coñecer as as situacións nas que se producen consumos de risco.
§  Promover a anticipación das situacións de consumo de risco.
DESENVOLVEMENTO
Almorzo
30 minutos iniciais para almorzar e agardar a que se atope o grupo ó completo.
ACTIVIDADE 1
DINÁMICA: “REDUCINDO DANOS, MINIMIZANDO RISCOS” 
DURACIÓN
15 minutos
Valoración
Consideramos acertado plantexar una situación real ca que se encontran a cotío os usuarios/as cando se inxectan. O feito de que se simule una situación práctica, reforzada coa teoría,  implicou una mellor comprensión do que se expuxo. A atención e a participación foi óptima.
ACTIVIDADE 2
DECÁLOGO DUNHA INXECCIÓN HIXIÉNICA
DURACIÓN
10 minutos.
Valoración
Se elaborou entre todos os usuarios un decálogo sobre o procedemento que se ha de seguir  de cara a unha inxección hixiénica, que vai dende a obtención da xeringa, preparación e consumo da sustancia ate que se desfán da xeringa nun contenedor apropiado. O contido traballouse segundo previsto, e contribuiu a resolver falsas creenzas e mitos coma por exemplo que mercar a xeringa antes da sustancia da “mal agüero”
ACTIVIDADE 3
DINÁMICA: “SIMULACIÓNS DE CONSUMO” Onde me inxecto
DURACIÓN
10 minutos

Valoración
Se simulou una hipotética inxección segundo o decálogo feito na dinámica anterior. Se fixo en dúas ocasións por usuarios distintos e os demáis identificaban os erros. A hipotética inxección se fixo da forma correcta na segunda ocasión.  A participación é óptima, participando tódolos membros do grupo
DESCANSO 10 MINUTOS
ACTIVIDADE 4
DEBATE GUIADO SOBRE AS INFLUENCIAS NAS PRÁCTICAS DE RISCO (DETERMINANTES E MARCADORES)
DURACIÓN
10 minutos

Valoración
Se expón e se analizan os factores que inflúen de cara a consumir de forma hixiénica, tanto os factores e condicionantes que dependen da persoa, como os externos. Este bloque foi especialmente atendido polos participantes debido a que reflexionaron e debatiron sobre o que poden cambiar e o que non respecto da forma habitual na que consumían.
ACTIVIDADE 5
CHOIVA DE IDEAS E DEBATE GUIADO: PERCEPCIÓN DO RISCO
DURACIÓN
 10 minutos
Valoración
Se discutiu o porqué non tódalas persoas percibimo-lo mesmo respecto a calquera cousa,  e se orientou hacia a percepción de risco no consumo hixiénico das drogas. Participaron os/as usuarios/as para identificar aqueles factores que favorecen que a nosa percepción de risco de cara o consumo seña alta.
ACTIVIADDE 6
DINÁMICA: “NO CASO DE...”
DURACIÓN
10 minutos
Valoración
Se analizan e discuten distintas situacións nas que por calquer motivo nos encontramos sen algún/s dos materiales necesarios para una situación de consumo hipotético e hixiénico. Os usuarios propuxeron propostas alternativas para solventar a situación sen correr risco de infección, en base os coñecementos adquiridos nas dinámicas anteriores
Cuestionario de coñecementos (VIH)
Se pasou un cuestionario de coñecementos de 23 items con 3 posibles respostas cada ítem (Verdadeiro, falso ou non sei). A resposta non sei, é considerado tamén coma erro.  Este cuestionario nos deu información sobre os coñecementos previos dos participantes respecto do VIH, a súa prevención e a actitude dos/as usuarios respecto o VIH.
Os erros totais nesta primeira sesión foron dun 16 % , sendo os homes, os que erraron maís cas mulleres.
Á  Pregunta unha persoa con VIH está enferma de SIDA?. Un 50 % contestaron que sí, e polo tanto erraron. Cando se fala das vías de transmisión son maioritariamente coñecidas, sin embargo non diferencian, na mesma medida, una persoa infectada polo VIH que una persoa enferma de SIDA.
Respecto aos factores de risco, sinalar que o 80 % dos participantes, consideran que ter sempre a mesma parella sexual é motivo suficiente para non contraer o VIH.



SESIÓN 2
Data: 3/9/2010      Horario: 11 a 13 h.      Lugar: Local Ferrol
VIH
OBXECTIVOS
Os obxectivos desta sesión, considéranse  totalmente cumpridos.
DESENVOLVEMENTO
Almorzo
30 minutos iniciais para almorzar e agardar a que se atope o grupo ó completo.
ACTIVIDADE 1
EXPOSICIÓN ORAL: ¿ONDE ACUDIR?
DURACIÓN
10 minutos
Avaliación
Enumeráronse e definiron as características dos centros de saúde e dos alternativos onde se pode acudir a realizala proba de detección do VIH. Se lles mostra  cómo se desenvolve a proba rápida e cales son as súas características.
O participación e atención foi adecuada. Descoñecían o procedemento da proba rápida e consideraron que é unha ferramenta máis accesible, sobre todo para as persoas que non acuden a sanidade pública con regularidade
Se trata de forma somera os tipos de hepatite, vías de trnamisión e tratamentos e vacinas existentes.
ACTIVIDADE 2
EXPOSICIÓN ORAL: PROFILAXIS POST-EXPOSICIÓN
DURACIÓN
15 minutos
Avaliación
Este tema tamén foi novidoso para os usuarios. Descoñecían que existía un procedemento de emerxencia para diminuir o risco de infección, nalgúns casos. Participaron todos os usuarios neste tema, preguntando e discutindo as situacións para as que se recomenda a profilaxis Post exposición.
DESCANSO 10 MINUTOS
ACTIVIDADE 3
DINÁMICA: TRIVIHAL
DURACIÓN
25 minutos
Avaliación
Esta dinámica implicou a participación e o debate sobre os conceptos básicos no VIH e a sida. Se deu a coñecer as vías de transmisión,  a reinfección e o que implica, a coinfección con outras infeccións vírais (hepatites), os estadíos da infección polo VIH. A existencia de tratamentos.
As dúbidas máis frecuentes tiñan que ver coa apariencia das persoas nas distintas fases da enfermidade, se aclarou que polo aspecto non podemos identificar as persoas seropositivas e que o tratamento non elimina a posibilidade de infectar a outras persoas.
Se diferenciou a sida do VIH no que fallaron
ACTIVIDADE 4
PUZZLE: CICLO VITAL VIH
DURACIÓN
10 minutos

Avaliación
Se definen e diferencian as fases do ciclo vital do VIH, coa finalidade de coñecer como funciona o tratamento antirretroviral. Se definen os obxectivosd do tratamento e se discute sobre as probas clínicas para o control da infección polo VIH. En todo o obradoiro a participación foi excelente e a valoración dos/as usuarios/as moi positiva e demandan outro obradoiro, neste caso, de Hepatites virais
Re test VIH
Se repite o mesmo test que o pasado na sesión 1, de 23 items, coas mismas 3 posibilidades de respostas (verdadeiro, falso e non sei). os erros tidos polos/as asistentes se resumen nun 18 % ..Á pregunta o VIH non se transmite si se está a tratamento, respotaron que non e falláronna o 30 % dos participantes, mentras as cuestións que foron erradas na 1ª sesión foron acertadas.



Valoración dos asistentes
A valoración dos participantes foi moi boa, en tódolos casos, respecto da información facilitada, a metodoloxía empregada, e a metodoloxía empregada polos formadores para impartir as sesións.
Respecto as instalaciones foron calificadas de regulares por parte de tódolos participangtes.

Como propostas de mellora refiren que se realicen os obradoiros en outras instalación onde haxa máis espazo.

Se decidiu non abonar os talleres porque reclutáronse persoas suficientes sin ter que abonar a asistencia á formación.
CONCLUSIÓNS
  • -          O proxecto non se puido desenvolver na súa totalidade debido a falta de medios para desenvolvelo tal e coma se plantexou na solicitude..
  • -          O proxecto cun equipo de voluntarios/as amplo e  formado para a intervención en rúa que é tutelado polos profesionais da Asociación.
  • -          Os restos contaminados que se atopan nas zonas de consumo, indican una afluencia maior que en anos anteriores. Creemos que una razón pode ser polo desmantelamiento de Penamoa, motivo polo cal acuden moitos usuarios da Coruña a este poboado onde intervimos (Freixeiro).
  • -          O Número de usuarios, tanto homes coma mulleres, aumentou máis do 200 % respecto do ano 2009.
  • -          A maior parte dos usuarios que acuden tanto o servizo de rúa coma os talleres son homes, sin embargo as mulleres acudiron máis ca o ano anterior.
  • -          Intervir só nunha ubicación (freixeiro) permitíunos establecer un maior número de contactos e intervencións,  na ubicación de maior afluencia de usuarios de drogas da zona de Ferrol.
  • -          O 44% dos homes contactados, superan os 41 anos e son o grupo maioritario, despois do grupo de homes entre 25 e 40 anos.
  • -          O maior número das intervencións en rúa, estaban relacionadas co consumo hixiénico coa motivación de cara a posta en tratamento e coa escoita activa hacia os usuarios.
  • -          A intervención que máis solicitan as mulleres é información sobre o consumo hixiénico e sobre recursos sociosanitarios (relacionados con: familia, aspectos legais, maternidade, anticoncepción,etc).
  • -          Se reparten un número de preservativos importante, respecto do número de intervencións, feito que non sucedía en anos anteriores.
  • O ácido cítrico non é necesario ofertalo, o piden os propios usuarios
Ferrol 17 de Novembro de 2010

0 comentarios:

Publicar un comentario