domingo, diciembre 19, 2010

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO VIH EN MOZOS E MOZAS ESTUDIANTES DE 4º DE ESO DE FERROL

MEMORIA DE ACTIVIDADES DO PROXECTO “ACHEGAMENTO  Á PREVENCIÓN DO VIH E OUTRAS ITS EN MOZOS DE FERROL”

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO VIH , EN MOZOS E MOZAS, SUBVENCIONADO POLO CONCELLO DE FERROL PARA O ANO 2010.

Dende a fundación da Asociación (1995), LAZOS Pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrol, desenvólvense  proxectos, programas e outras actividades de prevención da infección por VIH e infeccións de transmisión sexual (ITS) . Estas accións están dirixidas á poboación xeral  (prevención universal) e a poboacións específicas (prevención indicada).Un dos colectivos cos que desenvolvemos estes proxectos son  o colectivo de mozos e mozas. É neste colectivo, o de mozos e mozas, que actualmente atópanse cursando 4º de ESO, cos que decidimos intervir, mediante o programa “Achegamento á prevención do VIH e outras ITS en mozos e mozas de Ferrol”.

Duración do programa
O programa é de continuación con respecto o ano 2009, ampliado en número de intervencións e de actividades. A duración do programa foi de 4 meses, entre Agosto e Novembro do presente ano. 

Persoal de LAZOS adscrito ó programa:
Formadores/as: 1 Educador, 1 Enfermeira, 1 Estudante de grado de Psicoloxía e unha pedagoga.
Colaboradoras: 2 monitoras de saúde cuxa función foi facilitar material preventivo nos lugares onde se concertou.

Material e método: Para o desenvolvemento do programa foron necesarios os seguintes materiais:
Cañón proxector e ordenador portátil, copias test pre e pos intervención,  lapiceiros, tarxetas de dinámicas grupais, condóns masculinos e femininos e información de saúde pública.
No caso da formación utilizouse metodoloxía cercana, exopsitiva  e participativa promovendo a interacción do grupo cos/as formadores/as e o debate entorno os contidos das sesións.
Utilizáronse cuestionarios de coñecementos pasados pre e pos formación. Se avaliou a opinión que tiñan os mozos e mozas respecto a prácticas de risco, percepción de risco e actitude fronte as persoas seropositivas.
DESENVOLVEMENTO DAS ACCIÓNS:
Diseño do proxecto: Se diseña o programa   na 1ª quincena do mes de agosto.
Captación de centros de ensino: Se invita a tódolos centros de ensino nos que imparte educación secundaria obrigatoria (ESO) , informando do contido , obxectivos do programa e poboación destinataria do mesmo. 4 centros de ensino, aceptan participar no programa: IES Ferrolterra, IES Canido, IES Concepción Arenal e IES Carballo Calero.  Os demáis centros de ensino declinaron a invitación.
O programa pódese dividiuse en  dous partes diferenciadas:
a) Formación e  b) Facilitación de información e métodos preventivos.
Formación:  A formación se desenvolveu a  dous niveis:
1)       Dirixida á  capacitación de mediadores/as de saúde. Posteriormente se lles ofertaría participar  nas actividades do programa, 
Dirixida a mozos e mozas que cursaban, nese intre, 4º de ESO, nos centros de ensino de Ferrol.
1.1 Formación de mediadores/as de saúde: No que se refire á formación de mediadores desenvolveuse un obradoiro de 3 días de duración con  alto nivel  formativo nas instalación da casa Solidaria do Concello (22, 23 e 24 de Setembro)
Mulleres: 7 e 1 home
Nº de sesións: 3Temáticas das sesións: 1ª Prevención do VIH, VIH e sida, 2ª Prevención de  infeccións de transmisión sexual (ITS), tipos e métodos preventivos 3ª Metodoloxía de intervención con mozos (nas aulas)  e en espazos abertos (Achegamento-outreach).
Se captaron as dúas participantes con mellores aptitudes para á formación posterior nos centros de ensino.
O final do obradoiro se lles fixo entrega de diploma certificando o aproveitamento 

 




1.2. Formación de mozos/as: Se elixiu coma poboación diana ós mozos e mozas que nese intre estaban cursando 4º de ESO.
Os centros participantes que colaboraron foron: O IES CANIDO (dous aulas + diversificación), IES FERROLTERRA (dous aulas), IES CARBALLO CALERO (dous aulas, máis diversificación)  E IES CONCEPCIÓN ARENAL (3 aulas máis diversificación) IES SOFÍA CASANOVA (50 alumnos/as aprox.. Sen avaliar, polas datas nas que se acordou a intervención-22 decembro)
Contacto cos centros de ensino: Se contactou cos/as orientadores/as dos centros de ensino e se concertaron entrevistas para consensuar horarios de intervención e medios a utilizar.
O número de sesións por  aula, segundo a estructura do programa, estaba previsto fora de 3 ; sin embargo os centros de ensino propuxeron dous sesións por aula, xa que doutra forma interrumpiría o normal funcionamento das clases.
Contido das sesións:
1ª  Sesión:
- Test coñecementos básicos e percepción de risco (19 preguntas tipo test con 3 posibles respostas: Verdadeiro, Falso ou Non sabe/non contesta). Os resultados dos test darannos información para determinar as carencias en canto a información previa e a adquirida. Ademáis indicará a percpeción de risco que os mozos teñen de cara as medidas preventivas nas súas experiencias e relacións sexuais.
- Exposición oral e visual (diapositivas en formato powerpoint) sobre o vih e a sida,  e a súa prevención.
-Dinámicas participativas de reforzo  do contido da sesión.
2ª Sesión
-          Exposición oral e visual (diapositivas en formato powerpoint) sobre as infeccións de transmisión sexual, os métodos anticonceptivos e a percepción de risco.
-          Dinámicas participativas de reforzo  do contido da sesión.
-          Test de coñecementos post intervención idéntico o pasado na 1ª sesión co que se avaliará a transmisión da información-formación impartida.

Datos da formación cos mozos:
Nº  total de formadores/as: 4
Nº de Formadores/as por sesión 2-3
Nº total de intervencións: 18
Total mozos/as que recibiron a formación: 177 (+ 50 Alumnos do Sofía Casanova, dos que non se teñen datos, posto que a formación farase o 22 de dicembro, data en que xa foron redactadas estas memorias. Aportaranse datos totais, tras esta intervención).
Total mozos: 70
Total mozas: 107
Análisis dos resultados nos test pre intervención(1ª sesión) e post intervención (2ª Sesión) por xénero:
Según tú opinión el VIH se puede transmitir……..
% erros  MOZOS
1ª Sesión
% Errores MOZAS
1ª Sesión
% Errores MOZOS
2ª Sesión
% Errores MOZAS
2ª Sesión
N (70)
N (107)
N (70)
N (107)
1.       A través de sexo oral
31 %
46%
20%
18%
2.       Donando sangre
58%
45%
30%
30%
3.       Utilizando piscinas públicas
20%
11%
8%
1%
4.       Recibiendo sangre (transfusión)
75%
58%
35%
28%
5.       A través de cubiertos o vasos
27%
24%
27%
13%
6.       Compartiendo una jeringuilla al inyectarse drogas
7%
5%
12%
12%
7.       Por la picadura de un insecto
47%
26%
32%
22%
8.       A través de la saliva
38%
26%
10%
6%
9.       Compartiendo un cepillo de dientes
51%
51%
44%
27%
10.    A través de las lágrimas
15%
5%
8%
1%
11.    Realizando la marcha "atrás"
10%
14%
17%
16%
12.    De una mujer embarazada a su hijo
25%
16%
7%
2%
Para no contraer el VIH es necesario……
N (70)
N (107)
N (70)
N (107)
13.    Realizarse controles médicos periódicos
72%
68%
55%
42%
14.    Tener una pareja estable
58%
52%
42%
28%
15.    Conocer desde hace años a tu pareja
44%
39%
42%
22%
16.    Tomar la píldora anticonceptiva
22%
23%
12%
9%
17.    Usar condón masculino o femenino
8%
6%
2%
0%
18.    Tener relaciones heterosexuales (hombre-mujer)
14%
24%
10%
8%
19.    No tener relaciones homo-bisexuales
34%
19%
18%
8%
20.    Identificar a todas las personas que tienen el VIH
65%
62%
42%
28%
21.    No tener relaciones sexuales con un/a desconocido/a
14%
10%
18%
16%

O ratio de idade dos mozos e mozas participantes está entre os 14 es os 18 anos.
Coñecemento das vías de transmisión:
Os mozos e mozas a pesares de coñecer, cales son as vías de transmisión do VIH, de modo máis ou menos xeralizado, cando se fala de prácticas concretas aparecen as dúbidas i errores  que  reflexa  a enquisa. De este modo, previo á formación,  máis da mitade dos mozos e case a metade das mozos opinan  que o VIH pódese transmitir a través das doazóns de sangre. No caso de recibir una transfusión é maior o número de mozos (75%)  e mozas (58%) que opinan que se pode transmitir, recibindo unha transfusión.
Unha cuarta parte dos mozos e mozas,  opina que o VIH pódese transmitir por compartir cubertos ou vasos. O 47 % dos mozos e o 26% das mozas opinan erróneamente que o VIH podese  transmitir a través da picadura dos insectos.
No que se refire a transmisión do VIH a través da saliva, un 38 % dos mozos e un 26 % das mozas opina que se pode transmitir a través deste fluido.
As falsas creenzas en torno as formas de transmisión siguen estando presentes na mocidade,s egundo se deprende destes datos previo a formación.
Actitude, percepción de risco e estereotipos:
O 72 % dos mozos e 68 % das mozas opina erróneamente que realizarse  controis médicos periódicos é necesario para non cotraer o VIH.
A metade dos mozos e mozas opinan erróneamente que para non contraer o vih é necesario ter unha parella estable. Neste mismo sentido case a metade de mozos e mozas opinan erróneamente que para non contraer o vih é necesario coñecer dende fai anos a súa parella.
O 34 % dos mozos  e o 19 % das mozas opina  erróneamente que para non cotraer o VIH e necesario non ter relacións homo-bisexuais e 0 65 % dos mozos e o 62 % das mozas opina que para non infectarse do vih habería que identificar as persoas seropositivas.
De esta forma, os mozos e mozas ca información e formación que posuían, previa a información-formación impartida,seguen relacionando as persoas que teñen prácticas homo bisexuais como colectivos de risco e claramente estereotipados como peligro potencial en relación á vih.
Asemade, os mozos e mozas tamén teñen unha actitude de rechazo, hacia as persoas seropositivas;  as que refiren deberían ser identificadas, para así non contraer unha posible infección por vih.

Resultados tra-la formación: Percepción de risco, segundo as prácticas (falsas creenzas sobre a transmisión do vih)
As melloras no coñecemento das prácticas que implican risco de infección por vih, son sustanciais trala intervención, sin embargo todavía se reflexan falsas creenzas nas  respostas dos/as mozos/as aos test trala formación impartida.
De tal forma o 30 % dos mozos e mozas segue opinando erróneamente que o vih pódese transmitir a través de doazóns de sangue. Aproximadamente a mesma proporción opina que as transfusións tamén son un risco para contraer a enfermidade.
O 32% dos mozos e o 22% das mozas continúa opinando, trala formación, que o vih pódese trasmitir pola picadura dun insecto.
A pesar de que un cepillo de dentes pode aloxar restos de sangue, o 44% dos mozos e o 27 % das mozas opina erróneamente que compartíndoo non se pode transmitir o vih..

Factores de risco :
Máis da metade dos mozos (55%) e casi a metade das mozas enquisadas (44%) opinan que realizándose controis médicos periódicos, evitarían contraer o vih.
Do mesmo xeito, ter unha parella estable consideráse, polo 42 % dos mozos e polo 28 % das mozas, como factor protector para evitar contraer o vih.
A monogamia e a monogamia serial (enlazar unha parella estable con outra, tras unha relación de media-longa duración) considérase un factor de risco,  si os membros da parella non se fan as probas do VIH, antes do inicio das relación sexuais ca parella que teñan nese momento.
O 42 % dos mozos e o 22 % das mozas, opinan erróneamente  que coñecer, dende hai anos, a súa parella é un factor protector para evitar a infección polo VIH. O aspecto externo, non é un indicador de boa saúde, nin de non padecer o VIH. Neste sentido o 18 % dos mozos e o 16 % das mozas, tamén opina que non ter relación sexuais con descoñecidos, evitarían infectarse co VIH. Pódese interpretar á inversa, e afirmar que este mismo porcentaxe de mozos e mozas, tería relacións sexuais desprotexidas con parellas coñecidas, o cal implica non percibir risco cando se dan estas circunstancias.

Rexeitamento:
 O 18 % dos mozos e o 8 % das mulleres opinan erróneamente, que non tendo relacións  homo-bisexuais, protexeríaos de infectarse polo VIH. Ademáis poidemos constatar, mediante as verbalizacións e comentarios dunha parte importante dos mozos e mozas,  que existe actitude  homofóbica nas aulas cas que traballamos,
Respecto á identificación das persoas seropositivas, o 42 % dos mozos e o 28 % das mozas, opinan que para non contraer o VIH, sería necesario identificar a tódalas persoas que viven coa VIH. Esta opinión vulnera dereitos fundamentais e causa pódese entender  coma un  rexeitamento de cara as persoas seropositivas.

CONCLUSIÓNS:
ü  Se conseguíu intervir con maior número centros de ensino, e impartir formación a máis  mozos e mozas, ca o ano anterior (2009).
ü  A presencia de Mestres/as ,  nos obradoiros, dificultaron que os mozos e mozas fixeran as consultas con maior concreción,   e participaron en menor medida que cando non estaban presentes os/as docentes.
ü  Os mozos e mozas, aos que se lles impartiu a formación, coñecen, en termos xerais, as vías de transmisión do VIH. Sen embargo, cando se tratan situacións e prácticas concretas, a información que manexan básase, nun porcentaxe importante,  en falsas creenzas.
ü  As mozas ás que se lles impartiu a formación, manexan información máis fiable caos mozos.
ü  Previo a formación, i en termos xerais,  os mozos respotaron erróneamente  o 35 % das preguntas  fronte o 30  % das mozas. Trala formación este procentaxe mellorou, errando o 23 % das preguntas, no caso dos mozos e o 16 % no caso das mozas.
ü  Se avaliamos a transferencia da formación impartida,  a mellora nas respostas,  foi do 12 %, no caso dos mozos e do 13 % no caso das mozas.
ü  As falsas creenzas están instauradas nunha parte dos mozas e mozas enquisados/as,  atribuíndo picaduras dos insectos, as transfusións e as doazóns de sangue, coma posibles causas de transmisión do VIH.
ü  O coñecemento dende hai anos, das posibles parellas e o ter unha parella estable (sen haberse feito ambos, a proba de detección do VIH), son considerados  factores de risco, segundo se desprenden das respostas dos mozos e mozas,  nas enquisas.
ü  En canto a evitar contraer o VIH, unha parte dos mozos e mozas enquisados,  consideran que evitando as relación homo-bisexuais, evitarían tamén infectarse do VIH, obviando que non son as orientacións sexuais as que implican risco, senón o uso de protección nas relación sexuais.
ü  Un porcentaxe considerable, de mozos e mozas, identificaría as persoas infectadas pola VIH, para evitar a infección.
ü  O equipo técnico que participou no programa considera necesario mellorar a formación dos mozos e mozas, mediante acción futuras, así coma a mellora na metodoloxía de intervención axeitada os horarios dos que disponen os centros de ensino.

Este programa de prevención  foi subvencionado polo Concello de Ferrol na súa totalidade.

En Ferrol a 12 de Decembro de 2010

0 comentarios:

Publicar un comentario