A crise económica pola que atravesa o noso país está a servir de pretexto ao presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy,
para tomar medidas en relación ao Sistema Nacional de Saúde que
vulneran os dereitos humanos, afondan as desigualdades sociais e poñen
en risco a toda a poboación. Dende que o novo Goberno gañou as eleccións
xenerais do 20 de novembro de 2011 estamos a asistir a unha morea de
noticias e decisións políticas unilaterais extremadamente preocupantes
que afectan a toda a cidadanía e en especial aos grupos sociais máis
vulnerables como poden ser as persoas sen traballo, pensionistas,
inmigrantes en situación irregular e todas aquelas que padecen unha
enfermidade crónica como vivir co virus da inmunodeficiencia humana (VIH), entre outros colectivos.
Nesta última liña, as plataformas de entidades estatais e autonómicas de resposta ao VIH
e a sida que durante 30 anos viñemos ofrecendo -xunto con outros
axentes sociais- un traballo esencial para erradicar a pandemia e as
súas consecuencias socio-sanitarios en todo o territorio español,
denunciamos ante a opinión pública que:
- O Goberno de España parece non ter unha estratexia clara sobre como abordar a resposta ao VIH ou ben non ten vontade política para facelo porque existe na actualidade unha total incerteza nesta materia. En xaneiro asistimos a unha hipotética desaparición da Secretaría do Plan Nacional da Sida (SPNS), desmentida coa publicación, no BOE do 24 de xaneiro, da súa adscrición á Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación; posteriormente, consideramos o nomeamento dunha fugaz secretaria da SPNS, os que permaneceu no cargo menos de dous meses sen dar ningún tipo de luz á complexa situación existente e, a data de hoxe, non se nomeou outro responsable á fronte da SPNS, nun ano moi importante no que finalizará a vixencia do "Plan Multisectorial fronte á infección por VIH e a sida España 2008-2012" e no que xa se debería estar a traballar nun novo plan.

- O 3 de abril o Goberno
presentou uns Presupostos Xerais do Estado para 2012 nos que desapareceu
a consignación explícita e inequívoca do presuposto do Plan Nacional da
Sida, que presumiblemente, segundo algunhas fontes, se encontra noutra
partida, despois de verse reducido o seu presuposto á metade, aínda que,
segundo outras fontes, a redución podería ser maior. O certo é que non
sabemos a canto ascende o presuposto e aínda non se publicou a
convocatoria anual de subvencións a organizacións civís, polo que estas
se ven obrigadas a paralizar programas de prevención e de detección
precoz da infección e pechar servizos e centros de atención ás persoas
con VIH.
- Por outra parte, a través do Real Decreto-lei, do 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sostibilidade do Sistema Nacional (SNS) de Saúde, o Goberno realizou reformas que inclúen o copagamento farmacéutico, con graves consecuencias para os pacientes crónicos como é o caso das persoas con VIH, así como a exclusión do SNS dos inmigrantes non regularizados; medidas que poñen en risco a saúde, o benestar e a vida de moitas persoas; ademais que favorecen un grave problema para a saúde pública.

As organizacións e persoas
signatarias deste documento sentímonos fondamente preocupadas ante o que
parece, por parte do Goberno de España, a falta dunha resposta á
infección por VIH e a sida comprometida,
eficaz, sostida e solidaria, que garanta o acceso universal á
prevención, tratamento, atención e apoio con relación ao VIH e a sida. Por todo iso, reclamamos o goberno:
1. Respecto total aos dereitos fundamentais impulsando un marco ético e social que garanta a dignidade, dereitos e liberdades de toda a poboación. Por iso, esiximos ao Goberno que garanta o acceso igualitario aos servizos de atención e asistencia socio-sanitario en todo o territorio e para toda a cidadanía, polo tanto, sen exclusión das persoas inmigrantes non regularizadas, non só por motivos solidarios e de xustiza social senón tamén de saúde pública, especialmente evidente no caso da infección por VIH.

2. Liderado político e compromiso económico que garanta a existencia e a sostibilidade da resposta á infección por VIH e a sida. O liderado pasa inevitablemente polo reforzo da SPNS como organismo coordinador da resposta española ao VIH que, por unha parte, míralle pola elaboración dun novo Plan Multisectorial fronte á infección por VIH
e a sida España 2013-2017, con directrices a seguir durante os próximos
anos; e por outra, que apoie a existencia e desenvolvemento dos Plans
ou Servizos Autonómicos de resposta ao VIH
e, finalmente, que garanta a continuidade dos programas desenvolvidos
polas ONG co fin de evitar a desatención das miles de persoas que están
detrás destes servizos.
O aforro económico non xustifica nin compensa un retroceso na resposta do VIH no noso país, posto que a prevención é moito máis rendible que o tratamento posterior da enfermidade e, polo tanto, este aforro non será real se aumenta o número de novas infeccións por VIH.

Neste sentido, solicitamos de carácter urxente ao Goberno que nomee á nova persoa responsable da SPNS e aclare publicamente as cantidades destinadas nos Presupostos Xerais do Estado de 2012 á resposta ao VIH, tanto as destinadas a subvencionar as actividades que realizan as ONG como as destinadas ás transferencias das CCAA para realizar accións de prevención do VIH como as que necesita o propio Plan Nacional sobre a Sida para o seu funcionamento.
Así mesmo, pedimos que, para evitar este tipo de situacións, sempre se consignen explícita e inequivocamente os presupostos da SPNS nos Presupostos Xerais do Estado que se elaboren nos próximos anos.
Así mesmo, pedimos que, para evitar este tipo de situacións, sempre se consignen explícita e inequivocamente os presupostos da SPNS nos Presupostos Xerais do Estado que se elaboren nos próximos anos.
3. Cumprimento dos acordos internacionais no ámbito de VIH e sida. O Goberno español, ademais de compromisos económicos, asinou compromisos internacionais na resposta mundial ao VIH ante organismos como o Programa Conxunto das Nacións Unidas sobre o VIH/sida (ONUSIDA), a Asemblea Xeral de Nacións Unidas (UNGASS), a Organización Internacional do Traballo (OIT), o Parlamento Europeo (PE), para alcanzar o "Obxectivo Cero: un mundo con cero novas infeccións polo VIH,
cero discriminación e cero mortes relacionadas coa sida". Dende a
sociedade civil organizada esiximos o cumprimento dos devanditos acordos
que garanten unha aposta conxunta á atención e prevención do VIH.
4. Diálogo social, liderado compartido e o recoñecemento ao valor engadido das organizacións civís. Consideramos que ante a reposta ao VIH non deben existir decisións unilaterais por parte do Goberno que conta con espazos oficiais como as CCAA, sociedades científicas e organizacións civís para consensuar as medidas necesarias para adaptar a resposta fronte ao VIH nunha situación económica como a actual. Non obstante, está a actuar de xeito unilateral -obviando a todos estes axentes e especialmente ás ONG, ás que reiteradamente se lles ignorou nas súas peticións de manter unha reunión con representantes do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade- e tomando decisións irresponsables, de graves consecuencias sociosanitarias que non compartimos.

5. Compromiso real e efectivo co sostemento do tratamento e atención das persoas con VIH, impedindo que as medidas de axuste económico repercutan nunha menor adherencia ao tratamento para o VIH ou un inadecuado seguimento, prevención, control e tratamento das ías relacionadas co VIH. Esiximos ao Goberno que aclare en que medida o Real Decreto-lei, do 20 de abril, pretende ou vai supoñer para as persoas con VIH
(e para persoas con outras enfermidades crónicas como cancro, hepatite,
psoríase, procesos hematolóxicos ou esclerose múltiple) o pagamento do
50% do tratamento ambulatorio que reciben nos hospitais.
Manifesto en defensa dunha resposta á infección por VIH
e a sida, comprometida, eficaz, sostida e solidaria, impulsado polas
300 entidades representadas polas plataformas estatais e autonómicas de
resposta ao VIH
2 comentarios:
Traballo nun centro con adultos psicóticos en Vigo donde unha usuaria e portadora e asiste a os servicios terapéuticos deste centro, por medio dela entérome que foi desmantelada a casa de acollida de enfermos de sida na que vivia dunha maneira silenciosa , os familiares tiveron que levar as persoas(os que tiñan familiares), algúns moribundos, a única alternativa foi enviar un escrito de protesta dende un colectivo de asociacións, escomenzaron por os que non teñen moitas veces ni forza para votar, esto e a cruda realidade. A nosa usuaria neste momento malvive en unha casa sola e asiste a os servicios psicolóxicos do noso centro donde estamos tentado ubicala nun mellor lugar
Entendo que a rapaza estaba na casa de acollida xestionada por Fase Vigo que pechou. Esa é a realidade das persoas con VIH dependentes, e que non contan con apoio familiar. A Xunta congratúlase de non recortar en servicios sociais, sanidade e educación, cando a realidade dista moito do que manifestan. Desgraciadamente en Galicia non contamos con recursos para as persoas con VIH dependentes, con problemas de saúde mental e sen apoio familiar. Si a rapaza desexa ir a un recurso residencial fora da comunidade, poderíamos mirrarlle algo. Só tedes que enviarnos un correo ao noso enderezo: comiteantisidaferrol@gmail.com Esta problemática non atendida ha de ser visibilizada ante a opinión pública e esixir responsabilidade ao Goberno do Sr Feijoo
Publicar un comentario