jueves, agosto 16, 2012

Comunicado de denuncia e solidariedade coa Asociación Lazos

As entidades, organizacións e asociacións que asinan , queremos denunciar ante á opinión pública, e ante as institucións que corresponde, os seguintes feitos:

A Asociación sen ánimo de lucro Lazos Pro Solidariedade- Comité antisida de Ferrol, fundada no ano 1995, con 17 anos de funcionamento, formada por persoas afectadas polo VIH e a Sida, polas drogas, pola exclusión Social e por profesionais do ámbito educativo e sociosanitario, está a atravesar nestes momentos unha situación crítica.


A demanda nos programas que desenvolve a entidade , veuse aumentada exponencialmente, ata o punto de estar preto do colapso asistencial. Nos 6 meses que van deste ano 2012 , a entidade xa leva atendido máis demandas que en todo o pasado 2011. A día de hoxe, atendéronse un total de 4.610 demandas no local da entidade.

A asociación traballa en dous ámbitos ben diferenciados: O ámbito da exclusión social e o ámbito da infección polo VIH, sendo a única entidade da comarca destas características.

Cada día a entidade, atende a máis de 35 persoas en situación de exclusión social nos diferentes programas.

Dado que o Concello de Ferrol, reduciulle un 70 % o orzamento con respecto ao pasado ano, a opinión pública debe saber que esta redución implica que o 60% das persoas usuarias, non poderán ser atendidas.

Ante esta situación de emerxencia a primeira medida que se veu obrigada a tomar a entidade, foi ter que prescindir a dúas profesionais do equipo técnico. Isto implica que o ratio usuario/profesional pasa a ser de 35/1, cando anteriormente era de 12/1; resentíndose con isto tanto a calidade coma a eficacia das intervencións. O único profesional que ate agora, continua traballando non esta garantido que poida continuar máis alá do mes de setembro, do presente ano. Se a situación non revirte, a entidade se vería obrigada a pechar.

A actividade da asociación supón un beneficio social e económico para o conxunto da cidadanía. No ámbito do VIH unha persoa diagnosticada e tratada correctamente, supón un aforro económico no ámbito sanitario e social ao ano de 40.033 €/ano para as Administracións públicas. No ámbito da exclusión social, as persoas que dispoñen dunha rede de apoio, e programas de atención e contención social, funcionan con maior autonomía e polo tanto son menos demandantes de recursos sociais. A isto hai que engadir que todas estas acción constrúen unha sociedade mais democrática e máis xusta.

A situación de falta de apoio institucional que se vive nestes momentos, só pode ser entendida desde o descoñecemento da actividade e beneficio social que supón o funcionamento de lazos no noso concello, ou desde a falta de sensibilidade e compromiso, da actual corporación fronte a estas problemáticas.

Ante esta grave situación as entidades abaixo asinantes, esiximos que o Concello de Ferrol dote de recursos a Lazos Pro Solidariedade, para que non teña que pechar e deixar sen asistencia a un amplo número de persoas en situación de exclusión e emerxencia social.

Entidades e Colectivos asinantes:



Ateneo Ferrolán, Asociación Cultural Lefre de caldereta, Asociación Cultural Fuco Buxán, Grupo Municipal de Esquerda Unida, asamblea de desempregados da CIG, Foro Galego de Inmigración,Asamblea Sen Papeis, Asociación Cultural A Revolta, Artabra 21, Sindicato Labrego Galego, COLECTIVO OPAII, Radio Filispím, Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, Comité cidadán antisida de Ourense, Executiva Local do PSOE,  grupo parlamentario do PSOE-PSG, Causa Galiza,  CIG Saúde, Fundación Artabria, Asociación de veciños de ultramar, SOS Sanidade Pública, Traballadores/as da Horta comunitaria de Caranza, Asociación Veciñal de Esteiro, Grupo Municipal Socialista, Marcha Mundial das Mulleres, A Nova Irmandade Nacionalista, Asociación Memoria  Histórica  Democrática , Colectivo Moucho, AES Briante, Asociación de Apoio á Lactación Materna BBTTA - Narón, ASFEDRO  e moitas persoas que a título persoal manifestaron o seu apoio e adhesión.

A todxs, grazas!

Carlos Varela

Presidente de Lazos Pro Solidariedade


6 comentarios:

ATENEO FERROLÁN dijo...

A Xunta Directiva do ATENEO FERROLÁN APOIA á Asociación LAZOS nas súas reivindicacións!
Saúde compañeir@s ... vémonos o luns!

ANDRÉ C. PASTOR (Pequeno Monstro) dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Rádio FilispiM dijo...

A Asemblea do Colectivo Opaíí! - Rádio Filispim, 93.9 FM, se suma aos apoios á Asociación LAZOS Pro-Solidariedade. Ademáis acudirán a asemblea deste luns que convoca LAZOS no seu local.

LAZOS, comité anti-sida de ferrol dijo...

Grazas, compñaeiros/as! Contamos con vos.

Un saúdo

Suso Basterrechea dijo...

Por suposto EU Ferrol tamén mostra o seu apoio absoluto, estaremos presentes o luns.

AES briante dijo...

AES briante súmase á esta denuncia e manifesta o seu apoio a LAZOS

Publicar un comentario