jueves, octubre 25, 2012

MANEXO DAS DISFUNCIÓNS SEXUAIS EN PERSOAS CON VIH



É común que un número indeterminado de persoas que viven co VIH,  manifesten ter problemas na súa sexualidade.. A sexualidade é un aspecto esencial na saúde e benestar da persoa. O tratamento ou os problemas derivados do manexo do proceso co VIH (ansiedade, depresión, autoestima, medo, etc.) poden afectar á sexualidade. Neste sentido, é frecuente atopar varios síntomas diferentes: disminución do desexo, disfunción eréctil, non poder chegar ao orgasmo, etc. A continuación propoñéemoste algunhas técnicas e consellos que poden axudarte a ter unha sexualidade máis pracentera: 

       É moi importante tratar de diminuir a ansiedade. Xeralmente, cando estamos ante unha situación sexual e temos algunha dificultade, solemos anticipar que non vamos a poder e éntranos a ansiedade. Esta ansiedade,  por temor a non  rendir o necesario, interfire co desexo e tamén coa ereción. Podes utilizar algunha técnica de relaxación e tamén de imaxinación. Por exemplo, cando estés solo/a, imaxínate na situación sexual podendo disfrutar plenamente e sen obstáculos. 

       É tamén necesario ter unha adecuada información sexual. Podes pedir apoio a algún profesional que te axude a modificar algunha percepción ou creencia errónea que poideras ter. Tamén podes buscar leturas ao respecto. 

       É de gran utilidade dedicar un tempo ao día a explorar e acariciar o teu corpo e o da túa  parella si a tes. Esto sin ter o obxetivo nin de excitarse nin de realizar penetración , a lo menos ao principio. Así, se axuda a espertar a sensibilidade do corpo  e a reducir a ansiedade. 

       Prepara o ambiente. Si é relaxado e agradable facilitará a expresión de intimidade e as respostas sexuais. 

       Trata de por en marcha a imaxinación e as fantasías sexuais. Dedica algún tempo á masturbación, sexa a soas ou en compañía. Busca cousas que te exciten, como películas, revistas, relatos eróticos, etc. A imaxinación e as fantasías sexuais, póde-las usar se durante a relación tes pensamentos asociados a medos ou dúbidas sobre a tua capacidade de resposta sexual. Axudarante  a non obsesionarte e darante pracer. 

       Date permiso para ser egoísta. É bon centrarse no propio pracer para coñecer o que che gosta. De esta forma, podrás saber que che da pracer e o que non, poderás pedirlo a túa parella sexual e preguntarlle da mesma forma que é o que máis lle gosta e compracela. 

       Si eres home e tes problemas de erección, é bon que, sexa solo ou coa tua parella, te estimules ata consegui-la ereción. Cando esta se produza paras a estimulación, esto fará que perdas a erección. Despois volves outra vez coa estimulación. O obxectivo deste exercizo é reduci-lo  medo á pérdida da erección xa que estas poden aumentar ou diminuir. Cando teñas a erección, intenta non precipita-la penetración. É bon ter en conta que canto máis relaxado estés será máis fácil que se sosteña a erección.  E recorda, pódese vivir unha sexualidade plena, sen penetración.

       Si eres muller e tes problemas de vaxinismo (contración dos músculos da vaxina) é bon que fagas exercizos para relaxar a tua vaxina. Unha técnica é tensar esos músculos intensamente e logo deixar que se relaxen. Realiza esto varias veces ao día. Tamén se  pode utilizar dilatadores vaxinais de prástico durante 10 ou 15 minutos cada vez, axudándote con cremas lubricantes. 

Bibliografía consultada:
Vallejo, M. A. (1998). Manual de Terapia de Conducta. Madrid. Dykinson.


2 comentarios:

Antía dijo...

Un poco desactualizada la información, a mi parecer.

LAZOS PRO SOLIDARIEDADE-COMITÉ ANTISIDA DE FERROL dijo...

Antía Grazas polo comentario. A info publicada non é nosa nin foi revisada antes de publicala por este motivo. É de Bristol Myers (lab. Farmacéutico) dentro do seu programa de información sobre a tolerancia ao tratamento do VIH, onde abordan os seus efetos secundarios. Tomarémolo enconta, para futuras publicacións. Saúdos. Carlos

Publicar un comentario