Población para a que está indicada a realización das probas rápidas:
- Persoas maiores de 16 anos con prácticas de risco elevado e non diagnosticadas previamente.
Preferentemente a proba rápida será indicada a:
- Persoas con prácticas de risco nas súas relacións sexuais (Homes que teñen sexo con outros homes (HSH), heterosexuais, aquelas que tivesen algunha relación sexual sin protección cunha persoa VIH +)
- Persoas que compartiron materiais para a inxección de drogas.
CARACTERÍSTICAS DAS PROBAS RÁPIDAS DO VIH
- Alta sensibilidade (>99%) e especificidad e(>99%) e elevada reproducibilidade.
- Tipo de mostra máis sencilla de recoller (fluido oral, sangue, suero ou plasma)
- Tratamento de residuos asimilable a Residuos Sólidos Urbáns (caso do fluido oral)
- Necesidade de pouco equipamento técnico.
- Sinxela de levar a cabo: pouco entrenamiento.
- Fácil de interpretar: interpretación visual.
- Rápida <30 minutos.
- Fácil de almacenar. A temperatura ambiente (20º-30ºC).
- Vida útil: 12 meses ou máis.
- Adecuada para facer un volumen de probas pequeno.
- Mínima eliminación de residuos
- Baixo custo.
TIPO DE SERVIZO
ANÓNIMO, CONFIDENCIAL E GRATUITO
CHÁMANOS POR TELÉFONO: 981350777-698147975 (09.30 a 13.30 horas de luns a venres, e de 16.00 a 20.00 horas os martes e xoves).
Ou contacta a través do correo electrónico: comiteantisidaferrol@gmail.com
0 comentarios:
Publicar un comentario