Mostrando entradas con la etiqueta EXCLUSIÓN SOCIAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EXCLUSIÓN SOCIAL. Mostrar todas las entradas

jueves, agosto 16, 2012

Comunicado de denuncia e solidariedade coa Asociación Lazos

As entidades, organizacións e asociacións que asinan , queremos denunciar ante á opinión pública, e ante as institucións que corresponde, os seguintes feitos:

A Asociación sen ánimo de lucro Lazos Pro Solidariedade- Comité antisida de Ferrol, fundada no ano 1995, con 17 anos de funcionamento, formada por persoas afectadas polo VIH e a Sida, polas drogas, pola exclusión Social e por profesionais do ámbito educativo e sociosanitario, está a atravesar nestes momentos unha situación crítica.


A demanda nos programas que desenvolve a entidade , veuse aumentada exponencialmente, ata o punto de estar preto do colapso asistencial. Nos 6 meses que van deste ano 2012 , a entidade xa leva atendido máis demandas que en todo o pasado 2011. A día de hoxe, atendéronse un total de 4.610 demandas no local da entidade.

A asociación traballa en dous ámbitos ben diferenciados: O ámbito da exclusión social e o ámbito da infección polo VIH, sendo a única entidade da comarca destas características.

Cada día a entidade, atende a máis de 35 persoas en situación de exclusión social nos diferentes programas.

Dado que o Concello de Ferrol, reduciulle un 70 % o orzamento con respecto ao pasado ano, a opinión pública debe saber que esta redución implica que o 60% das persoas usuarias, non poderán ser atendidas.

Ante esta situación de emerxencia a primeira medida que se veu obrigada a tomar a entidade, foi ter que prescindir a dúas profesionais do equipo técnico. Isto implica que o ratio usuario/profesional pasa a ser de 35/1, cando anteriormente era de 12/1; resentíndose con isto tanto a calidade coma a eficacia das intervencións. O único profesional que ate agora, continua traballando non esta garantido que poida continuar máis alá do mes de setembro, do presente ano. Se a situación non revirte, a entidade se vería obrigada a pechar.

A actividade da asociación supón un beneficio social e económico para o conxunto da cidadanía. No ámbito do VIH unha persoa diagnosticada e tratada correctamente, supón un aforro económico no ámbito sanitario e social ao ano de 40.033 €/ano para as Administracións públicas. No ámbito da exclusión social, as persoas que dispoñen dunha rede de apoio, e programas de atención e contención social, funcionan con maior autonomía e polo tanto son menos demandantes de recursos sociais. A isto hai que engadir que todas estas acción constrúen unha sociedade mais democrática e máis xusta.

A situación de falta de apoio institucional que se vive nestes momentos, só pode ser entendida desde o descoñecemento da actividade e beneficio social que supón o funcionamento de lazos no noso concello, ou desde a falta de sensibilidade e compromiso, da actual corporación fronte a estas problemáticas.

Ante esta grave situación as entidades abaixo asinantes, esiximos que o Concello de Ferrol dote de recursos a Lazos Pro Solidariedade, para que non teña que pechar e deixar sen asistencia a un amplo número de persoas en situación de exclusión e emerxencia social.

Entidades e Colectivos asinantes:



Ateneo Ferrolán, Asociación Cultural Lefre de caldereta, Asociación Cultural Fuco Buxán, Grupo Municipal de Esquerda Unida, asamblea de desempregados da CIG, Foro Galego de Inmigración,Asamblea Sen Papeis, Asociación Cultural A Revolta, Artabra 21, Sindicato Labrego Galego, COLECTIVO OPAII, Radio Filispím, Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, Comité cidadán antisida de Ourense, Executiva Local do PSOE,  grupo parlamentario do PSOE-PSG, Causa Galiza,  CIG Saúde, Fundación Artabria, Asociación de veciños de ultramar, SOS Sanidade Pública, Traballadores/as da Horta comunitaria de Caranza, Asociación Veciñal de Esteiro, Grupo Municipal Socialista, Marcha Mundial das Mulleres, A Nova Irmandade Nacionalista, Asociación Memoria  Histórica  Democrática , Colectivo Moucho, AES Briante, Asociación de Apoio á Lactación Materna BBTTA - Narón, ASFEDRO  e moitas persoas que a título persoal manifestaron o seu apoio e adhesión.

A todxs, grazas!

Carlos Varela

Presidente de Lazos Pro Solidariedade


domingo, abril 29, 2012

Hungría criminaliza a los 'sin techo' con penas de hasta 6 meses de cárcel


 Un indigente pide limosna en una calle del centro de Atenas.-EFE


Organizaciones civiles húngaras e internacionales piden anular la ley denunciando que viola los derechos humanos 

 

Una polémica ley húngara estrecha el cerco legal a los 30.000 'sin techo' del país, que pueden ser condenados a seis meses de cárcel por vivir en la calle. La normativa, que entró en vigor hace dos semanas y ha recibido criticas de organizaciones de defensa de los derechos humanos húngaras e internacioales, les obliga a mudarse a alguno de los centros de acogida, aunque en ellos no hay plazas para todos.
La ley prevé para los que sigan en la calle penas crecientes: tras una primera advertencia, si reinciden, se les impone una multa de 500 euros, en caso de no disponer de ellos, deberán pasar seis meses en prisión. Pese a la amenaza, un grupo de tres vagabundos en una de las calles de Budapest cercanas a un centro comercial, no parece por ahora estar preocupado: "Los policías no piden que nos vayamos, pero buscamos algún lugar en las afueras y allí no nos encuentran", dice uno de ellos, agregando que él nunca acudiría a los centros, ya que allí solo hay "mal olor, robos y desorden".
La ley prevé que las sanciones sólo aplicarán en aquellas localidades que aseguren alojamiento a las personas afectadas, algo que no cumple ninguna ciudad del país. El rechazo de la legislación, una de las más restrictivas en Europa, ha sido rotundo y organizaciones civiles húngaras como la Unión para las Libertades Fundamentales (TASZ) o la internacional Human Rights Watch (HRW) han pedido anular la ley.
Esta legislación significa un "grave problema" desde el punto de vista de los derechos humanos, asegura HRW, mientras que según TASZ, viola la idea del trato igualitario de las personas. Stefánia Kapronczay, directora de programas de la TASZ explica que la legislación es anticonstitucional, la define como "sin lógica ni sentido" y resalta la falta de programas sociales de vivienda y trabajo, recordando que el defensor del pueblo ha llevado el caso al Tribunal Constitucional para su revisión.

Una tendencia normativa en aumento

Esta ley nacional completa un proceso de sanciones que ha ido expandiédose. Primero fue una ley municipal en Budapest que prohibía vivir en los pasajes subterráneos de Budapest y después se les impusieron multas en varios distritos de la cuidad. Un sin techo que se presenta como Maci Laci (una figura de dibujos animados), en un centro de acogida del barrio Óbuda, afirma sobre esta presión creciente: "¿Por qué no tiramos todos los vagabundos al Danubio? ¡Eso sería una solución al problema!".
En los primeros meses de este año, más de 270 personas fueron arrestadas en Budapest por la aplicación de la ley municipal, aunque casi todos los casos han concluido con una "advertencia". "Hasta el momento no tenemos informaciones de que algún sin techo haya sido multado (por la normativa nacional), pero la ley significa una tremenda amenaza", explica Attila Takács, también sin techo y activista de la ONG 'A Város Mindenkié' (La ciudad es de todos).
"Hasta el momento no tenemos informaciones de que algún sin techo haya sido multado", explica Takács
Según Takács, que trabaja y vive en la redacción de una radio alternativa de Budapest, las autoridades realizan "campañas" en determinados periodos, pero su experiencia es que el comportamiento de los policías es ambiguo. "La mayoría de los policías están hartos" de tener que participar en estas acciones y sólo piden a los vagabundos que abandonen la calle, aunque "cuando tienen esa orden" les arrestan, relata.
Muchos vagabundos opinan que la única solución para su situación es encontrar un trabajo, pero pese a que las organizaciones civiles y varios centros de acogida les ayudan en la búsqueda, resulta cada vez más difícil debido a la crisis. "Yo trabajé durante un año, viviendo en una carpa y me bañaba todos los días en el Danubio", explica Zsuzsa, de unos 60 años, que ahora vive en un centro de acogida, pero sin trabajo, aunque su sueño es poder mudarse a un inmueble social, donde no tenga que compartir habitación.
Los centros de acogida del país varían desde salas para más de 100 personas, hasta los albergues con habitaciones con dos camas, baños, conexión a internet y cocina, aunque estos últimos son muy escasos. Un nuevo aspecto de los últimos meses es que "aparecieron en la calle también los gitanos sin techo", agrega Takács sorprendido, ya que según explica "los lazos familiares entre los romanís son muy fuertes, se ayudan" y aunque su número sigue siendo reducido, esto indica que la crisis se está agravando.
Enlace a la noticia en la fuente original

 

 

 

 

lunes, abril 23, 2012

Comunicado en relación co endurecemento da Lei de Estranxeiría que supora a imposibilidade de acceso ao sistema sanitario común para as persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa:

                                                              FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

                                                                    COMUNICADO DE PRENSA
O Foro Galego de Inmigración formado por asociacións e entidades de migrantes ou que prestan servizos a estes colectivo de Galiza, quere facer público o seguinte Comunicado en relación co endurecemento da Lei de Estranxeiría que supora a imposibilidade de acceso ao sistema sanitario común para as persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa:



“1.- A decisión do Consello de Ministros do pasado venres día 20 de Abril de endurecer a Lei de estranxeiría, para esixir requisitos, a maiores do empadroamento en territorio español, para ter dereito de acceso á tarxeta sanitaria é unha flagrante violación dos dereitos humanos por unha banda, por outra da Carta Europea de Dereitos Sanitarios e ademáis é unha decisión terriblemente inxusta.


2.- Esta decisión supón pechar na práctica a atención sanitaria a un dos colectivos en maior situación de vulnerabilidade, que deben superar as 600.000 persoas no Conxunto do Estado e entre 8.000 e 10.000 en Galicia. A Atención Sanitaria de Urxencias para este colectivo produciríase coa obriga de abonar os custos da mesma, o que de feito a imposibilita, ou cando sexan cuestións graves xenerará debedas inasumibles, que ademáis impedirán tamén as posibilidades de regularización destas persoas.


3.- Esta decisión é unha terrible inxustiza, porque as persoas migrantes en situación de irregularidade administrativa non teñen nada que ver co chamado “turismo sanitario”, cuestión que atinxe de forma prácticamente en exclusiva a persoas procedentes da Unión Europea. É ademáis unha decisión claramente racista, que pretende responsabilizar a un colectivo, en situación de alta vulnerabilidade social, das dificultades de sostemento do sistema sanitario por un suposto abuso do mesmo. Non ten sentido algún que se negué a tarxeta sanitaria para persoas sen recursos, a un dos colectivos que de menos recursos pode dispoñer.


4.- La no atención sanitaria dunha parte da poboación residente no Estado Español é moito máis que un recurte ou un “aforro”, é unha exclusión intolerable e perigosa para a vida destas persoas, dun dos colectivos en maior situación de vulnerabilidade. Por iso, o Foro Galego de Inmigración quere facer un chamamento ao partidos políticos, sindicatos, asociacións, entidades, e a poboación en xeral para que non permitamos que esta decisión chegue a concretarse no anunciado cambio lexislativo que estableza cidadáns de primeira e de segunda; persoas de primeira e de segunda; no referente a atención sanitaria no Estado Español. NON O PODEMOS PERMITIR.




FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142
www.forogi.wordpress.com

viernes, enero 27, 2012

Reclaman funcionamiento “permanente” de la Oficina de Inmigración de la ciudad

El Foro Galego de Inmigración presentó ayer un escrito por el Registro General del Ayuntamiento de Ferrol reclamando el funcionamiento “permanente” de los servicios de la Oficina de Inmigración de la ciudad. Según indicó la responsable de este organismo en la ciudad, Susana Alaniz, “los inmigrantes están viviendo situaciones graves y el hecho de no disponer en la oficina de inmigración de un asesor jurídico especializado, agrava su situación”.

La Oficina de Inmigración, situada en la Casa Solidaria, funciona los lunes, miércoles y viernes de 9.00 a 14.00 horas en servicio de atención al público. El pasado 31 de diciembre finalizó el convenio con la Xunta a través del que el Ayuntamiento de Ferrol contrató a un asesor jurídico para la misma, un servicio que, según aseguraron desde el Foro de Inmigración, “solo funcionó durante un mes”. Representantes de este organismo demandaron también que la figura del asesor jurídico sea independiente a la firma de convenios con la administración gallega y se garantice el funcionamiento de las Unidades de Atención a la Personas Migrantes (Uami) por parte de los ayuntamientos.
El escrito entregado por el Foro recuerda, además, que con la actual normativa de extranjería los ayuntamientos tienen una “importante responsabilidad” a la hora de elaborar Informes de Arraigo y de Vivienda y de su colaboración para los Informes de Integración, una documentación que este colectivo debe gestionar “en plazos de tiempo concretos y reducidos” que en muchas ciudades no se están cumpliendo ante la falta de asesores jurídicos en las mencionadas unidades de atención.
Por su parte, desde el Ayuntamiento señalan que la Oficina de Inmigración funciona con una trabajadora social encargada de ofrecer información y asesoramiento. Según indicaron fuentes municipales, la concejalía de Benestar Social trabaja ya en la contratación de un nuevo asesor jurídico con fondos propios y estudian, junto a otras administraciones, la posibilidad de reforzar el personal de este servicio.
En estos momentos, destacan la gran colaboración mantenida con las entidades sociales en este ámbito.

 Fuente: Diario de Ferrol. Enlace a la noticia

viernes, octubre 14, 2011

Concentración contra os recortes sociais, convocada polo Colectivo Moucho de A Coruña

Concentración contra os recortes sociais, convocada polo Colectivo Moucho de A Coruña (Asociación de usuarios e exusuarios de drogas) e apoiada pola Asociación Lazos Pro Solidariedade (Ferrol).


O Colectivo Moucho ven de sufrir, por parte da Consellería de Sanidade, un recorte do 100 % das axudas que viña percibindo nos últimos anos.
Estas axudas públicas eran a única fonte de financiación da organización Coruña e servían para pagar os gastos correntes e os derivados dos desplazamentos do/as voluntarios/as e técnicos. Estas axudas estaban adicadas a programas de reducción do dano e prevención do VIH, na poboación drogodependente e no poboado chabolista de penamoa.



Con esta eliminación das axudas non só se está dificultando a loita contra o VIH e a sida, se non que se nega a participación social e política das persoas usuarias e ex-usuarias de drogas na sociedade .

En términos de prevención, si hai algunha estratexia que esté empíricamente demostrada, son os programas de reducción do dano en poboación usuaria de drogas por vía inxectada. En términos epidemiolóxicos se pode afirmar tamén que a desatención destas persoas, pode implicar un aumento de casos de VIH e por extensión de sida, o que implica que o aforro que se pretende con estes recortes, teñan un efecto bumerán, a medio prazo, e se multiplique exponenciialmente o gasto sanitario, que coma sabemos pagamos tódolos/as galegos/as. 

Por todo elo, se manifestou o Colectivo Moucho na Coruña, apoiado pola Asociación LAZOS, de Ferrol.

sábado, agosto 20, 2011

CONCENTRACIÓN LUNS 22 DE AGOSTO ÁS 12.30 HORAS NA PRAZA DE ARMAS EN FERROL, CONTRA OS RECORTES DA CONSELLERÍA DE SANIDADE

A Asociación LAZOS Pro Solidariedade, tras máis de 15 anos de traballo, está en perigo de desaparición por falla de apoio das Administracións Públicas.




O próximo luns 22 de Agosto de 2011, ás 12.30 horas, a Asociación LAZOS Pro Solidariedade, concentrarase na Praza de Armas, en Ferrol, para demandar o compromiso, por parte das Administracións Públicas, que eviten o peche da nosa entidade.




No contexto do VIH, non avanzar, non se convirte no peor dos escenarios. Volver atrás, a tempos devastadores, é máis ca unha posibilidade na Comunidade Autónoma Galega.

Os comités anti-sida galegos e as organizacións de usuarios de drogas da Comunidade, acabamos de sufrir o enésimo recorte presupuestario por parte da Consellería de Sanidade, da Xunta de Galicia.

A precariedade, ca que vimos desenvolvendo o noso traballo as organizacións do ámbito do VIH e da exclusión social, non ven de agora. Nembargantes é neste momento onde a continuidade das accións emprendidas, hai más de 15 anos, están en perigo de desaparición por falla de apoio institucional.

Recentemente, resolveuse a convocatoria de Subvencións para o presente ano, en réxime de concorrencia competitiva para a realización de proxectos de asociacións e concellos que desenvolven accións de saúde pública no campo do VIH/sida.

O primeiro párrafo de dita subvención é claro e determinante:

“A infección polo VIH (virus de inmunodeficiencia humana)e a sida (síndrome de inmunodeficiencia adquirida) continúan sendo un dos principais problemas de saúde pública que padece a nosa sociedade, polo que cómpre impulsar e mellorar as actividades encamiñadas a enfrontalo. (Referencia: DOG Nº 38 do 24 de Febreiro de 2011)


Resulta paradóxico definir a VIH e a sida, como un dos principais problemas de saúde pública que padece a sociedade, e por outro reducir un 41 % (276.000,00 euros para o exercicio 2010 e 161.337,00 para o exercicio 2011), as partidas prespuestarias para proxectos que tratan de previr novas infeccións, reducir a morbi-mortalidade dos/as afectados/as e minimizar o impacto da discriminación.

As consecuencias a curto e medio prazo que traerá esta reducción (nalgún caso supresión total das axudas)presupuestaria, son sinxelas de predecir en térmos epidemiolóxicos: Maior número de novas infeccións, producidas polo VIH, e maior número persoas que desenvolven a sida; e como consecuencia disto, maior carga asistencial e maior gasto sanitario, que, aviso a navegantes, é costeado por todas e todos.


A Asociación LAZOS Pro Solidariedade, convocante desta concentración, quere por de manifiesto a súa taxante disconformidade cas políticas da Consellería de Sanidade, da Xunta de Galicia, en materia de VIH, e insta á esta Consellería a restablecer as axudas que reduciu ou eliminou.

A Asociación LAZOS Pro Solidariedade quere manifestar o seguinte:

• A Asociación Lazos Pro Solidariedade leva traballando no contexto do VIH e da sida dende hai más de 15 anos.
• A Asociación LAZOS Pro Solidariedade, desenvolve tódolos seus programas e proxectos , baseados na evidencia científica e, dende sempre, en condicións de precariedade económica.
• Unha parte importante dos orzamentos da nosa Asociación, provén da convocatoria que foi recortada. No caso da Asociación LAZOS Pro solidariedade, o recorte foi do 17 %, para o presente ano 2011 e do 100 % para o Colectivo Moucho de A Coruña e ASUT de Ourense.
• O actual sistema de financiación dos proxectos, e os requisitos para a aprobación destos, na convocatoria de VIH da Xunta de Galicia, parécenos un disparate. Se financian proxectos con cuantías máximas de 3.500 €/ano e se valora: 1) que haxa profesionais contratados 2) Que os proxectos non sexan accións puntuais. (con 3.500 €), 3) que se dispoña de local arrendado ou en propiedade, 4) ter a entidade unha acreditación de calidade, etc, etc. Estos requisitos baten de fronte co orzamento co que se financian, polo que nos parece un contrasentido.
• A Asociación LAZOS Pro Solidariedade participa na organización, como colectivo asesor e consultivo, das xornadas de coinfección (VIH-VHB-VHC) que se celebran, a nivel estatal, dende hai varios anos. Participa como ponente en Diferentes congresos e eventos de recoñecido prestixio, en materia do VIH. Sempre de forma desinteresada.
• A Asociación LAZOS Pro Solidariedade, foi pioneira en Galicia, en implantar as probas de detección rápida do VIH e do VHC (virus da hepatite C) sen ningún tipo de financiación por parte das Administracións Públicas.
• A Asociación LAZOS Pro Solidariedade prioriza a contración de persoal directamente afectado, para desenvolver os seus proxectos.
• A Asociación LAZOS Pro Solidariedade presta asistencia a máis de 25 persoas diariamente que se atopan en situación de vulnerabilidade social.



A Asociación LAZOS Pro Solidariedade non é soamente un colectivo de afectados/as polo VIH, as drogas e profesionáis, que desenvolve proxectos de prevención do VIH, de prevención das drogas e de prevención da Exclusión social. En palabras dos/as usuarios/as (que son os verdadeiros e principais perxudicados por estes recortes), a Asociación LAZOS Pro Solidariedade é:

 “É un lugar de permanencia para persoas afectadas polo VIH e/ou as drogas”.
 “É un lugar onde se defenden os dereitos e se promoven os deberes dos afectados polo VIH e as drogas.”
 “Ë un espazo (socio)sanitario de ámbito comunitario para a valoración rápida e primeira acollida.Te fan curas, te fan probas rápidas en saliva do VIH e da virus da hepatite C, te facilitan preservativos de tódalas clases, kits de inxección, e todo isto nun entorno amable, respetuoso e confidencial.”
 “Ë un punto de reunión para as persoas que non temos un espazo onde se nos permita participar. En LAZOS podemos: facer reunións, conferencias, debates, ver películas, conectarnos a internet, hai rede wifi e podemos xogar a xogos de mesa”
 “LAZOS sírvenos como punto de referencia para a orientación das nosas xestións administrativas.”
 “Para os que non temos ningunha prestación económica, a Asociación é o noso punto de abastecemento de alimentos.”
 “Ë onde vou a almorzar tódolos días de luns a venres.”
 “Ë un espazo onde non te discriminan sexas quen sexas.”
 “Ë o único lugar onde podo atopar a persoas que pasaron polo mesmo que eu estou pasando, e por iso me sinto ben en LAZOS.”
 “De LAZOS.sinto que é a familia que non teño”.
 “ Nas saídas de grupo hai xente moi diversa e quen sabe, ata podo ligar”
 “Na Asociación non me sinto cuestionado pola miña orientación sexual”.
 “Os seus profesionais danme apoio emocional, compañía e me escoitan.”


A próxima medida inmediata e derivada destes recortes, é o despedimento de traballadores da Asociación. Situación que vai en detrimento da calidade na atención das persoas, ás que lles prestamos asistencia. Non podemos facer o mesmo, nin máis con menor orzamento.

Por todo elo, INSTAMOS á Xunta de Galicia a que restableza as partidas recortadas ou eliminadas co fin de garantir a continuidade das accións e ao Concello de Ferrol, a que manteña o compromiso coas entidades non caritativas, que traballamos cas persoas máis desfavorecidas.

A Xunta Directiva da Asociación LAZOS Pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrolterra


Máis de 15 anos traballando na precariedade máis absoluta. 
ACUDE A PARTICIPA E DIFUNDE!