Mostrando entradas con la etiqueta NOSOTROS/AS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NOSOTROS/AS. Mostrar todas las entradas

jueves, junio 27, 2013

Festa de Apoio a Lazos na Fundación Artábria



A fundaçom Artábria, consciente da situación de incertidume económica que está atravesando a Asociación Lazos Pro Solidariedade, foi quen de propoñer un acto festivo-reivindicativo representando o apoio á entidad. O acto, plantexou se para o vindeiro 28 de xuño, día do Orgullo LGTBI. 

A xornada terá lugar nos locais da Fundaçom Artábria na ´Travesía de Batallóns nº 7 de Esteiro-Ferrol. 


Programa 28.06.2013


20.30 hs. Palestra:

  • Laura Bugalho. Ativista Social
  • Carlos Varela-Asociación Lazos Pro Solidariedade
22.00 hs. Bingo Musica Hortera

23.30 hs Música eletrónica 


  • Dj Agostinho
Haberá petiscos e Caipiriñas a prezos populares que se venderán para recadar fondos para Lazos

lunes, diciembre 10, 2012

Comunicado da Asociación lazos Pro Solidariedade co gallo do Día Internacional dos Dereitos Humanos

COMUNICADO DE LAZOS CO GALLO DO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS A Asociación Lazos Pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrol co gallo do día internacional dos DEREITOS HUMANOS, Manifesta o seu posicionamiento en defensa da Sanidade Pública, Universal e gratuita. A Sanidade a queremos Universal, por principio de equidade , a queremos pública, porque desta forma é de todas e de todos nós, e a queremos gratuita porque desta forma garantimos a igualdade e a xustiza social sobre as persoas que dispoñen de menos recursos. Co debandito Real Decreto Lei 16/2012 se fecha a porta desta Sanidade Pública Universal e gratuita, permitindo a denegación de acceso á sanidade a colectivos de persoas que non cumplen as condicións de aseguradas ou beneficiarias. Ademáis, introdúcese o copagamento eo repagamento de prestacións, que ate o de agora non supoñían custo para os e as usuarias da sanidade. Dende este momento moitas persoas se ven na tesitura de ter que elixir entre cubrir as súas necesidades básicas ou coidar da súa saúde. Un darwinismo social que favorecerá aos de sempre, aos que máis teñen. Tamén mediante este Real Decreto Lei, se exclúe ás persoas inmigrantes en situación administrativa irregular, abocándoas á enfermidade, e nalgúns casos, á morte. Non podemos pretender que a xente foránea se integre se non conta con saúde para facelo. Non é xusto, pedirlles integración, sen saúde. No día dos dereitos humanos non podemos olvidarnos das persoas presas, onde o imperativo económico lles priva de recibir as mesmas prestacións sanitarias e os mesmos tratamentos, que as persoas que se atopan en liberdade. Os dereitos humanos deben de garantirse tamén dentro dos muros das cadeas. Non queremos olvidarnos neste día, de David Reboredo, inxustamente encarcelado por ser vítima da drogodependencia. Dende aquí, nos solidarizamos con David, e facemos extensiva a súa petición de indulto. O queremos na rúa, defendendo os seus dereitos, porque son os nosos. Por último, facemos nosas ás reivindicacións da Marcha Mundial das Mulleres e do Foro Galego de Inmigración e esiximos unha vez máis MENOS RECORTES, MÁIS DEREITOS

jueves, noviembre 29, 2012

Actividades de resposta contra o VIH e a Sida da Asociación Lazos Pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrol par ao mes de Decembro do 2012


 O día 1 de decembro do 2012, estaremos cunha mesa informativa na rúa Real de Ferrol entre as 11.00 e as 14.00 horas. Podedes pasarvos e colaborar coa nosa entidade.

 
COMUNICADO DE LAZOS CO GALLO DO 1 DE DECEMBRO,
DÍA MUNDIAL DE RESPOSTA CONTRA A SIDA

Neste intre cúmprense 31 anos dende a publicación dos primeiros casos de sida. Máis de tres décadas de resposta contra unha pandemia que arrebatou a vida de  moitas persoas e que, desafortunadamente,  segue levándose a vida de moitas máis. 
Epidemioloxía
Actualmente en España viven entre 130.000 e 150.000 persoas infectadas polo VIH, das que aproximadamente un terzo, o descoñecen. O acceso ao diagnóstico precoz convírtese nunha das prioridades da loita contra a Sida.
No contexto galego, cabe salientar o aumento das infeccións en homes que teñen sexo con outros homes, destacando os que se atopan entre 15 e 24 anos, que supoñen máis do 21 % das novas infecións. Tamén é preocupante o aumento de casos na nosa provincia, volvendo aos mesmo número de casos que no pasado 2005. No ano 2011 os novos diagnósticos na Coruña supuxeron o 54 % (100 casos) das novas infeccións de todo Galicia . No caso das mulleres nos dous últimos anos, a tendencia é ascendente, o que pode aumentar a brecha nas desigualdades que sufre este colectivo.
Relación coste –eficacia da prevención
A prevención é a estratexia más barata e eficaz para frenar diminuir as novas infeccións por VIH. Polo contrario, as entidades que traballamos neste eido, nos atopamos cunha reducción orzamentaria que merma a nosa capacidade de actuación. A sociedade debe saber que as entidades que traballamos na prevención do VIH, non temos homólogo, nin público, nin privado e, polo tanto, a prevención podría desaparecer. Neste intre se necesita un maior compromiso político e económico, coa resposta contra o VIH e a Sida.
O aceso ao emprego nas persoas con VIH
No que se refire ao acceso ao mercado laboral das persoas con VIH, o estigma e discriminación, xunto ás desigualdades no ámbito da saúde, actúan como facotres determinantes para a inclusión social do colectivo . Os poucos estudios existentes, sobre o acceso ao mercado laboral das persoas con VIH, falan dun nivel de desemprego superior ao 70%, o que triplica as taxas da poboación xeral. Isto evidencia que o mercado laboral, e as ofertas de emprego, non se adaptan ás necesidades do colectivo de persoas con VIH. As administracións públicas con competencias neste eido, non poden permanecer mirando cara a outro lado.
Estigma e discriminación
Segundo un estudo recente realizado na pobación española, acredítase que 1/3 das persoas enquisadas non traballarían nin convivirían cunha persoa con VIH.
O acceso aos seguros privados de vida, de saúde e de viaxe, é negado ás persoas seropositivas. Éstas, non poden acceder a unha hipoteca porque se lles imposibilita contratar un seguro de vida; requisito indispensable para acceder aos prestamos hipotecarios. Estes comportamentos só se poden explicar dende a desinformación, dende a usura, ou dende a discriminación cara o colectivo das persoas con VIH. Dito de outra forma, trátase dunha vulneración de dereitos humanos. Isto non é entendible polas organizacións de afectados dado que a experanza de vida das persoas con VIH, está practicamente equiparada á da poboación xeral.
Eficacia dos tratamentos e reformas sanitarias
Actualmente, e no noso contexto, contamos con tratamentos antirretrovirais eficaces, que logran aumentar a esperanza de vida e mellora-la súa calidade, nas persoas con VIH. Estes tratamentos tamén actúan como elemento fundamental na prevención de novas infeccións, reducindo a capacidade infectiva da persoa infectada a tratamento nun 96%.
A reforma sanitaria aplicada polo actual goberno, racha coa asistencia sanitaria universal, pública e gratuita. Nesta reforma, déixase fora ás persoas inmigrantes en situación administrativa irregular, contradecindo así tratados internacionales asinados polo Estado Español. Este escenario que se nos apresenta, propiciará un aumento nas infeccións por VIH e outras enfermidades, e un altísimo coste en termos humanos i económicos.
Non nos queremos olvidar das persoas con VIH que se atopan na cadea. Éstas, non poden acceder a algúns tratamentos e prestacións sanitarias.
A resposta á infección polo VIH e a Sida, non pode ser obxeto de recortes orzamentarios. Necesitamos do compromiso de todos e todas , porque “todavía hai enfermedades que non se manifestan na pel nin no rostro. Hai enfermedades que a sociedade manten a modo de frontera ou muralla. O VIH é máis que unha enfermidade que se cola pola sangue. É un gueto de soedade enxendrada por unha sociedade indolente, muda e paralizada.
- RECORTES + DEREITOS
Ferrol, a 30 de Novembro do 2012





Xornada do 5 de decembro no centro cívico de Caranza. Avda Castelao s/n A entrada é de balde







jueves, agosto 16, 2012

Comunicado de denuncia e solidariedade coa Asociación Lazos

As entidades, organizacións e asociacións que asinan , queremos denunciar ante á opinión pública, e ante as institucións que corresponde, os seguintes feitos:

A Asociación sen ánimo de lucro Lazos Pro Solidariedade- Comité antisida de Ferrol, fundada no ano 1995, con 17 anos de funcionamento, formada por persoas afectadas polo VIH e a Sida, polas drogas, pola exclusión Social e por profesionais do ámbito educativo e sociosanitario, está a atravesar nestes momentos unha situación crítica.


A demanda nos programas que desenvolve a entidade , veuse aumentada exponencialmente, ata o punto de estar preto do colapso asistencial. Nos 6 meses que van deste ano 2012 , a entidade xa leva atendido máis demandas que en todo o pasado 2011. A día de hoxe, atendéronse un total de 4.610 demandas no local da entidade.

A asociación traballa en dous ámbitos ben diferenciados: O ámbito da exclusión social e o ámbito da infección polo VIH, sendo a única entidade da comarca destas características.

Cada día a entidade, atende a máis de 35 persoas en situación de exclusión social nos diferentes programas.

Dado que o Concello de Ferrol, reduciulle un 70 % o orzamento con respecto ao pasado ano, a opinión pública debe saber que esta redución implica que o 60% das persoas usuarias, non poderán ser atendidas.

Ante esta situación de emerxencia a primeira medida que se veu obrigada a tomar a entidade, foi ter que prescindir a dúas profesionais do equipo técnico. Isto implica que o ratio usuario/profesional pasa a ser de 35/1, cando anteriormente era de 12/1; resentíndose con isto tanto a calidade coma a eficacia das intervencións. O único profesional que ate agora, continua traballando non esta garantido que poida continuar máis alá do mes de setembro, do presente ano. Se a situación non revirte, a entidade se vería obrigada a pechar.

A actividade da asociación supón un beneficio social e económico para o conxunto da cidadanía. No ámbito do VIH unha persoa diagnosticada e tratada correctamente, supón un aforro económico no ámbito sanitario e social ao ano de 40.033 €/ano para as Administracións públicas. No ámbito da exclusión social, as persoas que dispoñen dunha rede de apoio, e programas de atención e contención social, funcionan con maior autonomía e polo tanto son menos demandantes de recursos sociais. A isto hai que engadir que todas estas acción constrúen unha sociedade mais democrática e máis xusta.

A situación de falta de apoio institucional que se vive nestes momentos, só pode ser entendida desde o descoñecemento da actividade e beneficio social que supón o funcionamento de lazos no noso concello, ou desde a falta de sensibilidade e compromiso, da actual corporación fronte a estas problemáticas.

Ante esta grave situación as entidades abaixo asinantes, esiximos que o Concello de Ferrol dote de recursos a Lazos Pro Solidariedade, para que non teña que pechar e deixar sen asistencia a un amplo número de persoas en situación de exclusión e emerxencia social.

Entidades e Colectivos asinantes:



Ateneo Ferrolán, Asociación Cultural Lefre de caldereta, Asociación Cultural Fuco Buxán, Grupo Municipal de Esquerda Unida, asamblea de desempregados da CIG, Foro Galego de Inmigración,Asamblea Sen Papeis, Asociación Cultural A Revolta, Artabra 21, Sindicato Labrego Galego, COLECTIVO OPAII, Radio Filispím, Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, Comité cidadán antisida de Ourense, Executiva Local do PSOE,  grupo parlamentario do PSOE-PSG, Causa Galiza,  CIG Saúde, Fundación Artabria, Asociación de veciños de ultramar, SOS Sanidade Pública, Traballadores/as da Horta comunitaria de Caranza, Asociación Veciñal de Esteiro, Grupo Municipal Socialista, Marcha Mundial das Mulleres, A Nova Irmandade Nacionalista, Asociación Memoria  Histórica  Democrática , Colectivo Moucho, AES Briante, Asociación de Apoio á Lactación Materna BBTTA - Narón, ASFEDRO  e moitas persoas que a título persoal manifestaron o seu apoio e adhesión.

A todxs, grazas!

Carlos Varela

Presidente de Lazos Pro Solidariedade


martes, junio 19, 2012

ACTO DE DENUNCIA PÚBLICA. SERVICIO DE ALMORZOS Á RÚA MÉRCORES 20 ENTRE AS 10 E AS 11 HORAS


COMUNICADO DENUNCIA PÚBLICA DA ASOCIACIÓN LAZOS PRO SOLIDARIEDADE
A Asociación sen ánimo de lucro Lazos Pro Solidariedade- Comité antisida de Ferrol,  formada por persoas afectadas polo VIH  e a Sida, polas drogas, pola exclusión Social  e por profesionáis do ámbito educativo e sociosanitario,  quere  denunciar públicamente a situación que está a atravesar nestes momentos de crise xeneralizada. 
A demanda nos programas que desenvolve a entidade ,  veuse aumentada exponencialmente, ata o punto de estar preto do colapso asistencial. Nos 6 meses que levamos deste ano 2012 ,  a entidade xa leva atendido máis demandas que en todo o pasado 2011.  A día de hoxe,  atendéronse un total de 4.300 demandas no local da entidade. Cabe salientar que nestas demandas non aparecen contabilizadas as realizadas nos programas de rúa, que se avalían e contabilizan a fináis de ano.
Ámbito da exclusión social: Actualmente,  este ámbito , é o que precisa a maior dotación de recursos na nosa entidade,  pola elevada demanda que se nos presenta. A crise actual situou a moitas persoas que noutro tempo non eran usuarios nin destes servizos, nin da entidade, en situación de exclusión social.  Neste contexto de exclusión social, desenvólvense diferentes programas en función do nivel e grao de exclusión que presentan as persoas usuarias. Nos programas que desenvolve a entidade se ofertan servizos e actuacións que cubren necesidades básicas e  se apoia ás persoas usuarias nos procesos de inclusión social e se imparte formación dende unha perspectiva  técnica e de apoio mutuo. Todas estas actuacións se efectúan co fin de articular unha resposta integral,  ás situacións  de exclusión social e de emerxencia social.
Cada día, na nosa entidade,  recíbense e aténdense a máis de 35 persoas nos diferentes programas de Inclusión social. Os Servizos máis utilizados,  son o de almorzo e de reparto de alimentos,  o de vestiario, e o uso de ordenadores e Internet. No que se refire á protección social, as demandas sobre prestacións e de vivenda son as que aparecen no maior número de actuacións. Ao respecto,  cabe salientar que a notificación de desafiuzamentos e/ou de desaloxos de vivenda por impago, son demandas  que nunca antes se nos presentaran na entidade,  e que este tipo de actuacións  non son da nosa competencia,  senón das Administracións  Públicas  para as que non hai unha resposta áxil e eficaz para estas situacións de emerxencia.
Nestes tempos de crise no que nos atopamos, a coordinación  entre as entidades que  traballamos no eido social e as Administracións Públicas,  é,  si cabe, máis importante que nunca. O aproveitamente e optimización dos recursos poden contribuir a aforrar esforzos e custos. O pasado 3 de febreiro, constituíuse o Consello Sectorial de Entidades de Apoio Social, promovido e convocado polo Concello de Ferrol, a través do Excmo Alcalde. D Manuel Rey Varela. Neste Consello sectorial abordouse unha necesidade manifesta: A búsqueda de coordinación e a creación dunha rede social de entidades que traballan, que traballamos neste eido. Despois de esa reunión se nos convocou entidade por entidade para coñecer as características dos programas que desenvolvemos, sin obter resposta algunha dende a devandita data. A nosa entidade insta , ao alcalde  e a Concelleira de Benestar, a que convoquen,  con carácter de urxencia,  o Consello Sectorial de Entidades de Apoio Social. As entidades de apoio social e sobre todo as persoas usuarias destas, merecen unha resposta coordinada e adecuada aos tempos que estamos a vivir. Dende o Concello se nos reduciu un 70% o orzamento con respecto ao ano pasado. A opinión Pública debe saber que esta reducción implica: Que o 60 % das persoas en situación de emerxencia social que acoden a estes servizos, non podrán almorzar, descansar

Ámbito do VIH: A epidemioloxía do VIH, nos indica o camiño hacia onde temos que dirixir os nosos esforzos para frenar a expansión da infección. Actualmente,  sabemos que os homes que teñen sexo con outros homes convertíronse no colectivo onde a curva epidemiolóxica máis está a ascender, seguidos da poboación heterosexual. Polo tanto,  este colectivo necesita unha serie de actuacións Prioritarias  que posibiliten un mellor acceso á prevención e ao diagnóstico precoz. Todo elo, sen descuidar a prevención noutros colectivos vulnerables entre os que tamén se atopa a poboación xeral. 

A nosa entidade é de referencia,  non só na nosa cidade, senon na nosa Comunidade Autónoma. Isto non o dicimos nós, senon que é manifestado abertamente polo persoal técnico da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública ,da Xunta de Galicia,  e por cargos da máis alta responsabilidade desa dirección xeral.  Por dar algún dato, a nosa entidade realiza case o 25 % das probas rápidas de VIH que se realizan en Galicia,  foi pioneira en implantar este servizo na nosa comunidade,  no 2010, e pioneira tamén en ofertar as probas rápidas de detección de Hepatite C.  Os dispositivos  para a detección rápida do VIH, son facilitados pola Consellería de Sanidade, máis non se cubre o custo do persoal profesional que a levan a cabo.  Traballamos con tódalas persoas, priorizando aquelas que se atopen en situación de maior vulnerabilidade.

As axudas públicas, que recibe a nosa entidade, tamén se viron diminuidas de forma importante. Exactamente se reduciron un 40 % nos últimos dous anos. Un 22%, no presente ano, e un 18 % no 2011. A todo este recorte, hai que sumarlle  a falta de motivación técnica que se desprende da Resolución de Subvencións da Consellería de Sanidade neste exercizo. A alta participación  de entidades vinculadas  á igrexa que realizarán programas de prevención do VIH, neste ano, obedece, baixo o noso punto de vista,  a unha motivación  ideolóxica, máis que a criterios técnicos e obxectivos e, polo tanto,  non cuestionables. 

A reducción do orzamento destinados a proxectos no ámbito do VIH, implicará que traballadores e traballadoras sexuais terán máis dificultade para o acceso á prevención e ao diagnóstico precoz, Implicará que as zonas onde usuarios de drogas consumen as mesmas, por vía inxectada, estarán desatendidas e a accesibilidade aos métodos preventivos, verase afectada. É dicir, haberá máis persoas afectadas

Medidas de carácter inmediato: Se a entidade non recibe algunha axuda de forma inmediata, verase obrigada a efectuar o despedimento dos 3 profesionales cos que conta contratados. Estes profesionáis, xa adican e sempre adicaron, máis tempo do que lles corresponde pola súa relación contractual coa Asociación. Ë dicir, Tamén son voluntarios. Este despedimento implica directamente o peche de moitos dos servizos que a Asociación ven prestando e,  por extensión, a desatención de milleiros de persoas. Se a situación non muda,  a entidade verase obrigada a pechar a estructura coa que viña funcionando.
Consideramos que un recurso deste tipo ten que contar obrigatoriamente con profesionáis especializados,  que se encarguen da parte técnica do traballo.  

Aforro para a administración: Non é certo que unha entidade das nosas características sexa costosa en términos económicos para a Administración. No ámbito do VIH, previr novas infeccións por VIH e favorecer o diagnóstico precoz e o coidado da Saúde, supón un gran aforro para a Administración. Unha persoa diagnosticada e tratada correctamente supón un aforro Sanitario e Social ao ano,  de 49.120 Dólares, según o estudio “Impacto Socioeconómico do tratamento antirretroviral en persoas con VIH, Teresa Gonzalo e colegas publicado na revista AIDS no 2009.

No que se refire a atención social, se poderían cuantificar os gastos diarios dos almorzos para  40 persoas, o vestuario para 7 ou 8 persoas, o gasto de internet para 20 persoas, o reparto de alimentos para 60 familias,  e o apoio social que reduce as consultas sanitarias, a criminalidade e mellora a calidade de vida das persoas. Pero sobre todo, e o máis importante a resaltar, é o impacto social sobre a comunidade. O económico é simplemente para constatar que o recurso non é caro para as Administracións.

Estos recortes que estamos denunciando hoxe na rúa, véñense a sumar aos producidos nos últimos tempos. As casas de acollida para enfermos de Sida se atopan en perigo de peche, comités antisida galegos pechados polos recortes. O gravamen que se produce sobre a enfermidade no último RDL, de reformas Sanitarias, o copago farmacéutico, a eliminación de prestacións básicas do sistema público de saúde, a denegación de asistencia Sanitaria ao colectivo de persoas inmigrantes,  en situación administrativa irregular, os recortes en educación, as taxas na Xustiza, a eliminación das partidas finalistas destinadas ás comunidades autónomas para a  prevención do VIH, segundo os orzamentos xerais do Estado para o presente 2012, o peche de colectivos de afectados e afectadas  polo VIH con ate 20 anos de historia. E así poderíamos seguir e seguir ate non parar.

Amigos e amigas, estes recortes non responden á crise económica actual, se non a criterios ideolóxicos onde as prioridades non as marcan as necesidades das persoas.  Estes recortes non se convirten nun recorte máis. As persoas afectadas polo VIH, afectadas polas drogas e pola exclusión social, vemos nestes recortes, unha denegación dun dereito fundamental. O dereito á participación en tódolas cuestións que nos afecten. Amigos e amigas, déixenme reproducir unhas frases dun compañeiro activista de Barcelona:
“Un dos feitos máis remarcables na historia do VIH foi  a implicación directa das persoas afectadas na resposta frente á epidemia. A idea de que as experiencias das propias persoas con VIH deberían ser parte fundamental da resposta ao sida foi expresada públicamente por primeira vez en 1983 na ciudade de Denver (Colorado, EE UU), no que se coñece como os ‘Principios de Denver’. Nunha reunión á que acudieron persoas con VIH de California e New York, os asistentes firmaron unha declaración na que se reivindicaba a sabiduría da comunidade fronte á mera imposición das decisións de ‘expertos’. Este documento sentou as bases de movimento cidadán en defensa dos dereitos e o empoderamento das personas con VIH, o que se coñece como activismo social en sida. Estos principios establecen, entre outros aspectos, o dereito das personas con VIH á dignidade, tanto na vida como no momento da morte; o dereito a estar representadas en todoslos foros sobre sida coa mesma credibilidade que o resto de participantes, e o dereito a poder participar en todalas decisiones que afecten á sua vida, saúde e benestar. Juanse Hernández”. Isto non só é atribuible ás persoas con VIH, se non atribuible a tódolos colectivos e persoas. Se pode resumir no carma “NADA SOBRE  MI, SIN MI”. 

Dende a Asociación Lazos Pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrol esiximos:

Un compromiso político real das Administracións Local e Autonómica,  dacordo á nosa realidade e  demanda,  e instamos a estas Administracións a que restablezan os orzamentos retirados aos proxectos que desenvolvemos. Do contrario, os sinalaremos coma únicos responsables da paralización dos servizos e actividades na nosa entidade.

Precisamos a vosa colaboración, precisamos da vosa axuda. Moitas grazas 

Nº de conta 2080 5214 94 3040006963 de Novagalicia Banco

 Fotos da acción

 Solicitude  de reunión co Alcalde de Ferrol (rexistro Municipal)

sábado, mayo 19, 2012

FOTOS DEL FESTIVAL ERÓTICO VENUS GALICIA MAYO 2012 NARÓN

La Asociación Lazos Pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrol ha participado en el festival erótico Venus Galicia 2012 (Narón). Os mostramos algunas fotos del festival.

Licencia Creative Commons
Fotos Venus Galicia por Asociación Lazos Pro Solidariedade se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported.



lunes, mayo 14, 2012

TALLER SOBRE SALUD MATERNAL EL 23 DE MAYO PARA INMIGRANTES


 TALLER SALUD MATERNAL 



Imparte: Médicos del Mundo-Galicia

Dirigido a Mujeres y hombres Inmigrantes

Lugar: Local de la Asociación Lazos-Comité antisida de Ferrol en Avda. Dr Fleming 8-10 Bajo-Ferrol

Horario: de 16.00 horas a 19.00 horas 

TEMARIO

1.    Primera parte visualización de un video.
2.    Segunda parte charlaremos sobre la salud maternal en cada uno de los países de donde venís.
3.    por último explicaremos como funciona aquí la atención a salud materna y que consejos prácticos se deben seguir.

Asociación Lazos Pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrol
Para más información llamar al teléfono 981350777 en horario de mañana o al 698147975

Te esperamos!

jueves, diciembre 15, 2011

Acto de Solidariedade, o sábado 17 de Decembro, con Lazos Pro Solidariedade Comité Anti Sida de Ferrol Terra, no véspera do Día de Acción Global contra o racismo e polos dereitos das persoas migrantes, refuxiadas e desprazadas


  
 As asociacións abaixo asinantes CONVOCAN un acto de solidariedade co Comité Antisida de Ferrol LAZOS PRO SOLIDARIEDADE. Esta asociación sen ánimo de lucro, de persoas afectadas polo VIH, fundada en novembro de 1995 en Ferrol, ven denunciando que os recortes nas prestacións sanitarias están afectando a sectores desfavorecidos da nosa comarca, entre eles o colectivo de inmigrantes.

Denuncian ademais que, no caso das persoas afectadas polo VIH, que se encontran en situación máis vulnerable, estase a detectar unha falta de cobertura sanitaria básica, repercutindo directamente na súa calidade de vida, na súa precaria economía e favorecendo a exclusión social, por motivos de saúde.

Na nosa comarca acollemos cada ano un pequeno número de persoas inmigrantes. Entre elas, moitas orixinarias de Senegal. Un 17% da poboación senegalesa padece hepatite. O comité Lazos, leva nos últimos anos enfrontando desde a solidariedade e a axuda mutua, as dificultades que todas estas persoas que se achegan a nosa comarca, encontran para sobrevivir. Agora, cando sopran ventos desfavorábeis para os dereitos, o respecto e as liberdades, precisan do noso apoio. Para mostrarllo, celebraremos, no véspera do Día Internacional das Persoas Inmigrantes, un acto lúdico e reivindicativo onde dar a coñecer todas estas realidades e unir vontades para resolvelas. Agardamos todas as mans, todas as vontades, todos os apoios.

A.C. Fuco Buxán | Asociación Cultural Lefre de Caldereta | Asociación Veciñal de Esteiro | Ateneo Ferrolán | Colectivo Ártabra 21 | Colectivo Opaii - Rádio Filispim | Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos | Comité AntiSida de Ferrol Terra - Lazos Pro Solidariedade | Consello Local do Foro Social de Ferrol Terra | Foro Galego de Inmigración | Médicos do Mundo

[Aberto a calquer asociación que queira apoiar e participar]

Día 17 de Decembro de 2011, Sábado,
desde as 11hs até as 17hs (aproximadamente),
música, poesía, petiscos, callos solidarios...
Intervención de Xosé Carlos Varela Fernández,
presidente de LAZOS pro Solidariedade - Comité anti-sida de Ferrol
Micrófono Aberto
Programa en directo de Rádio Filispim.
Traseira do Mercado de Caranza, rúa Cuco Ruíz de Cortázar s/n

comiteantisidaferrol@gmail.com
http://comitelazos.blogspot.com/

 Algunas fotos do acto: