Unha nova volta de torca por parte do Ministerio de Sanidade e Servizos Sociais que actuará de barreira que dificultará o acceso aos tratamentos de persoa que padezan cánceres e hepatites.
A pesar de que esta medida non inclue os
tratamientos para o VIH dado que son de “uso hospitalario” e non de
“dispensación hospitalaria”, afectará a moitas persoas que viven co
VIH coinfectadas con hepatitis C e cancros.
O novo repago nos fármacos contemplado no BOE do Xoves 19 de setembro,
fixa un importe máximo do 10 %,
establecendo o límite en 4,20
euros por envase, pero a liña vermella xa está cruzada. Ninguén pode pensar que
quedará exento de pago.
Anuncio no BOE da incorporación de novos fármacos que estarán suxeitos á aportación económica do usuario :
Fármacos de uso hospitalario suxeitos a “aportación” do usuario:
Enfermidades
|
Fármacos e indicación
|
|
Antitumorais/ tratamentos para determinados cancros
ou para os efectos destes ou dos seus tratamentos
|
TEMOMEDAC :Axente
antitumoral
TEMODAL : Axente
antitumoral
Capecitabina :
Antitumoral
XELODA : Antitumoral
TARCEVA :
Antitumoral
SUTENT :
Antitumoral
NEXAVAR :
Antitumoral
SPRYCEL :
Antitumoral
TYVERB :
Antitumoral
|
TASIGNA :
Antitumoral leucemia
AFINITOR :
Antitumoral
VOTUBIA:
Antitumoral
VOTRIENT : Antitumoral
SIKLOS : Antitumoral
TARGRETIN : Antitumoral
ZYTIGA :
Antitumoral
BONDRONAT
: Antitumoral
|
Tratamentos para a Infección crónica polo virus da
Hepatite C
|
RIBAVIRINA Pâra o
tratamento da Hepapatie C crónica
REBETOL Pâra o
tratamento da Hepapatie C crónica
PEGASYS : Hepatite C
ZUTECTRA : Para evitar a reinfección polo virus da hepatite B en trasplantados hepáticos
|
INCIVO: TRatamento para a Hepatite C
VICTRELIS: Tratamiento para hepatite C
PEGINTRON : Hepatite
C
|
Outras fármacos para outras patoloxías suxeitos á aportación das persoas
doentes
|
VALCYTE : Tratto. Da ritinitis (infección da retina)
producida polo citomegalovirus en
pacientes con SIDA
SYNAGIS: está indicado para a prevención da enfermidade
respiratoria grave baixa causada polo virus respiratorio sincicial (VRS) en
pacientes pediátricos de alto risco de enfermedade por VRS.
ORENCIA : Artritis reumatoide CIMZIA : Artritis
reumatoide
ENBREL : Artritis reumatoide, psoriase reaumatoide
CIMZIA :
Artritis reumatoide STELARA :
Inmunosupresor para a psoriase
STELARA :
Inmunosupresor para a psoriase
XGEVA: Osteoporose, pérdida de masa
ósea asociada a evento tumoral
SATIVEX: Tratto. Para
espasmos en doentes con esclerosis múltiple
XOLAIR : TRatt. Para o asma grave en adolescentes
VISUDYNE : Tratto. de dexeneración macular asociada à idade
exudativa (húmeda) con neovascularización coroidea subfoveal
predominantemente clásica ou con neovascularización coroidea subfoveal 2
aria á miopía patolóxica.
LACTEST: Intolerancia á lactosa
|
Nota:
Ademáis dos fármacos nomeados, tamén estarían suxeitos á aportación dos
usuarios, os mesmos fármacos e principio actikvo con diferente dosificación e
posoloxía.
A Asociación Lazos considera
que, de aplicarse esta medida, engadiríase unha barreira máis para o acceso a
un tratamento que, de seu, xa resulta moi complexo. Nun momento no que a
ciencia proporcionounos, e seguirao facendo, fármacos que melloran
significativamente a probabilidade de curar a hepatitis C, unha medida como
esta resulta extremadamente contraproducente para que as e os pacientes que
máis os necesitan poidan acceder a eles,
Aínda que o proxecto
contempla unha achega reducida para estes fármacos, as organizacións de
pacientes denuncian que o custo acumulado do copago podería resultar moi
elevado para o paciente. Por unha banda, ao tratarse de terapias combinadas
administradas durante un longo periodo de tempo, que inclúen dous ou tres
fármacos de varias tomas diarias, a carga económica multiplícase. A isto
engádese o copago dos medicamentos adicionais que han de utilizarse para
manexar os efectos secundarios, moi habituais neste tipo de terapias.
LAZOS entende
que esta medida menoscaba unha vez máis o dereito á saúde. Calquera barreira
económica no acceso á sanidade comporta a exclusión dos grupos máis
desfavorecidos que, no caso da hepatitis C, supón unha boa porcentaxe das
persoas afectadas, entre elas as coinfectadas por VIH.
Dende LAZOS non podemos chegar
a entender a xustificación desta medida. Si o copago presentouse como unha
medida para disuadir o consumo pouco responsable de medicamentos por parte dos
pacientes, resulta difícil de entender que se aplique para enfermidades que, de
non tratarse, poden ser mortais. “Baixo o pretexto da austeridad camúflanse
medidas que, históricamente, demostraron ter unha dubidosa eficacia. Disuadir
económicamente ao paciente non só non aforra diñeiro, senón que conlleva un
maior gasto sanitario a medio e longo prazo”
Por todos
estes motivos, instamos ao Ministerio de Sanidade a
que reconsidere o seu proxecto e á Xunta de Galicia que aclare se vai
implementar esta inxusta medida. Obstaculizar o tratamento da hepatitis C con
medidas como esta supón ignorar as vantaxes que implica en términos de menos
ingresos hospitalarios, menos tratamentos para as complicaciones, como o
cancro, e menos trasplantes hepáticos, que non só significan un aforro no gasto
sanitario, senón que supoñen un enorme beneficio para a saúde pública.
0 comentarios:
Publicar un comentario